A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde asiste en Polonia a un intercambio de boas prácticas centrado no envellecemento e na medicina personalizada

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, como líder do proxecto, conta coa colaboración e participación de diversos socios europeos para acadar as metas propostas de ata 6 países
Wroclaw (Polonia), 15 de xuño de 2024

Representantes da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), organismo dependente da Consellería de Sanidade, asistiron esta semana en Polonia ao primeiro dos cinco encontros previstos no marco do proxecto Interreg Europe HERCULES para compartir boas prácticas no eido da medicina personalizada centrada no envellecemento activo e saudable.

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, como líder do proxecto, conta coa colaboración e participación de diversos socios europeos para acadar as metas propostas de ata 6 países: Universidade de Twente (Países Baixos), Fondo de Desenvolvemento Rexional de Ática (Grecia), Municipio de Aarhus (Dinamarca), Rexión Västerbotten (Suecia), Rexión Emilia - Romaña (Italia), e Hospital St Jadwiga de Silesia en Trzebnica (Polonia).

En 2019, máis da quinta parte da poboación da Unión Europea tiña 65 anos ou máis, e as proxeccións indican que a porcentaxe de persoas de 80 ou máis anos multiplicaranse por dous. Por outra banda, a crise da covid amosounos a importancia das innovacións que sen dúbida poderán axudar ao ineludible proceso de transformación dos sistemas de saúde nun proceso máis proactivo, preventivo e personalizado.

O proxecto HERCULES, que conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros, pretende desenvolver un plan estratéxico a nivel europeo para o desenvolvemento na contorna sanitaria de solucións que aborden esta temática, baseado nunha análise das vulnerabilidades, recursos e capacidades das rexións implicadas. Buscarase a participación de todos os axentes da quíntupla hélice (cidadanía, autoridades rexionais, empresas, inversores e academia).

No encontro puideron compartir a situación actual en cada unha das rexións participantes no proxecto, as fortalezas e ámbitos de mellora como paso previo para identificar boas prácticas a compartir. O anfitrión, a rexión socia de Wroclaw liderada polo Hospital Saint Jadwiga Slaska e a rexión de Trzebnica, aproveitou o encontro para recorrer e coñecer os plans do citado hospital e rexión autónoma, así como os plans no eido da saúde do Parque Tecnolóxico e do LifeScience HUB da rexión.

Galicia, referente en envellecemento activo e saudable

Galicia é referente europeo pola Comisión Europea no desenvolvemento e adopción de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable dende 2023, logrando en 2019 o máximo galardón de 4 estrelas, e revalidando o máximo resultado na última edición de 2022.

HERCULES continúa a longa traxectoria de proxectos europeos de innovación no eido da saúde. Actualmente, están en marcha, xunto coa iniciativa HERCULES, cinco proxectos europeos cun orzamento que superan os 25 millóns de euros: PROCURE4HEALTH para a creación dunha rede europea de compra pública de innovación en saúde (5 M€); CIRCE para a transferencia e implantación de boas prácticas en atención primaria (12,2 M€); INVEST4HEALTH que procura novos modelos de financiamento para os sistemas sanitarios (5,5 M€); INNOV4LIFE para a creación dun ecosistema transfronteirizo de innovación colaborativa en saúde (2,3 M€); e TRANSFIRESAÚDE cuxo obxectivo é o impulso da integración do ecosistema de I+D+i eurorexional en saúde (2,5 M€).

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 15/06/2024
267808 {"title":"A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde asiste en Polonia a un intercambio de boas prácticas centrado no envellecemento e na medicina personalizada","published_date":"2024-06-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"267808"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-15/267808-axencia-galega-conecemento-saude-asiste-polonia-intercambio-boas-practicas-centrado-envellecemento-e-na-medicina-personalizada https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.