A Xunta abre ao público o tramo da senda do paseo de Barbaña dende o Pazo dos Deportes Paco Paz á Ponte Codesal

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase de case dous quilómetros no marco das actuacións da senda entre Os Remedios e Expourense licitada o ano pasado por preto de 4M€ para habilitar catro quilómetros de itinerario entre a estación intermodal e Expourense e Paco Paz
  • A posta en servizo inclúe tamén a conexión coas sendas do río Barbañica, que permiten conectar Barbadás con Ourense
  • A iniciativa forma parte do compromiso da Xunta de fomentar a mobilidade sostible nas contornas das cidades galegas

Ourense, 17 de xullo de 2024

Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o tramo de case dous quilómetros na marxe dereita do río Barbaña de Ourense desde o Pazo dos Deportes Paco Paz á Ponte Codesal, que xa está á disposición de peóns e ciclistas. Este treito conta cun novo pavimento de formigón poroso e drenante para un tránsito cómodo de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal.

Trátase dunha parte da nova senda entre Os Remedios e Expourense, tamén coñecida como paseo do Barbaña, na cidade de Ourense, que a Xunta licitou o ano pasado por case catro millóns de euros. A actuación inclúe o tramo visitado hoxe na beira do Barbaña, así como a conexión coa senda do río Barbañica conectando Barbadás e Ourense sen pasar por vías de circulación rodada, que tamén está rematada

Neste percorrido preténdese a mellora de pavimentos e cruces co obxectivo de favorecer a circulación peonil e ciclista, o reforzo da accesibilidade e conexións coa contorna, a sinalización e das zonas de estacionamento de vehículos de mobilidade persoal, actuacións na iluminación e na seguridade do percorrido, xunto coa implantación de arborado e mobiliario urbano.

A senda do Barbaña entre Os Remedios e Expourense co tramo aberto hoxe forma parte dunha actuación conxunta cun investimento de máis de cinco millóns con outro traxecto que comunica a estación intermodal coa Ponte Vella a través da avenida de Caldas.

Durante a visita, Diego Calvo, que a Xunta contribúe a contar con desprazamentos máis sostibles na cidade ourensá con outras medidas como a posta en marcha en 2021 da primeira estación intermodal en Galicia para realizar de xeito rápido un transbordo entre tren e autobús.

Nesta liña, o conselleiro de Presidencia, considera que o fomento dun transporte público moderno e eficiente é un dos piares da mobilidade sostible. Así, destacou o esforzo do Goberno galego con 140 millóns anuais a través do Plan de Transporte Público de Galicia e con tarifas bonificadas grazas á Tarxeta Xente Nova e a Tarxeta 65+, que bonifican ata 60 viaxes interurbanas mensuais a menores de 21 anos e maiores de 65 respectivamente. 

Ademais, a Xunta -explicou- vén de aprobar a Estratexia galega de Mobilidade, a folla de ruta a seguir ata 2050 para "garantir uns desprazamentos máis sostibles". Supón dar continuidade a actuacións como a execución de eixos de mobilidade peonil e ciclista na contorna das cidades a través de sendas como a visitada hoxe, o impulso do transporte público ou a aposta pola intermodalidade e polos aparcamentos disuasorios.

Pola súa banda, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxo en valor a contorna fluvial do Barbaña "e serve aínda máis para por a dispor da cidadanía un novo espazo para o desfrute de todas as xeracións e para conectar puntos neurálxicos da cidade de Ourense".

"A senda que abrimos non só é unha conexión entre puntos da cidade, senón tamén unha ponte cara a un futuro máis verde e activo". Avanzou que no 2025 prevese ter completada esta aposta pola mobilidade en Ourense coa apertura do primeiro tramo da avenida de Caldas e a conclusión da senda do Barbaña. Neste senso, sinalou que ademais de estar en servizo a nova escaleira do Paco Paz; na senda da avenida de Caldas xa se executou o aglomerado da rúa Ribeiriño e a primeira fase da beirarrúa da marxe dereita. Estase a traballar en novos treitos de beirarrúa e na reposición de servizos urbanos.

Martínez Allegue destacou que o Goberno galego impulsa estas actuacións despregar nas grandes cidades, a través de fondos Next Generation, e "busca conectar equipamentos públicos de interese como estacións intermodais, hospitais, centros administrativos ou neurálxicos das urbes, ofrecendo unha alternativa segura ao vehículo particular".

Nese senso, destacou que estes catro quilómetros sumaranse á actual rede de sendas peonís da cidade de Ourense. "Esta contorna fluvial -subliñou- engade valor e incide no estilo de vida de ourensás e visitantes. Con esta actuación a Xunta segue a dar cumprimento ao seu compromiso de crear espazos seguros e accesibles e a impulsar o cambio cara a desprazamentos máis sostibles e ecolóxicos".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
331665 {"title":"A Xunta abre ao público o tramo da senda do paseo de Barbaña dende o Pazo dos Deportes Paco Paz á Ponte Codesal","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278579\/150724+Reunion+alcaldesa+Viveiro+1.jpg","id":"331665"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/331665-xunta-abre-ao-publico-tramo-da-senda-do-paseo-barbana-dende-pazo-dos-deportes-paco-paz-ponte-codesal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.