A Xunta contribúe a diversificar a oferta musical deste verán en Ferrol co Festival de concertos Marola

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá no Concello de Ferrol esta nova cita musical que terá lugar os días 28 e 27 de xullo nos Xardíns de Herrera
  • Trátase dun festival de pequeno formato que contará coas actuacións das bandas TT Syndicate e Faneka

Ferrol, 18 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá xunto ao alcalde de Ferrol a primeira edición do Festival Marola, unha nova iniciativa musical que terá lugar os días 27 e 28 nos Xardíns de Herrera e coa "o Goberno galego vén a diversificar a oferta musical da temporada estival en Ferrolterra".

Tal e como explicou Aneiros, trátase dun festival de pequeno formato pensado para dar a coñecer a artistas emerxentes en espazos de interese patrimonial vencellados ao Camiño de Santiago, "especificamente nesta primeira edición ao noso Camiño Inglés". De aí a súa localización nos Xardíns de Herrera, "un miradoiro sobre o Arsenal e a ría de Ferrol que constitúen un escenario único e privilexiado", destacou.

Esta cita musical, de carácter gratuíto, traerá á cidade o sábado 27 á banda lusa TT Syndicate e o seu repertorio no que mesturan soul, rock&roll e rhythm&blues. O domingo 28 será a quenda do folk progresivo de Faneka, un grupo con estilo propio que ofrecerá sobre o escenario "unha viaxe musical chea de emocións e matices", explicou Aneiros. Ambas actuacións terán lugar a partir das 13.30 horas.

"Ferrol ten moito que ofrecer e eventos coma este son unha ocasión perfecta para amosar as nosas potencialidades, con propostas afastadas das actividades de grandes aforos, amables co entorno natural e o noso patrimonio e que fomentan a ocupación de espazos emblemáticos que explican a cidade e completan a experiencia do Camiño", explicou a delegada territorial.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
334611 {"title":"A Xunta contribúe a diversificar a oferta musical deste verán en Ferrol co Festival de concertos Marola","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278588\/180724+Romaxe+Vikinga+O+Vicedo+1.jfif","id":"334611"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/334611-xunta-contribue-diversificar-oferta-musical-deste-veran-ferrol-co-festival-concertos-marola https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.