Miguel Corgos pon en valor as rebaixas fiscais, a simplificación administrativa e a planificación como piares de apoio aos empresarios que impulsan o desenvolvemento de Galicia

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública participa no Pleno da Cámara de Comercio na cidade herculina 
  • Defende o papel da Administración como aliada das familias e as empresas, para achegarlles seguridade e reactivar a economía

A Coruña, 12 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, puxo hoxe en valor a política fiscal galega, diante dunha ampla representación do empresariado da Coruña. Miguel Corgos explicou que se trata dun modelo competitivo co que o Goberno galego leva anos demostrando que se poden baixar impostos, mellorar os servizos públicos e cumprir as regras fiscais ao mesmo tempo. 

Miguel Corgos lembrou que só na pasada lexislatura este modelo aforrou uns 1.300 M€ ao conxunto dos galegos grazas ás rebaixas no IRPF, no Imposto de Sucesións, no de Transmisións Patrimoniais, no programa impostos 0 no rural e no imposto de Patrimonio. 

Simplificación e planificación

O responsable da Facenda galega defendeu que as Administracións públicas teñen que ser aliadas das familias e as empresas. Nese sentido, lembrou que o Goberno galego puxo en marcha a Lei de Simplificación Administrativa e Reactivación Económica para, dunha banda, facilitar a implantación das iniciativas empresariais e, da outra, favorecer unha nova cultura administrativa dirixida a axilizar os procedementos burocráticos e impulsar a reactivación económica. 

O conselleiro de Facenda e Administración Pública avanzou que o Goberno galego quere apoiar aos empresarios no seu papel fundamental de facer avanzar Galicia para, entre todos, converter a Comunidade nun referente de sectores industriais estratéxicos. 

Galicia ofrece garantías ás empresas que queren investir e, ademais, conta coa confianza dos mercados, ao ter un marco institucional, económico e xurídico estable que achega seguridade e credibilidade aos inversores. O conselleiro de Facenda e Administración Pública ligou esta estabilidade ao feito de ter unha planificación estratéxica sólida, que permite que a Xunta estea executando xa o seu terceiro plan estratéxico.

Transformación dixital

Miguel Corgos fixo tamén mención ao proceso de transformación dixital no que tanto as empresas como a Administración están inmersos e no que a Xunta está a ser pioneira. Como a intelixencia artificial que ten en Galicia unha estratexia propia desde hai tres anos e unha estrutura de colaboración público-privada en este ámbito pioneira en España.

Froito desta cooperación a cidade da Coruña é a sede da AESIA, a primeira axencia reguladora da IA en Europa. Miguel Corgos lembrou tamén que Galicia vai contar en breve coa primeira lei rexional de desenvolvemento e impulso da IA, que irá ao Consello da Xunta nas próximas semanas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
259152 {"title":"Miguel Corgos pon en valor as rebaixas fiscais, a simplificación administrativa e a planificación como piares de apoio aos empresarios que impulsan o desenvolvemento de Galicia","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"259152"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/259152-miguel-corgos-pon-valor-as-rebaixas-fiscais-simplificacion-administrativa-e-planificacion-como-piares-apoio-aos-empresarios-impulsan-desenvolvemento-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.