A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue aposta pola mellora no servizo á cidadanía coa licitación dunha nova unidade móbil para a área sanitaria de Lugo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O orzamento de licitación ascende a 500.000 € 
  • Para ofrecer aos doantes as mellores condicións de seguridade e comodidade, no ano 2018 iniciouse a posta ao día da flota dos vehículos
  • Ata o momento renováronse 5 unidades móbiles, cun investimento global de 1.565.362 €

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) publicou, no perfil do contratante da Consellería de Sanidade, a licitación dunha nova unidade móbil que prestará servizo na área sanitaria de Lugo. 

O vehículo, que será a sexta unidade móbil renovada desde o ano 2018 en ADOS, conta cun orzamento de licitación de 500.000€ e forma parte do programa de melloras que a Consellería de Sanidade, por medio da Axencia, está a desenvolver co obxectivo de optimizar a calidade no servizo e atención aos doantes.

Desde a creación da axencia fíxose un importante esforzo económico para renovar e manter axeitadamente o seu parque móbil, incorporándose ata o momento 5 novas Unidades Móbiles, cun investimento total de 1.565.362 € que foron destinadas a Pontevedra,  Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e Ourense.

Autonomía e comodidade

A nova unidade móbil da Axencia terá unhas dimensión de 12,2 metros de lonxitude, 3,45m de altura e estará dividida en tres espazos diferenciados: unha área de recoñecemento médico, unha sala de doazón con capacidade para catro padiolas e unha área de refrixerio. Ademais, disporá de subministro eléctrico autónomo e sistema de climatización, así como a máis moderna tecnoloxía que garanta a máxima seguridade e confort para que a cidadanía poida realizar a súa doazón de sangue.

A Consellería de Sanidade e ADOS salientan a importancia na mellora do parque móbil da Axencia, que xa renovou en menos de 6 anos máis da metade das dez unidades que prestan servizo en Galicia diariamente.  Neste sentido, lembrar que, aproximadamente o 85% das 103.525 doazóns que se recolleron o pasado ano en Galicia, rexistráronse nestes vehículos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
268561 {"title":"A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue aposta pola mellora no servizo á cidadanía coa licitación dunha nova unidade móbil para a área sanitaria de Lugo","published_date":"2024-06-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278531\/20240616+Unidade+m%C3%B3bil+Ados.jpg","id":"268561"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-16/268561-axencia-doazon-organos-e-sangue-aposta-pola-mellora-servizo-cidadania-coa-licitacion-dunha-nova-unidade-mobil-area-sanitaria-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.