O comité de seguimento do programa FEDER de Galicia 2021-2027 reúnese na Ribeira Sacra

Imagen del artículo O comité de seguimento do programa FEDER de Galicia 2021-2027 reúnese na Ribeira Sacra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Comunidade galega xestionará preto de 950 M€ de fondos FEDER

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

O Comité de Seguimento do Programa FEDER de Galicia 2021-2027 reuniuse hoxe no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín.

A celebración deste Comité na Ribeira Sacra ten o obxectivo de dar difusión e poñer en valor as actuacións de restauración e mellora das condicións de conservación de elementos singulares integrantes do patrimonio cultural da Ribeira Sacra, na que a Xunta investiu máis de 4,5 millóns de euros cofinanciados con fondos FEDER.

A reunión estivo presidida polo director xeral de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública, Ángel Tarrío, e por representantes da Autoridade de Xestión do Programa. Ademais, estiveron presentes representantes do Ministerio de Hacienda e da Comisión Europea e das organizacións económicas e sociais con máis representatividade en Galicia.

A Administración galega xestionará preto de 950 millóns de euros de fondos FEDER o que representa case o 45 % dos 2.132 millóns de euros destes recursos destinados á Comunidade Autónoma; o resto será xestionado pola Administración xeral do Estado.

O Programa de Galicia 2021-2027 ten como obxectivo impulsar ata o ano 2029 a transición ecolóxica e dixital de cara a unha Galicia máis competitiva, intelixente, sostible e inclusiva.

Neste marco, abordaranse actuacións centradas en ámbitos da especialización intelixente, no fomento do uso das tecnoloxías disruptivas, na mellora da competitividade das PEMEs, na eficiencia enerxética, o impulso das enerxías renovables e os sistemas de almacenamento de enerxía, a adaptación ao cambio climático, a xestión hídrica sostible, a economía circular e a protección e conservación da biodiversidade ou a posta en valor dos espazos naturais.

Tamén se seguirá apostando pola mobilidade sostible, as infraestruturas educativas e sanitarias, e o papel da cultura e o turismo sostible baseado na posta en valor do patrimonio cultural galego.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24126 {"title":"O comité de seguimento do programa FEDER de Galicia 2021-2027 reúnese na Ribeira Sacra","published_date":"2024-05-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887429\/cfEDER2.jpg","id":"24126"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-07/24126-comite-seguimento-do-programa-feder-galicia-2021-2027-reunese-na-ribeira-sacra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.