Merelles salienta a relevancia do apoio da Xunta aos festivais para consolidar o turismo urbano en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Turismo de Galicia colabora co desenvolvemento do programa festivo de María Pita e do Festival Noroeste Estrella Galicia

Santiago de Compostela (A Coruña), 26 de xullo de 2024

O director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá na presentación do Festival Noroeste Estrella Galicia, apoiado pola Xunta. Trátase dunha cita musical que se desenvolverá entre o 7 e o 11 de agosto na cidade herculina e que conta cunha dilatada traxectoria histórica avalada por 36 edicións. Co respaldo a este certame, o Goberno autonómico continúa impulsando a chegada de turistas á comunidade motivados por gozar da ampla e completa axenda de concertos e festivais musicais que a Xunta programa directamente ou apoia en diversos puntos da xeografía galega, ao longo de todo ano e co obxectivo de contribuír a desestacionalizar a oferta turística.

Precisamente, Merelles subliñou hoxe na Coruña a "aposta que desde o Goberno galego levamos a cabo para consolidar á nosa comunidade como un destino referente neste tipo de turismo" e indicou que a axenda de ocio e lecer da Coruña faise cada vez "máis potente", apoiada polo Goberno galego.

Grazas ao decidido respaldo a diferentes ciclos musicais, certames culturais, concertos e festivais que se desenvolven na cidade herculina ao longo de todo o ano, entre os que salientan o propio Festival Noroeste Estrella Galicia, presentado esta mañá no patio do Castelo de San Antón, ou o Morriña Fest, que este venres dará comezo tamén na cidade. Doutra banda, Merelles fixo referencia a que esta esta aposta non se deterá aquí, senón que vai seguir desenvolvéndose con diversos concertos programados ata finais de ano como o que o cantante Rod Stewart levará a cabo no Coliseum o vindeiro 15 de decembro dentro da programación do Gozo Festival.

Outros artistas como Emilia, Luis Miguel ou Chris Isaak tamén actuaron na cidade herculina dentro da programación impulsada e participada pola Xunta, que tamén respaldou o festival de música electrónica Wake Up Dreams, o Fórum Gastronómico ou o Encontro Mundial do Humorismo que tivo lugar entre os pasados 25 de abril e 5 de maio na Coruña, entre outras iniciativas.

Excelente momento do turismo en Galicia

Na súa intervención, o director de Turismo de Galicia non quixo deixar de resaltar que A Coruña constitúe o segundo destino urbano de Galicia e referiuse aos datos feitos públicos recentemente polo INE que constatan as 66.000 noites que fixeron os turistas españois nesta cidade no pasado mes de xuño. "A cifra máis alta no que vai de ano, neste segmento", afirmou.

Uns datos que veñen a referendar o gran momento que está a vivir o turismo en Galicia, con cifras de aloxamento hoteleiro en toda a comunidade galega que superaron por vez primeira as 920.000 noites nun mes de xuño. Así, no que vai de ano foron preto de 2,2 millóns os viaxeiros aloxados e case 3,8 millóns de noites as rexistradas nos establecementos hoteleiros galegos, o que supón un incremento do 6,5% e de preto do 5% con respecto aos mesmos parámetros do primeiro semestre do ano pasado.

Estas magnitudes evidencian, a xuízo do director de Turismo de Galicia, que se está avanzando no obxectivo da desestacionalización, unha premisa que constituirá un dos eixos centrais que marcarán a futura folla de ruta do Goberno galego na materia, que nestes momentos se está a perfilar: a Estratexia Galega de Turismo 2024-2030.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
353265 {"title":"Merelles salienta a relevancia do apoio da Xunta aos festivais para consolidar o turismo urbano en Galicia","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278809\/20240725+NPXiraLugaresMaxicos.png","id":"353265"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/353265-merelles-salienta-relevancia-do-apoio-da-xunta-aos-festivais-consolidar-turismo-urbano-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.