Anxo M. Lorenzo celebra dez anos do Festival Hércules Brass en Celanova
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Cultura participa na presentación da iniciativa que reunirá algúns dos máis destacados profesionais en instrumentos de vento-metal
- Nos concertos actuarán os artistas internacionais Hakan Hardenberg de Suecia, Adam Rapa de Estados Unidos, Abel Pereira de Portugal e Local Brass Quintent de Francia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Celanova (Ourense), 13 de xuño de 2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do programa do Festival Hércules Brass, onde salientou a contribución desta cita para "achegar a música de cámara a todos os públicos a través dun programa cheo de artistas de alto nivel". Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude engadiu que a iniciativa, incluída na programación do CulturON promovida pola Xunta de Galicia para os meses de verán, é xa un "punto de encontro e referencia para os novos músicos deste xénero".
Na presentación, o director xeral de Cultura destacou o compromiso do Goberno galego co Festival Hércules Brass, unha cita que conta cunha década de historia e que reunirá en Celanova a destacados profesionais do trombón, a tuba ou a trompeta chegados desde distintas partes do mundo e de orquestras como a Real Filharmonía de Galicia.
As diversas actividades do festival terán lugar desde o 29 de xullo ata o 2 de agosto no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova. A actuación que dará por inaugurada a cita será do Local Brass Quintent, mentres que o martes 30 terá lugar o recital que ofrecerán o trompetista Hakan Hardenberg, acompañado pola Real Filharmonía de Galicia. O grupo organizador Hércules Brass ofrecerá un novo repertorio no seu directo o mércores 31, con Sergio Manteiga como solista.
O xoves 1 será a quenda da agrupación local, a Banda de Música de Celanova, que ofrecerá un concerto co trompetista estadounidense Adam Rapa xunto cos seus músicos e o bombardinista Eduardo Diz. A clausura terá lugar o venres 2 de agosto, onde o Hércules Brass Ensemble estará dirixido polo portugués Abel Pereira nun recital no que tamén se estreará a peza Hércules Festival A night in San Rosendo.