Anxo M. Lorenzo celebra a ampla programación de actividades culturais no marco do Outono Lírico 2024

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Cultura participa na presentación do catálogo que contará, como mostra principal, coa ópera 'Madama Butterfly' composta por Giacomo Puccini 

Vigo, 18 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da programación incluída no Festival Outono Lírico 2024, unha iniciativa impulsada pola Asociación Amigos da Ópera de Vigo co apoio da Xunta que permitirá a difusión a todos os públicos do xénero lírico.

Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou o compromiso do Goberno galego co impulso a diferentes tipos de iniciativas por todo o territorio. "Así se demostra coa campaña CulturON que enche os meses de verán con preto de trinta tipoloxías diferentes".

Así, lembrou que a colaboración con iniciativas como a impusada pola Asociación Amigos da Ópera de Vigo permite poñer en valor o xénero operístico, ao tempo que se promove unha oferta variada e de calidade.

O catálogo de actividades que se propón para os meses de setembro e outubro compendia 11 eventos que conforman as distintas actividades, ciclos e conferencias. O calendario contará coas representacións das obras Viva Verdi, Terra e Mare e Madama Butterfly, enmarcadas no programa Ópera en el cine estarán: Ariadne auf naxos, Werther, Der Zwerg e Memorias dunha Geisha, en canto ás conferencias terán lugar Terra e Mar. As cancións de Puccini, Madama Butterfly. Pasaporte ao soño americano? e Alfredo Kraus. O arte do canto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
335006 {"title":"Anxo M. Lorenzo celebra a ampla programación de actividades culturais no marco do Outono Lírico 2024","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105333-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"335006"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/335006-anxo-m-lorenzo-celebra-ampla-programacion-actividades-culturais-marco-do-outono-lirico-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.