Rueda avanza que a Xunta destinará ao Campus Industrial de Ferrol 6,6 M€ ata 2028, case o dobre que no período anterior

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Salienta que o obxectivo é que a universidade teña "a capacidade e tranquilidade" de poder planificar o traballo nos vindeiros anos cun "orzamento fixo"
  • Ferrol foi o primeiro campus de España en conseguir o recoñecemento da súa especialización, e agora é o primeiro tamén en renovalo
  • Destaca a importancia de formar en Galicia a profesionais especializados en sectores con futuro coma as novas industrias ou as enerxías renovables

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que o Goberno galego destinará un total de 6,6 millóns de euros ata o 2028 ao Campus Industrial de Ferrol, case o dobre do consignado para o período anterior 2021-2024. Así o adiantou hoxe durante o acto no que o campus recibiu de novo a acreditación como campus especializado. 

Rueda salientou que, con este apoio, o campus contará "cun orzamento fixo" que lle permite a Universidade da Coruña planificar e "ter capacidade e tranquilidade" para traballar na posta en marcha de novos proxectos. 

Nesta liña, fixo fincapé nas oportunidades que supoñen as novas enerxías ou as novas industrias para a comarca de Ferrolterra e para este campus. "A especialización técnica en eidos con moito futuro é o camiño a seguir", sinalou Rueda, quen resaltou a importancia de formar "profesionais" en Galicia para "xerar máis riqueza, máis emprego e máis innovación" na comunidade. 

O de Ferrol convértese así no primeiro campus universitario que renova este distintivo, logo de ter sido o primeiro tamén en conseguilo, en 2021. Este recoñecemento inscríbese no programa de especialización das universidades galegas que impulsou a Xunta, e que contribuíu a conseguir a acreditación deste campus, xunto co de Lugo (Campus Terra) e de Ourense (Campus Auga).

Grazas a todo este proceso, o campus ferrolá avanzou en estruturas de investigación, acadou mellores relacións coas empresas da contorna, e renovou a oferta académica. Todo iso permitiu que se consolidase como un motor económico e de dinamización nunha comarca que está inmersa nunha gran transformación produtiva.

Neste sentido, son moitas as iniciativas estratéxicas que se se están impulsando na contorna, como as plantas de hidróxeno renovable (H2Pole), de fabricación de pneumáticos (Sentury Tire) e de fibra (Ence) nas Pontes; a de metanol (Forestal del Atlántico) en Mugardos; ou outras iniciativas prioritarias, como a planta das Somozas de valorización de materiais (Valorgreen Recinor) ou o centro verde de hidróxeno e amoníaco das Pontes (Universal H2).

Cómpre destacar tamén a relevante industria naval de Ferrol, que se está reconvertendo con éxito nun auténtico polo industrial e de innovación en enerxías mariñas, como demostra o pulo de empresas como Navantia-Windar ou Nervión.

Matrícula gratuíta

A Xunta aposta desde hai anos por potenciar o sistema universitario galego e garantir a igualdade de oportunidades entre o alumnado. Nesta liña, a partir do vindeiro mes de setembro, Galicia implantará a primeira matrícula gratuíta para todos os universitarios que aproben. Deste xeito, un galego poderá estudar de balde desde a escola infantil ata que remate a carreira.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/07/2024
353143 {"title":"Rueda avanza que a Xunta destinará ao Campus Industrial de Ferrol 6,6 M€ ata 2028, case o dobre que no período anterior","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105744-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"353143"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/353143-rueda-avanza-xunta-destinara-ao-campus-industrial-ferrol-6-6-m-ata-2028-case-dobre-periodo-anterior https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.