A Xunta reivindica a importancia de que todas as cidades galegas teñan un xulgado específico de violencia sobre a muller

Imagen del artículo A Xunta reivindica a importancia de que todas as cidades galegas teñan un xulgado específico de violencia sobre a muller

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou ás seis mulleres vítimas destes últimos días en España durante á visita o Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña 

A Coruña, 17 de xullo de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reivindicou hoxe a importancia de que todas as cidades galegas teñan un xulgado específico para a loita contra a violencia sobre a muller. Así o salientou esta mañá na visita á nova sede do Xulgado de Violencia Sobre a Muller de A Coruña xunto co director xeral de Xustiza, José Tronchoni, o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. 

A Xunta vén de trasladar este xulgado do edificio xudicial situado na rúa de Monforte á sede da Audiencia Provincial na antiga Fábrica de Tabacos. A actuación enmárcase nas medidas levadas a cabo desde o Goberno galego para consolidar e reforzar a atención ás vítimas de violencia de xénero e outros colectivos vulnerables como persoas menores de idade ou con discapacidade. O traslado supuxo a dotación de salas de espera separadas para as vítimas, así como a instalación das dependencias da Oficina de Asistencia ás Vítimas -que tamén conta con salas de espera para as vítimas- e a habilitación dun despacho para o persoal do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). 

Despois dun percorrido polas instalacións renovadas do xulgado, o conselleiro de Xustiza quixo comezar a súa intervención lembrando ás vítimas destes últimos días en España, con seis mulleres asasinadas dende o venres.

Neste sentido, Diego Calvo puxo en valor a importancia que se lle dá desde o Goberno galego a esta loita, destacando a creación dunha Dirección Xeral específica contra a violencia cara á muller, e a boa coordinación entre o Administración autonómica e os servizos de xustiza.

Ademais, lembrou que en 2023 a Administración autonómica xa reclamou ao Goberno central un xulgado específico de Violencia sobre a Muller para Santiago de Compostela como o que teñen A Coruña e Vigo, pero que foi rexeitado. Por iso, se volveu solicitar na reunión do pasado maio da Comisión Mixta de Xustiza de acordo co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). 

Por último, o conselleiro de Xustiza agradeceu a todas as persoas que colaboran na loita contra a violencia sobre a muller o seu labor, destacando que o seu compromiso fai de Galicia un lugar mellor e máis seguro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332071 {"title":"A Xunta reivindica a importancia de que todas as cidades galegas teñan un xulgado específico de violencia sobre a muller","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"332071"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332071-xunta-reivindica-importancia-as-cidades-galegas-tenan-xulgado-especifico-violencia-muller https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.