A Xunta convoca 10 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro de Investigación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Con esta acción, o Goberno galego destina un total de 266.414€ na investigación en relación coa lingua galega e na especialización da mocidade universitaria
  • As persoas interesadas que cumpran os requisitos establecidos poderán enviar a súa solicitude a través da sede electrónica ata o 16 de agosto

Santiago de Compostela (A Coruña), 16 de xullo de 2024

A Xunta vén de convocar por un importe total de 266.414€ un total de 10 bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Esta iniciativa amosa o compromiso do Goberno galego coa investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua galega ao tempo que contribúe á especialización das persoas universitarias mediante a súa participación nalgún dos proxectos desenvoltos na actualidade polo Centro Ramón Piñeiro: Bibliografía da literatura galega, Fraseoloxía Galega, Corpus de referencia do galego actual (Corga), Cantigas de Santa María, Prosa literaria medieval, Terminoloxía científico-técnica, Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala, Base de datos do ALIR, Dicionarios de literatura e Literatura infantil e xuvenil.

As persoas interesadas en concorrer á devandita convocatoria poderán presentar as súas solicitudes por vía telemática a través da sede electrónica da Xunta dende mañá ata o 16 de agosto. Unha vez seleccionadas, comezarán as súas actividades de formación aproximadamente o 1 de decembro de 2024 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2026.

Xunto coa solicitude, deberán achegar un certificado académico oficial completo, un documento acreditativo dos requisitos específicos, o currículo e un certificado que acredite o coñecemento da lingua galega.

Requisitos de acceso

Poderán solicitar estas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias que, ademais de reunir os requisitos específicos para cada proxecto, posúan a nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea; acrediten o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4 (agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente); non resultaran beneficiarios dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos co Centro Ramón Piñeiro, e teñan unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos.

Valoración de solicitudes

Unha comisión de valoración será a encargada de examinar as solicitudes presentadas polas persoas candidatas conforme o seguinte baremo e criterios: o expediente académico puntuará ata 10 puntos; a formación complementaria ata 11 puntos; a presentación de comunicacións en congresos relacionados co obxecto da bolsa, ata 3 puntos; e as publicacións individuais e participación en publicacións colectivas de carácter científico, ata un máximo de 3 puntos.

A información completa pode consultarse no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
331779 {"title":"A Xunta convoca 10 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro de Investigación","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278582\/240716formacionProfesional1.jpg","id":"331779"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/331779-xunta-convoca-10-bolsas-formacion-proxectos-do-centro-ramon-pineiro-investigacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.