Todas las noticias de sanidade en Galicia en los últimos 30 días
Más de 100 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Miércoles 3 Julio 2024
O Servizo Galego de Saúde publica a relación provisional das listas de selección temporal de nove categorías de persoal estatutario
- Rexistráronse un total de 5.757 inscricións e resultaron admitidos 5.604 aspirantes
- O 13,76% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso
Martes 2 Julio 2024
Gómez Caamaño destaca a calidade do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que en 2023 captou 52 millóns para proxectos innovadores
- O conselleiro destaca que o 45% dos traballos científicos desenvolvidos no IDIS se enmarcaron en grupos de carácter internacional
- Caamaño salienta a aposta da Xunta pola investigación, tras a integración no sector público dos tres institutos de investigación sanitaria cos que conta Galicia
Os servizos tecnolóxicos da sanidade pública galega, recoñecidos co máximo nivel de protección por parte do esquema nacional de seguridade
- O sistema sanitario público galego convértese no primeiro de España en certificar este nivel de garantía e seguridade en todos os seus servizos, unidades e centros de saúde
- A Xunta acredita a ciberseguridade no que atinxe aos datos da historia clínica, a xestión dos recursos humanos e oposicións, a información da tarxeta sanitaria e servizos á cidadanía, como a cita previa ou a prescrición farmacéutica
- Así mesmo, o certificado recoñece o máximo nivel de seguridade nos procedementos que se realicen a través de aplicacións como Sergas Móbil, E-Saúde ou a plataforma de teleasistencia TELEA
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e o Centro Comercial As Cancelas promoven unha campaña especial de doazón de sangue
- A superficie comercial recibe por sétima ocasión a visita das unidades móbiles de ADOS e agasallará cun refrixerio ás persoas que acudan a doar
Lunes 1 Julio 2024
A Xunta mellora a acreditación de probas en caso de agresión sexual ao potenciar a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia
- Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais
- Profesionais do Instituto de Medicina Legal de Galicia formarán persoal da sanidade pública galega na atención destes casos
- O acordo marco de colaboración inclúe outras medidas no ámbito da morte súbita de persoas novas e da atención do suicidio
A Xunta destina máis de dous millóns de euros á mellora da totalidade das bases e instalacións do 061
- Melloraranse as infraestruturas nas localidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Foz, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Mos
- O proxecto tamén inclúe melloras nas instalacións da central de coordinación, situada na Estrada
A Xunta destina 5,1 M€ á adquisición de tubos de extracción de sangue e outro material para garantir a rastrexabilidade das analíticas realizadas nos centros sanitarios galegos
- Destinaranse ás sete áreas sanitarias e permitirán manter os estándares de calidade e de seguridade no proceso de extracción, transporte e análise de mostras biolóxicas
- O contrato terá unha duración inicial de tres anos e prevese a posibilidade de prórroga durante dous máis
O director xeral de Asistencia Sanitaria remarca o labor esencial do persoal de enfermería no Servizo Galego de Saúde
- Silva Tojo salienta o compromiso da Xunta con esta categoría sanitaria, ao reforzar a estrutura do Servizo Galego de Saúde coa creación da Unidade de Procesos de Enfermería
O 061 de Galicia asistiu 75 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana
- Desde as 15,00 horas do venres, 28 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 30 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico
Sábado 29 Junio 2024
Rueda anima a conmemorar o Día do donante de médula e sangue nas escolas
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe a celebración do Día escolar do donante de médula e sangue, tras recibir na Praza do Obradoiro aos máis de 200 peregrinos da Asociación de Voluntarios de Oncología Infantil (AVOI), de Málaga. Así, acompañado do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asegurou que se trataría dunha iniciativa "moi bonita para facer entre Andaluc...
Viernes 28 Junio 2024
A campaña de inmunización fronte ao VRS da Xunta, galardoada como mellor proxecto autonómico de adherencia
- A iniciativa da Consellería de Sanidade foi posta en valor de entre o conxunto de proxecto desenvoltos polos sistemas sanitarios públicos autonómicos
- O Executivo galego agarda reducir nun 90% o número de hospitalizacións coas novas campañas de administración deste anticorpo monoclonal
A Xunta licita por máis de 126.000 € a redacción do proxecto do novo centro de saúde do Concello de Barro
- Suporá habilitar unha área da muller cunha consulta de matrona e incrementar nunha sala polivalente e unha consulta de enfermería pediátrica
- O proxecto prevé un centro de saúde con máis do dobre de espazo que o actual
- As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 15 de xullo
A Xunta licita por máis de 72.000 € a redacción do proxecto da obra de integración do PAC no centro de saúde de Outeiro de Rei
- A obra permitirá que o Punto de Atención Continuada se integre co centro de saúde a través dunha ampliación de 557 m2
A Xunta presenta en Chaves o proxecto TRANSFIRESAÚDE para a integración do ecosistema de I+D+i sanitario na Eurorrexión
- A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) coordina este proxecto, que conta coa participación de diversas entidades galegas e do norte de Portugal
- Os socios do proxecto reuníronse na Eurocidade Chaves-Verín para participar no evento inaugural de TRANSFIRESAÚDE
A ambulancia medicalizada do 061 con base en Sanxenxo prestará asistencia sanitaria desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto
- Durante o período estival, a poboación dos concellos da zona aumenta debido ao turismo e provoca grandes fluxos de circulación polas estradas que incrementan a sinistralidade viaria
- A cobertura sanitaria na comarca do Salnés, reforzarase, tamén, cunha ambulancia asistencial de soporte vital básico con base no concello de Vilagarcía de Arousa
Medio Rural apoia as agrupacións de defensa sanitaria gandeira con máis de 2 millóns de euros
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a relación de beneficiarios que contarán cunha subvención destinada a financiar e levar a cabo os seus programas de planificación zoosanitaria
- Estas entidades desenvolven plans de prevención e control de enfermidades animais, que melloran as condicións hixiénicas e de benestar animal das explotacións e contribúen a manter o bo estado sanitario da cabana galega
Jueves 27 Junio 2024
A Escola Galega de Saúde Pública promove a seguridade alimentaria en Lugo formando a 55 novos cazadores
- Organiza esta actividade en coordinación coas consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Medio Rural e en colaboración coa Federación Galega de Caza
- A iniciativa ten como obxectivo obter a credencial como persoa cazadora con formación mediante a acreditación dos coñecementos detallados na normativa
- A Consellería de Sanidade traballa con este tipo de actuacións nos obxectivos da mesma como é o fomento da formación en materia de saúde pública na sociedade
O Servizo Galego de Saúde garante o dereito das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo en centros públicos das sete áreas sanitarias
- Ata a semana 22 de embarazo a interrupción pódese realizar en todas as áreas sanitarias
- Nos casos de interrupcións voluntarias por riba das 22 semanas, considerados de alta complexidade, Galicia realízaas todas en tres hospitais públicos de referencia
- Garántese tamén o dereito das mulleres a escoller un centro concertado, sexa por privacidade ou para evitar demoras ao ser un procedemento sanitario urxente
A plataforma de teleasistencia do Sergas "Telea" monitoriza os tratamentos antiacoagulantes de máis de 500 pacientes galegos
- A Consellería de Sanidade facilitou un total de 580 coagulómetros para que os pacientes poidan controlar os niveis de coagulación desde os seus fogares, evitando así desprazamentos innecesarios aos centros de saúde
- Estes dispositivos permiten que os usuarios realicen as puncións nos seus domicilios, ao tempo que posibilitan rexistrar os datos de control en TELEA
- Desde a posta en marcha do Protocolo de control do INR, o Servizo de Galego de Saúde leva atendido un total de 1.352 pacientes
O Servizo Galego de Saúde defende a eficiencia da organización para garantir a mellor atención de urxencias aos veciños do Morrazo
- O xerente do Servizo Galego de Saúde explica no Parlamento que se garante unha asistencia sanitaria de calidade segundo criterios obxectivos baseados na evidencia científica
- O centro de saúde de Moaña incorporou dous médicos grazas á lei galega para a provisión de postos de difícil cobertura
- A comarca do Morrazo conta con cadansúa ambulancia en Moaña, Cangas, Bueu e Marín
Sanidade salienta a calidade dos servizos de transporte sanitario aéreo urxente que funcionan todos os días do ano
- A Central da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061 realiza unha supervisión continúa das necesidades sanitarias que require cada emerxencia
- A Xunta reforzou no último concurso os recursos humanos e materiais do transporte sanitario urxente terrestre con seis novas unidades de soporte vital avanzado e unha de soporte vital básico
A Xunta elevará ata 6,6 millóns de euros o orzamento do Plan Corresponsables para chegar a 22 novos concellos
- Con esta ampliación de crédito, a convocatoria deste ano sube un 33% con respecto á do 2023
- Destacan tamén os máis de catro millóns de euros que se destinan ao pago de persoas dos 84 Centros de Información á Muller que dan servizo a 191 concellos
- Así mesmo, o Executivo autonómico apoia o traballo de 86 entidades sociais e 185 ANPAS en prol da igualdade de xénero, a conciliación, a corresponsabilidade e a atención a mulleres en situación de vulnerabilidade
- O Goberno galego pon en marcha nos festivais con maior asistencia do verán unha área de igualdade e punto lila arcoiris, obxectivo de que estes eventos de lecer se convertan tamén nun espazo de sensibilización, concienciación e aprendizaxe
Gómez Caamaño salienta que a Costa da Morte contará desde este verán cun hospital mellor preparado para atender as urxencias sanitarias grazas a un investimento de 1'1 M€
- O conselleiro de Sanidade, visitou as obras e os puntos de atención móbil instalados para dar apoio ao hospital durante os traballos
- O Hospital Virxe da Xunqueira incorporou tamén equipamentos por valor de 800.000 euros nos últimos anos
- Recentemente implantáronse consultas de alta resolución de cardioloxía, co que se evita que os pacientes do Hospital de Cee teñan que desprazarse ata a Coruña para recibir este tipo de asistencia
- Salienta que a Consellería de Sanidade está a traballar para implantar o antes posible, este mesmo ano, o hospital de día de oncoloxía para achegar os tratamentos aos pacientes de cancro
A Xunta destaca o recoñecemento da UE a Galicia co premio 'Rexión Emprendedora Europea 2025' polas súas medidas para impulsar o emprego e revitalizar o rural
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu na Comisión 5ª do Parlamento a unha pregunta sobre as accións do Goberno galego a prol da actividade emprendedora
- Salientou que o Executivo autonómico está a deseñar unha estratexia neste ámbito para dar un impulso coordinado á creación de negocios e puxo en valor a Rede de polos de emprendemento, que levan atendido máis de 2.000 iniciativas empresariais
- Outras actuacións que citou son o proxecto piloto de coliving en colaboración coa asociación Sende para atraer nómades dixitais e o mapa de emprendemento virtual que integrará todo o ecosistema emprendedor para iniciar un negocio en Galicia
Rueda destaca que Galicia é pioneira en medidas para promover o retorno da colectividade no exterior
- Salienta a Estratexia Galicia Retorna, posta en marcha polo Goberno galego co obxectivo de facilitar o regreso de 30.000 persoas ata 2026
- Agradece o traballo diario dos representantes da colectividade na diáspora e subliña a importancia de seguir colaborando para atender as súas necesidades
O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de 11 categorías de persoal estatutario
- Resultaron admitidas 3.833 persoas
- Entran en vigor a efectos de chamamentos mañá día 28
- O 15,47 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso
Miércoles 26 Junio 2024
O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta cubrirá con dous facultativos as vacantes no centro de saúde do Valadouro, garantindo a asistencia no verán
- Sinala que o Plan de cobertura e reforzos en atención primaria no verán da Xunta permite que un dos médicos residentes que se forma na Mariña axude no verán neste centro de saúde
- Sinala que a segunda vacante se cubrirá a partir do mes de xullo e será ofertada despois para a súa cobertura estable a través da lei galega de provisión de postos de difícil cobertura
- Remarca o esforzo da Xunta para pór enriba da mesa solucións que garantan a mellor atención sanitaria aos veciños, fronte á inacción do Goberno central
O conselleiro de Sanidade avanza a posta en marcha dun Plan especial de atención á cronicidade con asistencia a domicilio no concello de Cervantes
- Gómez Caamaño remarca que a veciñanza de Doiras terá totalmente garantida a asistencia sanitaria durante os meses de verán
- Salienta que a sanidade pública medra en recursos, en profesionais e en prestacións
- Lamenta a falta de medidas por parte do Goberno central para facilitar a contratación de médicos
Gómez Caamaño valora a celebración en Galicia do Congreso europeo de páncreas, situando á comunidade como referente
- Destaca o labor da sanidade pública galega e iniciativas como a do Club europeo pancreático de cara a facilitar o intercambio de coñecemento na materia
- A unidade de transplante de páncreas do Hospital Universitario da Coruña é un centro de referencia para o Sistema Nacional de Saúde
Martes 25 Junio 2024
A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia humanizan a estancia de nenas e nenos hospitalizados con obradoiros de robótica
- Empresas do ámbito tecnolóxico galego impartirán dúas sesións ao ano en cada unha das sete áreas sanitarias para reducir o estrés que implica o ingreso a través do xogo
- O Servizo Galego de Saúde destina 11.500 euros a adquirir o equipamento co que impartir obradoiros con robots que simulan coches ou mascotas
- Todas as áreas pediátricas dos hospitais públicos galegos contan con aulas infantís nas que se realizan actividades escolares e de lecer
Lunes 24 Junio 2024
Gómez Caamaño salienta a vontade da Xunta de continuar a reforzar a atención á saúde mental coa creación dunha subdirección xeral propia
- A Consellería de Sanidade vén colaborando con FEAFES mediante o apoio económico para o desenvolvemento de diferentes programas de apoio a pacientes
- No presente exercicio a federación recibiu 173.000 euros para a realización de catro iniciativas encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos pacientes e das súas familias
A Xunta prioriza a garantía dos dereitos dos pacientes no Plan de inspección de servizos sanitarios 2024-2027
- Reforzarase a inspección de servizos, centros e establecementos sanitarios, o control da situación de incapacidade temporal en colectivos con elevado índice de absentismo e a avaliación do transporte sanitario para garantir servizos de calidade
- Con este novo plan a Consellería de Sanidade fomenta a mellora continua do sistema sanitario para ofrecer unha mellor resposta ás necesidades da cidadanía
O 061 de Galicia atendeu 61 intoxicacións, sete accidentes de tráfico e cinco queimaduras na noite de San Xoán
A Estrada (Pontevedra), 24 de xuño de 2024 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na pasada Noite de San Xoán 61 intoxicacións etílicas ou por drogas, sete accidentes de tráfico, con sete persoas implicadas, e cinco queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado foi desde as 21.00 horas, do domingo 23 de xuño, ata as 09.00 horas, do luns 24 de xuño. A Coruña con 36 intoxicacións etílicas ou por drogas foi a provi...
O 061 de Galicia asistiu 48 persoas por 41 accidentes de tráfico durante a fin de semana
- Desde as 15,00 horas do venres, 21 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 23 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 53 chamadas por accidentes de tráfico
Domingo 23 Junio 2024
As probas da fase de oposición do Servizo Galego de Saúde para o acceso ás 271 prazas de médico de familia acadan o 81,35 % de participación
- Dos 606 aspirantes presentáronse á realización das probas 493 opositores
- A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas salientou o conxunto de medidas adoptadas pola Xunta para paliar o déficit de médicos
Sábado 22 Junio 2024
A Xunta aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras na noite de San Xoán
- A Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 reforza o seu persoal ante o incremento do número de chamadas por intoxicacións, accidentes de tráfico ou queimaduras
- Durante a noite de San Xoán do ano 2023 atendéronse 76 intoxicacións etílicas ou por drogas, seis accidentes de tráfico e nove persoas con queimaduras
Viernes 21 Junio 2024
A Xunta aposta polo diálogo, a cooperación e o entendemento cos profesionais para orientar as políticas sanitarias nos vindeiros anos
- A Consellería de Sanidade agradece a disposición ao entendemento manifestada polos Colexios Oficiais de Médicos
- Avoga por acadar acordos amplos, contando coas sociedades científicas, a universidade, as organizacións sindicais, as asociacións de pacientes e os colexios profesionais
A Xunta destina preto de 228.000 euros a sufragar os gastos veterinarios e de materiais das ADSG do Deza-Tabeirós
- O delegado territorial visitou as instalacións da ADSG Xundeva, que recibiu unha achega total de 145.400 euros na última convocatoria
- Estas axudas permiten fomentar a consolidación das ADSG, entidades que facilitan o cumprimento das normativas e melloran a colaboración entre gandeiros
Máis de 600 facultativos están convocados aos exames da categoría de médico de familia do Servizo Galego de Saúde
- O Recinto Feiral de Silleda acollerá este domingo, 23 de xuño, as probas do concurso-oposición para o acceso ás 271 prazas ofertadas pola Xunta nesta especialidade
Jueves 20 Junio 2024
Medio Rural aposta pola formación e a remuda xeracional no agro coa oferta de máis prazas e novos ciclos de FP dual nos seus centros específicos
- A Consellería seguirá promovendo axudas de incorporación ao campo e iniciativas novas como o Banco de Explotacións ou o Plan de formación, asesoramento e titorización recentemente anunciado
- Gómez salientou a importancia de orientar os coñecementos teóricos e prácticos en base ás necesidades reais do sector
A Xunta avanza que este verán Sanxenxo contará cun reforzo de 4 médicos e Vilagarcía cun 3º equipo de PAC
- O xerente do Servizo Galego de Saúde garante unha asistencia de calidade tamén durante o verán grazas ao plan de medidas para o reforzo da atención primaria aprobado pola Xunta
- Ante a falta de médicos de atención primaria, problema común en toda España, remarca que a Consellería de Sanidade xa presentou unha planificación completa de medidas ordinarias e extraordinarias ás que vai destinar 12,5 millóns de euros
- Detalla que en Cambados haberá 2 equipos durante o verán e no Grove disporase dunha consulta a maiores para desprazados, ademais de reforzar o PAC cun 2º equipo todos os días
- A asistencia sanitaria urxente estará atendida cos distintos servizos de ambulancias establecidos polo 061 na comarca
O Servizo Galego de Saúde publica a relación de admitidos no proceso selectivo de estabilización para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario
- Resultaron admitidos 1.616 aspirantes para 266 prazas
- Publícanse tamén as puntuacións provisionais do concurso de méritos
- Ademais, o Servizo Galego de Saúde publica na súa web os destinos definitivos das categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería
A nova ambulancia do 061 con base na Veiga segue a reforzar a cadea de protección cardiopulmonar nas zonas rurais
- A ambulancia, que comezou a prestar servizo este martes, 18 de xuño ás 00,00 horas, estará operativa as 24 horas do día, os 365 días do ano
A directora da Axencia Galega de Doazón destaca o labor solidario de Margarita Hermo Figuera, nova embaixadora de honra da Fundación Stop Leucemia
- A directora de ADOS Marisa López salienta a solidariedade e o compromiso dos galegos en materia de doazóns, xa que Galicia conta con preto de 15.000 persoas inscritas no Rexistro de doantes de medula ósea
- Remarca que durante o ano 2023 houbo 15 galegos que doaron medula a aqueles enfermos que o precisaron
- Rexistráronse 249 transplantes de proxenitores hematopoéticos, o que supón unha taxa de 92,6 transplantes por cada millón de habitantes, máis de 15 puntos por enriba da media nacional transplantes
Miércoles 19 Junio 2024
A Xunta dá un paso máis para garantir o acompañamento e o contacto pel con pel durante as cesáreas en todas as áreas sanitarias
- A nova Guía de acompañamento da muller e do contacto pel con pel na cesárea procura mellorar o benestar das mulleres embarazadas e fomenta o vínculo temperán entre nai e fillo
- O protocolo xa está dispoñible no conxunto dos hospitais públicos galegos, "normalizando e homoxeneizando" os coidados das mulleres xestantes
Medio Rural impulsará o Banco de Xermoplasma do centro de investigacións agrarias de Mabegondo para consolidar a súa posición de referencia
- Así o trasladou hoxe o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento
- O director adiantou que grazas a estas actuacións poderá mellorarse a posta a disposición "a servizo do sector, agricultores, gandeiros e sociedade dun patrimonio xenético autóctono de valor incalculable para Galicia"
- De cara ao futuro seguirase afondando na mellora integral deste centro, tal e como está establecido no contrato de xestión vixente, que contempla unha liña de investigación para Conservación e mellora de recursos Fitoxenéticos Agrarios
A Xunta destina máis de 780.000 euros para garantir o cumprimento dos tratamentos antituberculosos
- Sanidade remarca a importancia da necesidade de administrar un tratamento supervisado naquelas persoas nas que se detecte unha maior vulnerabilidade ou risco de abandono do mesmo
A Xunta informa da obriga de aplicar tratamentos insecticidas para a loita contra o vector da flavescencia dourada da vide nas comarcas de Celanova e O Ribeiro
- A Consellería do Medio Rural emitiu un aviso fitosanitario sobre a obriga de realizar tratamentos insecticidas e ofrece información na súa páxina web sobre a listaxe das materias activas e formulados autorizados
- Esta doenza transmítese polo insecto vector Scaphoideus titanus
O Servizo Galego de Saúde publica o baremo provisional da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermería
- Son un total de 8.399 os aspirantes para as 1.556 prazas ofertadas no proceso de concurso-oposición
O Servizo Galego de Saúde publica a convocatoria do concurso de traslados para os profesionais médicos de atención primaria
- Os interesados poderán presentar a solicitude de participación desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia
Gómez Caamaño destaca o papel do Consello de Bioética no equilibrio entre o desenvolvemento científico e tecnolóxico e a humanización da atención sanitaria
- Incide en que o Consello terá unha función relevante de cara á incorporación proveitosa e racional de todo o novo que vén, especialmente a intelixencia artificial
A Xunta creará a figura da promotora de saúde na comunidade xitana nas sete áreas sanitarias cun investimento de máis dun millón de euros
- O Diario Oficial de Galicia publica a concesión da subvención á Fundación Secretariado Xitano para realizar actividades lideradas por mulleres coas que promover unha alimentación equilibrada ou a realización de actividade física
- O Plan Obesidade Zero en Galicia ten en conta a realidade socioeconómica da poboación para facilitar que todas as persoas teñan igualdade de oportunidades para desenvolver e manter a súa saúde
Martes 18 Junio 2024
O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta licitará este verán a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Noia, que suporá un investimento de 10 M€
- Remarca que, fronte á inacción do Goberno central ante a falta de médicos de familia, a Xunta toma medidas cun plan para garantir a cobertura no verán
- Subliña que o Concello fixo os seus deberes poñendo a parcela necesaria á disposición do Goberno galego, para que a Xunta constrúa un centro de saúde ben dimensionado, moderno e confortable para pacientes e profesionais
- Considera primordial facer máis atractivo o traballo nos centros de saúde, polo que a Consellería traballa xa nun plan para desburocratizar a atención primaria
O Servizo Galego de Saúde publica as puntuacións provisionais do concurso de méritos para o acceso á categoría de enfermaría especialista en saúde mental
- Foron admitidas 138 persoas no proceso selectivo, o 92 % mulleres
- Ofértase un total de 94 prazas
- Este proceso convocouse en aplicación da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura
O conselleiro de Sanidade avanza que o 80% dos médicos residentes de 4º curso manifestan a súa disposición de colaborar na atención sanitaria neste verán
- Remarca que o Executivo galego vén de aprobar o plan para a cobertura de persoal médico no verán para, deste xeito, garantir unha asistencia sanitaria de calidade
- Galicia ten un sistema sanitario sólido, con máis orzamento e con máis persoal contratado que nunca, e conta con ferramentas para activar os reforzos necesarios na época estival alí onde sexan precisos
- Reitera a necesidade de que o Ministerio de Sanidade cumpra os seus deberes, facilitando o marco xurídico para que haxa máis médicos que as comunidades autónomas poidan contratar
O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
- Rexistrouse un total de 2.517 inscricións
- Resultaron admitidas 2.359 persoas
- Correspóndense ás categorías ou especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio
- Entran en vigor a efectos de chamamentos mañá día 19 de xuño
- O 9,69 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso
A Xunta inicia a elaboración dos Orzamentos 2025, que priorizarán a vivenda, as infraestruturas sanitarias e a execución dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia
- O DOG publica hoxe a orde pola que se ditan as instrucións para a elaboración das contas do vindeiro exercicio
O Servizo Galego de Saúde publica a oferta de destinos do concurso de traslados aberto e permanente
- Ofértanse 8.880 prazas básicas de persoal estatutario
- Neste concurso resultaron admitidos un total de 4.624 profesionais
- A categoría con maior número de persoas aspirantes admitidas é a de enfermaría, con 1.898 solicitudes
Lunes 17 Junio 2024
A Xunta oferta 657 prazas de formación sanitaria especializada, o maior número da historia de Galicia
- O número de prazas ofertadas increméntase en 19 respecto do exercicio anterior
- A Administración galega financiará integramente a formación destes profesionais, un obxectivo ao que este ano se dedican 78 millóns
- Galicia oferta o 100% das prazas acreditadas, un total de 234, nas especialidades de medicina familiar e comunitaria e en pediatría
A Xunta inviste máis de 5,2 millóns de euros na procura da excelencia formativa dos futuros profesionais sanitarios
- O Executivo galego incrementa este ano nun 10 % a partida destinada a optimizar a formación do alumnado das especialidades das Ciencias da Saúde
- Os acordos subscritos entre o Servizo Galego de Saúde e as tres universidades galegas posibilitan que, desde o 2001, os profesionais do Sergas poidan compatibilizar a súa actividade asistencial coa actividade docente e investigadora
- Estes acordos tamén posibilitan que os estudantes universitarios poidan acceder ás infraestruturas e ao conxunto de recursos dos que dispón o Servizo Galego de Saúde
A Xunta aproba o Plan de cobertura de necesidades de persoal médico en atención primaria no verán ao que destina 12,5 M€
- Rueda resaltou que, ademais das medidas ordinarias, inclúe catro iniciativas de carácter extraordinario "para garantir a máxima calidade na atención sanitaria" durante o periodo estival
- Ampliarase a todas as áreas sanitarias a bolsa de persoal voluntario dispoñible, en réxime de localización, para a cobertura de persoal médico nos PAC
- Impúlsase un programa especial de apoio á atención primaria por persoal do 061 para que os facultativos deste servizo tamén podan traballar nos PAC
- Darase a posibilidade aos médicos de Galicia ou doutras comunidades de pasar consulta de forma temporal nos centros que precisan reforzo por aumentar a demanda no verán
- Tamén se ofrecerá a posibilidade de encomenda de funcións aos MIR de 4º ano de xeito voluntario, incentivado e baixo supervisión
A Xunta inicia o envío de invitacións na área sanitaria de Ferrol para participar no proxecto piloto de cribado de cancro de próstata
- Cada mes enviaranse 1.000 invitacións por SMS ou carta ata chegar a 12.000 homes de entre 50 e 69 anos
- Os participantes serán citados para a extracción dunha mostra de sangue e seguirán o protocolo do programa, en función do resultado de antíxeno prostático específico e as demais probas de estratificación do risco
- A actuación enmárcase nun proxecto europeo no que participan, ademais de Galicia, Cataluña e os países de Irlanda, Polonia e Lituania, sendo a comunidade galega a primeira en dar comezo ao proxecto
A Xunta publica a licitación dos servizos de cafetería dos centros hospitalarios da Coruña por un importe de máis de 10,5 millóns de euros
- O portal de Contratos Públicos de Galicia anuncia hoxe a saída a concurso das cafeterías do Hospital Público da Coruña, o Hospital Marítimo de Oza, o Hospital Abente y Lago e o Centro de Especialidades do Ventorrillo
- O contrato contará cunha duración de catro anos, coa posibilidade de ser ampliado noutro ano máis
- As empresas interesadas neste contrato de servizo teñen de prazo ata o 16 de xullo para presentar as súas ofertas
Domingo 16 Junio 2024
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue aposta pola mellora no servizo á cidadanía coa licitación dunha nova unidade móbil para a área sanitaria de Lugo
- O orzamento de licitación ascende a 500.000 €
- Para ofrecer aos doantes as mellores condicións de seguridade e comodidade, no ano 2018 iniciouse a posta ao día da flota dos vehículos
- Ata o momento renováronse 5 unidades móbiles, cun investimento global de 1.565.362 €
Sábado 15 Junio 2024
Rueda afirma o compromiso do Goberno galego coa sanidade pública e coa busca dos mellores profesionais
- Destaca a importancia do diálogo entre goberno e colexios médicos para seguir mantendo unha "magnífica sanidade pública
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde asiste en Polonia a un intercambio de boas prácticas centrado no envellecemento e na medicina personalizada
- A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, como líder do proxecto, conta coa colaboración e participación de diversos socios europeos para acadar as metas propostas de ata 6 países
Viernes 14 Junio 2024
O conselleiro de Sanidade avoga pola colaboración para fortalecer a sanidade pública galega
- Gómez Caamaño chama á unión entre administracións, asociacións e profesionais a prol dun ambiente favorable para os traballadores da saúde e a mellora continua do sistema
A delegada da Xunta e a directora de ADOS animan á cidadanía a donar sangue no Día Mundial do Doante
- Belén do Campo salientou o carácter solidario de Galicia, quinta comunidade autónoma en índice de doazón de sangue segundo datos publicados esta semana polo Ministerio de Sanidade
- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue inicia hoxe, durante os meses de verán "Somos Olímpicos", que se desenvolverá en máis de 20 concellos galegos
A Xunta agradece o altruísmo da cidadanía galega na conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue
- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra que, desde a posta en marcha das campañas de doazón en unidades móbiles no ano 1993, se teñen realizado preto de 3.300.00 doazóns de sangue en Galicia
- Nesta data, institucionalizada pola Organización Mundial da Saúde hai 20 anos, ponse de manifesto o papel esencial dos doantes de sangue para o sostemento do labor asistencial que permite salvar, todos os días, miles de vidas
A consellería de Sanidade e a USC presentan a Cátedra que estudará o impacto dos factores ambientais na saúde da cidadanía galega
- O conselleiro de Sanidade subliña que a creación desta Cátedra se aliña totalmente cos obxectivos do seu departamento, que pasan pola prevención, a promoción e a protección colectiva da saúde de todos os galegos
- Remarca que esta iniciativa reforza a colaboración entre a administración sanitaria e a universidade
A Xunta e o concello de Ponteareas asinan a cesión da parcela para construír o novo centro de saúde
- O terreo está situado no lugar de Barral e dispón de máis de 5.700 m2
- A construción dun novo centro de saúde en Ponteareas está prevista no Plan de infraestruturas sanitarias de atención primaria de Galicia
Jueves 13 Junio 2024
Gómez Caamaño sinala a redución da burocracia e o incremento de profesionais como as claves para dotar de prestixio a medicina familiar como base do sistema sanitario
- Remarca que a sanidade pública lle debe moito aos médicos de familia e é hora de que a sociedade e as administracións recoñezan o papel esencial destes profesionais
Arias: "Aquí a única que cambia de guión é a alcaldesa que hai 15 días aplaudía o proxecto da Xunta para o barrio do Sagrado Corazón"
- O delegado territorial lembra que a alcaldesa valorou positivamente o plan autonómico na presentación hai quince días, "manifestando que a Administración local non tiña intención de situar alí ningunha dotación máis"
- Apunta que levan tres anos agardando pola superficie necesaria para executar o novo centro de saúde
- A idea presentada pretende mellora a contorna e aproveitar a obra para solucionar os problemas de accesibilidade dos edificios da contorna, resolvendo as necesidades urbanísticas e sociais dos veciños
Gómez Caamaño destaca o ambicioso plan da Xunta para mellorar a saúde da poboación a través de intervencións comunitarias que atendan o contexto social dos pacientes
- O titular de Sanidade apuntou que é preciso avanzar cara a un modelo sanitario que se centre máis nas persoas e no seu contexto social
- Sinala que a Estratexia Galega de Saúde Comunitaria en Atención Primaria 2023-2027 ten como obxectivo influír positivamente nos estilos de vida e nos determinantes sociais da poboación para mellorar a súa saúde
- Remarca que a saúde comunitaria é unha liña de traballo prioritaria para a Consellería e ten entre os seus obxectivos a implantación normalizada de accións comunitarias nos centros de saúde
O Consello de Seguridade Nuclear supervisa en Santiago o avance do Centro de Protonterapia de Galicia, o máis adiantado de España
- Responsables deste organismo coñeceron in situ o progreso das obras, que veñen de acadar un novo fito co inicio das cimentacións
- O Centro de Protonterapia de Galicia é o proxecto máis avanzado dos nove do Sistema Nacional de Saúde e o obxectivo é que estea funcionando en 2026
- A Consellería de Sanidade continuará coa formación do cadro de persoal, a protección radiolóxica, a tramitación de autorizacións e o desenvolvemento dunha plataforma de servizos para a investigación en protonterapia
A Xunta publica a licitación por máis de 38 M€ do contrato de servizo da rede de telecomunicacións da sanidade pública
- A rede de telecomunicacións é un instrumento básico do Servizo Galego de Saúde que contribúe á simplificación do traballo dos profesionais
- Este servizo permitiu o pasado ano dispensar 71 millóns de receitas de forma electrónica e tramitar 43 millóns de citas
- O contrato para os vindeiros 3 anos dará servizo a 642 centros, ademais do acceso en mobilidade de ambulancias, hospitalización a domicilio ou unidades móbiles de doazón de sangue
- Crearase un centro de ciberseguridade do Servizo Galego de Saúde que impedirá ou limitará ciberataques e minimizará o impacto en caso de incidente
O Servizo Galego de Saúde publica as puntuacións definitivas e a finalización da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario
- Superaron a fase de oposición o 74% dos aspirantes presentados para o acceso a 51 categorías de persoal estatutario do sistema sanitario público de Galicia
- Ofértanse un total de 1.076 prazas no concurso-oposición para estas categorías de persoal sanitario e non sanitario, que se examinaron nos meses de febreiro e marzo
O Conselleiro de Sanidade destaca que a doazón de sangue medra este ano en Galicia, que foi a 5ª comunidade máis doadora en 2023
- Destaca que no que vai de ano se seguen a incrementar os rexistros, con case 45.000 doazóns ata maio, un 1,5% máis que no mesmo período de 2023
- Lembra que cada día se precisan entre 400 e 500 doazóns
- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desenvolve unha iniciativa especial co gallo do programa de captación de doantes en período estival en máis de 20 concellos galegos, co obxectivo de incentivar a participación da cidadanía
- O 14 de xuño conmemórase o Día Mundial do Doante de Sangue, unha data na que se pon en valor o altruísmo e solidariedade dos doantes
- En Galicia, desde 1993, ano no que se iniciou a campaña de captación de doantes de sangue en unidades móbiles, téñense recollido preto de 3.300.000 doazóns
- Na xornada previa ao Día Mundial do Doante de sangue, e como xeito de salientar o labor dos doantes, esta noite iluminaranse en vermello distintos edificios e monumentos das cidades galegas
Miércoles 12 Junio 2024
A Xunta colabora co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra nas súas políticas de control das infeccións de transmisión sexual
- A Consellería de Sanidade aumenta a detección precoz por medio de programas de cribado con probas de VIH nos servizos de urxencias ou en zonas de ocio nocturno
Rueda destaca o papel das mutuas como "complemento imprescindible" para acadar unha Galicia máis sa e competitiva
- Avoga por intensificar o seu papel para darlles "máis intervención", sempre dentro da normativa
- A Xunta está a traballar da man da Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo (AMAT) para optimizar a atención nas incapacidades temporais causadas por patoloxías osteorarticulares
A Xunta aposta por un sistema de financiamento baseado na suficiencia e na igualdade e pide "unha posición de país" na defensa dos intereses de Galicia
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública respondeu no Parlamento a unha interpelación sobre a posición de Galicia no Sistema de Financiamento Autonómico
- Destacou que os recursos globais do novo modelo deben estar correlacionados co peso do gasto público das CCAA, que xestionan a sanidade, a educación e os servizos sociais
- Miguel Corgos insistiu en que a revisión do modelo debe abordarse nunha negociación multilateral, co máximo consenso posible e reivindica a Galicia como voz autorizada para pedir un novo modelo de financiamento
O conselleiro de Sanidade sinala que neste mes de xuño quedarán rematadas as obras de mellora realizadas na zona de partos do hospital de Ourense
- Sinala que esta mesma tarde se comezará a trasladar o equipamento e mobiliario cara a esa zona co obxectivo de que, a finais desta mesma semana, estea de novo en funcionamento
- Explica que as intervencións se estenderon un pouco máis do agardado posto que foi necesario realizar outra actuación adicional para a instalación de gases medicinais, que precisan duns estritos trámites legais de seguridade
- A reordenación dos circuítos asistenciais e a habilitación e posta en marcha de novos espazos foi realizada de xeito dialogado co persoal que traballa na unidade
A Xunta reúne por primeira vez a expertos internacionais nunhas xornadas sobre o control e diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR)
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, participaron na inauguración do evento
- Ao longo do día, diferentes expertos a nivel autonómico, nacional e europeo ofreceron información arredor das ferramentas regulamentarias e técnicas que se empregan para o seguimento e loita contra a enfermidade
- Mañá continuarán as xornadas e poñerán o foco no programa oficial de control de Bélxica e o uso das vacinas nos plans de erradicación da IBR
Martes 11 Junio 2024
Rueda destaca as políticas de retorno coma unha ferramenta para aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo e afrontar o reto demográfico
- Resalta o éxito da Estratexia Galicia Retorna, dotada de 450 M€, que logrou que a comunidade gañe habitantes nos últimos anos
- Case 2.000 mozas e mozos galegos do exterior regresaron a Galicia para estudar un máster ou un ciclo de FP
- Ademais das bolsas para formarse inclúense medidas para fomentar o emprendemento, axudas económicas ou unha rede de centros de asesoramento
Galicia pide que as Comunidades Autónomas participen no deseño dos mecanismos de coordinación e seguimento do novo marco fiscal en España
- A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIREF) reúne en Madrid a representantes do ámbito autonómico para analizar as implicacións do novo marco fiscal nas CC.AA.
- A interventora xeral da consellería de Facenda e Administración Pública, Almudena Chacón, participou nunha das mesas redondas
O conselleiro de Sanidade destaca o investimento de 445.000 euros na reforma do centro de saúde de Salvaterra de Miño como mostra do compromiso da Xunta coa atención primaria
- A Consellería de Sanidade atenderá a demanda da alcaldesa de avaliar a posibilidade de ampliación do equipamento
- Destaca os traballos xa realizados para a mellora da súa accesibilidade e funcionalidade, así como da eficiencia enerxética
- Considera necesario facer máis atractivo o traballo nos centros de saúde e, a tal efecto, sinala que xa se traballa nun plan para desburocratizar a atención primaria
- Remarca que nos vindeiros días se presentará a planificación completa dos recursos humanos no verán, para dispoñer dunha organización máis eficiente ante a inacción do Goberno de España
Martina Aneiros reitera o respaldo da Xunta no ámbito das súas competencias no caso da proliferación de moscas en Narón
- Narón (A Coruña), 11 de xuño de 2024
- A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou está mañá na comisión de seguimento da situación producida pola proliferación de moscas na parroquia de O Val, en Narón, convocada polo Concello e presidida pola alcaldesa da localidade, Marián Ferreiro.
- Durante o encontro, que serviu para revisar a situación actual desta problemática que se repite cada ano desde 2020 coa chegada da época estival e a subida das temperaturas, a delegada territorial reiterou a colaboración do Goberno galego en aqueles ámbitos que sexan de competencia autonómica.
- Na reunión participaron ademais técnicos municipais e da Consellería de Sanidade, representantes da corporación e membros da AVV Irmandiños do Val.
A delegación da Xunta en Vigo incorpora a 16 novos funcionarios en Política Social, Emprego, Mar e Sanidade
- A delegada territorial, Ana Ortiz, deu este martes a benvida aos traballadores dos grupos C1 e C2 que reforzan a estrutura do Goberno galego na cidade
O Servizo Galego de Saúde e Roche Farma colaboran na realización de proxectos no eido da medicina personalizada para mellorar a atención sanitaria
- Para a materialización destes proxectos e actividades asinaranse acordos específicos nos que se recollerá o plan de traballo, os aspectos técnicos, os destinatarios e a súa vixencia e temporalidade
- A Consellería de Sanidade organizará e dirixirá cada unha das actividades obxecto deste acordo marco
A Xunta publica a licitación da dixitalización da documentación clínica da área sanitaria da Coruña e Cee por 4,5 M€
- Calcúlase que o número de historias clínicas que se dixitalizarán será de ao redor de 90.000 nos catro anos de duración do contrato
- O prazo de recepción de ofertas finaliza o 16 de xullo
- O Servizo Galego de Saúde facilita o acceso á información clínica máis completa aos profesionais sanitarios dos centros que realizan o diagnóstico e tratamento dos pacientes
A Xunta porá en marcha un novidoso Plan de Formación, asesoramento e titorización para o agro, co fin de afianzar o seu futuro e favorecer a remuda xeracional
- María José Gómez trasladou que esta iniciativa irá dirixida a varios colectivos: aos mozos que reciben axudas ou que se están formando para ampliar a súa conexión coa realidade laboral; ás persoas de nova incorporación e aos profesionais en activo
- Enmarcou este plan no eixo a prol dun rural con futuro, que constituirá un dos tres piares do seu traballo á fronte de Medio Rural, xunto co rural produtivo e coidado, por un lado, e o rural como sinónimo de calidade e de innovación, por outro
- Avanzou que o novo Mapa de Usos Agroforestais de Galicia aprobarase neste mesmo ano, no que tamén se activará o Banco de explotacións e se presentará o anteproxecto de Lei de montes veciñais en man común, entre outras actuacións
- Recordou a Lei de recuperación da terra agraria, o Banco de terras e as concentracións e reestruturacións parcelarias, e afirmou que coa suma de todos estes instrumentos estanse mobilizando máis de 100.000 hectáreas de terra
- Anunciou a celebración de sete grandes feiras de promoción dos produtos galegos de calidade diferenciada en cada unha das cidades galegas e a creación dunha central de compras para axudar aos produtores na comercialización
A Xunta avanza nos trámites para a remodelación dos Cantóns por parte do Concello da Coruña
- Remarca que a dimensión deste proxecto que impulsa a Administración local fai posible tramitar con celeridade os informes patrimoniais necesarios para iniciar a actuación
- Fai fincapé na colaboración entre administracións, salientando o recente acordo político entre a Xunta e o Concello da Coruña para definir desde o consenso o futuro da fachada marítima
- Detalla que a Xunta ten en marcha unha primeira actuación, consistente na execución da estrutura flotante do Parrote, cun investimento de case 3M€ e cuxo remate se prevé no 2025
- Pon en valor a aposta da Xunta pola Coruña, con proxectos estratéxicos como o Novo CHUAC, que suporá un orzamento global de máis de 450M€; ou a construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, cun investimento de máis de 11M€
Lunes 10 Junio 2024
A Xunta informatizará as unidades de críticos de todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde para incorporar intelixencia artificial e un sistema de alertas como apoio ás decisións sanitarias
- Contratarase este ano un software de sistema de información integral para a actividade de UCI e unidades de reanimación
- A posta en marcha en cinco áreas sanitarias por un valor estimado de 2,4 M€ completarase entre 2025 e 2026
- Rexistrarase a información da medicación dos pacientes ou a monitorización hemodinámica, respiratoria, neurolóxica, neuromuscular e de temperatura
A Xunta autoriza a contratación dos servizos de cafetería dos hospitais públicos da Coruña para o persoal, os usuarios e familiares dos pacientes
- O contrato é por un período de catro anos, cunha posible prórroga por outro máis
- Para a adxudicación do contrato estableceranse criterios que permitan determinar a mellor oferta, tales como o prezo dos produtos da cafetería
Galicia inicia a vindeira semana o proxecto piloto de cribado de cancro de próstata para mellorar o diagnóstico precoz
- Rueda destaca que vai ser "a primeira autonomía" en poñer en marcha o cribado deste tumor que causa 500 mortes cada ano na comunidade
- Avanza que se iniciará na área sanitaria de Ferrol "co obxectivo de chegar a 12.000 homes de entre 50 e 69 anos"
- A actuación enmárcase nun proxecto europeo no que participan, ademais de Galicia, Cataluña e os países de Irlanda, Polonia e Lituania
- Os participantes serán citados para a extracción dunha mostra de sangue e seguirán o protocolo do programa en función do resultado de antíxeno prostático específico e as demais probas de estratificación do risco
- Galicia consolídase como referente na prevención da saúde cos actuais cribados de cancro de mama, colon e cérvix, xunto ao programa piloto de cribado de cancro de pulmón que está en marcha na área sanitaria da Coruña e Cee
A Xunta e a Asociación Galega de Musicoterapia seguirán colaborando no desenvolvemento de programas de voluntariado no Hospital Universitario de Ourense
- Promóvese o son e a música con fins terapéuticos
A Estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde, finalista nos Premios Europeos de Sanidade Sustentable
- O Premio Bolmstedt á Innovación, de Health Care Without Harm, recoñece as solucións creativas e novidosas para facer un sistema sanitario máis eficiente e mellor para as persoas e o planeta
- Entre os obxectivos da Estratexia galega está reducir nun 30% as emisións de CO₂ ata 2030 e lograr o obxectivo de cero emisións no 2040
A Xunta licita por 419.000 euros as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, no concello de Moaña
- As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xullo
- O prazo de execución das obras é de 15 meses
O Servizo Galego de Saúde licita a reforma da Unidade de diagnóstico de Aparello Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
- A Xunta destina 382.806 euros a unha actuación que permitirá dotar dunha sala de procesamentos dixestivos avanzada de 81 metros cadrados de superficie
Domingo 9 Junio 2024
A Xunta organiza as xornadas sobre o control e diagnóstico da rinotraquitis infecciosa bovina por primeira vez con carácter internacional
- Terán lugar o mércores 12 e xoves 13 de xuño no Edificio Cinc da Cidade da Cultura
- O programa conta coa presenza de expertos a nivel autonómico, nacional e europeo
1 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Título | Presupuesto total | Admin. Convocante | Departamento | Plazo de solicitud | Fecha de publicación | Beneficiario | Sector económico |
---|---|---|---|---|---|---|---|
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE SANIDADE, O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E A CONFEDERACIÓN GALEGA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE (COGAMI), PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PROGRAMA DE APOIO PARA A RECUPERACIÓN INTEGRAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE OR | 164.000,00 € | Galicia | Servicio gallego de salud (sergas) | 2024-12-31 | 2024-05-27 | Personas jurídicas que no desarrollan actividad económica | Otras actividades sanitarias |
3 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Lunes 3 Junio 2024
Fichero PDF Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios e se establecen requisitos de hixiene na produción e comercialización para determinados establecementos
El fichero pertenece al artículo:Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios e se establecen requisitos de hixiene na produción e comercialización para determinados establecementos
- Términos detectados:
- sanidade
Miércoles 15 Mayo 2024
Fichero PDF Descargar PDF
El fichero pertenece al artículo:RESOLUCIÓN de 13 de mayo de 2024, de la Dirección General de Empleo Público y Administración de Personal, por la que se convoca concurso ordinario para la provisión de puestos de trabajo vacantes de la Administración general de la Comunidad Autónoma de Galicia.
- Términos detectados:
- sanidade
Lunes 11 Marzo 2024
Fichero PDF Descargar PDF
El fichero pertenece al artículo:RESOLUCIÓN de 27 de febrero de 2024, de la Dirección General de la Función Pública, por la que se convoca concurso ordinario para la provisión de puestos de trabajo vacantes de cuerpos y escalas de Administración especial de la Administración general de la Comunidad Autónoma de Galicia, escalas de ingenieros, ingenieros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos y ciencias.
- Términos detectados:
- sanidade