As políticas activas da Xunta para atraer poboación modifican á alza as previsións para os vindeiros anos

  • As iniciativas do Goberno galego están a reverter os fluxos migratorios con saldos positivos nos últimos anos e cunha tendencia a que no vindeiro decenio máis persoas escollan Galicia para vivir e traballar

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

As políticas activas da Xunta para atraer poboación están a modificar á alza as previsións para os vindeiros anos. Así se desprende das Proxeccións de poboación publicadas hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), con ano de arranque 2024 e horizonte 2039.

Segundo os datos difundidos polo INE, as tendencias estatísticas indican que no vindeiro decenio Galicia seguirá a experimentar un saldo migratorio positivo, en especial nos primeiros anos proxectados, de xeito que máis persoas escollerán a comunidade para vivir, traballar e prosperar.

A proxección que vén de publicar o organismo estatístico para os anos 2024-2039 corrixe á alza as anteriores, de xeito que se a proxección de saldo migratorio co estranxeiro 2022-2037 indicaba que en 2024 será de 17.533 e de 15.464 no 2028, agora increméntase en máis de 8.400 persoas en 2024, chegando ás 25.956, e en máis de 4.600 en 2028, chegando a 20.104 o número de persoas que elixan Galicia como o seu novo fogar.

Así mesmo, esta tendencia repítese tamén en 2033, xa que se as previsións 22-37 apuntaban un saldo migratorio de 10.911, a última proxección do INE apunta que o incremento será de 12.697.

As novas proxeccións constatan tamén a tendencia marcada polos últimos datos da Estadística de Migraciones y Cambios de residencia de 2022, onde Galicia experimentou un saldo migratorio positivo récord de 27.251 persoas.

A comunidade galega continúa pois demostrando a súa capacidade para acoller e integrar a novos membros, tanto galegos retornados como novos residentes de diversas partes do mundo. Os datos constatan que as iniciativas do Goberno galego están a reverter os fluxos migratorios con saldos positivos nos últimos anos e cunha tendencia a que no vindeiro decenio máis persoas escollan Galicia para vivir e traballar.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284902 {"title":"As políticas activas da Xunta para atraer poboación modifican á alza as previsións para os vindeiros anos","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"284902"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284902-as-politicas-activas-da-xunta-atraer-poboacion-modifican-alza-as-previsions-os-vindeiros-anos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.