Medio Rural impulsará o Banco de Xermoplasma do centro de investigacións agrarias de Mabegondo para consolidar a súa posición de referencia

  • Así o trasladou hoxe o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento
  • O director adiantou que grazas a estas actuacións poderá mellorarse a posta a disposición "a servizo do sector, agricultores, gandeiros e sociedade dun patrimonio xenético autóctono de valor incalculable para Galicia"
  • De cara ao futuro seguirase afondando na mellora integral deste centro, tal e como está establecido no contrato de xestión vixente, que contempla unha liña de investigación para Conservación e mellora de recursos Fitoxenéticos Agrarios

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

A Consellería do Medio Rural afondará na mellora das infraestruturas do Banco de Xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) para seguir consolidando a súa posición de referencia no sector. Así o trasladou hoxe o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento.

Durante a súa intervención, o director puxo de relevo a valoración positiva sobre o actual estado do Banco de Xermoplasma, posto en marcha pola Xunta de Galicia para proporcionar infraestruturas e equipamentos acordes á importancia do material xenético albergado. Neste sentido, salientou que no 2023 finalizou unha importante renovación das instalacións deste centro por un montante total de 2,5 millóns de euros.

Martín Alemparte adiantou que, grazas a estas actuacións finalizadas e as futuras, o Banco de Xermoplasma "estará en disposición de realizar todas as labores de I+D+i necesarias, dando cobertura plena a todas as potencialidades implicadas e poñendo a servizo do sector, agricultores, gandeiros e sociedade un patrimonio xenético autóctono de valor incalculable para Galicia".

Avanzou tamén que de cara ao futuro se seguirá afondando na mellora integral deste centro, tal e como está establecido no contrato de xestión vixente, que contempla unha liña de investigación para Conservación e mellora de recursos Fitoxenéticos Agrarios. Esta área incidirá no mantemento dos cinco grupos de especies principais conservadas no Banco de Xermoplasma do CIAM: hortícolas, froiteiras, cereais de inverno, cultivos pratenses e millo.

As novas instalacións permitirán acometer novas prospeccións futuras no novo contrato de xestión da Agacal que incrementen a variabilidade xenética, coa incorporación de novas accesións e mesmo a incorporación de novas especies de interese agrario. O director avanzou que as infraestruturas habilitarán espazos para a multiplicación de cultivos, co fin de satisfacer as necesidades do sector e responder á demanda de semente de variedades rexistradas.

Novas producións alternativas e sanidade vexetal

Abordarase tamén a mellora xenética e as cualidades xenéticas de ditas variedades para optimizar cuestións como a súa resistencia ante pragas ou acadar unha maior conservabilidade para o transporte. Ademais, Alemparte destacou que entre as liñas de traballo da Consellería estarían esas producións alternativas, como os cogomelos, as plantas medicinais ou ornamentais; os cultivos hidropónicos, a multiplicación e conservación in vitro.

Neste sentido, afondarase tamén na fitopatoloxía e a sanidade vexetal en todas as especias agrarias do Banco de Xermoplasma que, como indicou o director, é "unha oportunidade para afrontar dende a I+D+i". A maiores, tratarase a entomoloxía e a trazabilidade, así como a transferencia e a divulgación, para poñer a disposición do sector as variedades e ecotipos con posible valor comercial e produtivo e garantir a aposta polas producións locais e concienciar aos consumidores respecto das vantaxes da economía circular.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
277334 {"title":"Medio Rural impulsará o Banco de Xermoplasma do centro de investigacións agrarias de Mabegondo para consolidar a súa posición de referencia","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"277334"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/277334-medio-rural-impulsara-banco-xermoplasma-do-centro-investigacions-agrarias-mabegondo-consolidar-sua-posicion-referencia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.