A Xunta de Galicia adxudica as axudas ás galerías de arte para participar en feiras e mercados do sector

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reforza esta liña de axudas ata 80.000€ para favorecer á proxección exterior dos creadores galegos
  • As entidades apoiadas nesta convocatoria son a Galería Luisa Pita, Metro e Trinta, de Santiago de Compostela; a Galería Nordés e MoretArt, da Coruña, a Galería La Doce, de Boiro e a Galería PM8, de Vigo

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria de axudas ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2024 cunha achega total de 80.000 euros, 30.000 máis que en 2023.

Neste senso, o obxectivo das achegas, que van dende os 4.000€ ata un máximo de 8.000€ de axuda, é colaborar na proxección exterior dos artistas galegos e no apoio da dinamización comercial das galerías nas feiras e mercados de arte internacionais.

A adxudicación colaborará con sete galerías galegas, a Galería Luisa Pita, Metro e Trinta de Santiago de Compostela, as Galerías Nordés e MoretArt da Coruña, a Galería La Doce de Boiro e a Galería PM8 de Vigo. Grazas a estas achegas estas entidades participarán nas feiras Miami Art, Art Madrid, Hybrid Art Fair Madrid, ArtBo Bogotá, Frieze London, Paris+ArtBasel, Pinta Miami e Drawing Room Lisboa.

Nesta mesma liña de apoio a actividade que desenvolven, a Xunta tamén renova a súa colaboración con Contemporánea, a asociación de galerías de arte que reúne as principais iniciativas galerísticas de arte contemporánea de Galicia, coa sinatura dun convenio por importe de 55.000 €, incrementado en 10.000 € a partida de 2023.

Con este convenio, o Goberno galego procura seguir estimulando o traballo de difusión cultural das galerías asociadas, ao tempo que se colabora na realización do programa Aberto Galicia 2024, iniciativa prevista para setembro deste ano e na que as galerías asociadas participan conxuntamente para inaugurar a súa tempada expositiva.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
339426 {"title":"A Xunta de Galicia adxudica as axudas ás galerías de arte para participar en feiras e mercados do sector","published_date":"2024-07-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105730-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"339426"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-21/339426-xunta-galicia-adxudica-as-axudas-as-galerias-arte-participar-feiras-e-mercados-do-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.