O 061 de Galicia atendeu 61 intoxicacións, sete accidentes de tráfico e cinco queimaduras na noite de San Xoán

Imagen del artículo O 061 de Galicia atendeu 61 intoxicacións, sete accidentes de tráfico e cinco queimaduras na noite de San Xoán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

A Estrada (Pontevedra), 24 de xuño de 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na pasada Noite de San Xoán 61 intoxicacións etílicas ou por drogas, sete accidentes de tráfico, con sete persoas implicadas, e cinco queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado foi desde as 21.00 horas, do domingo 23 de xuño, ata as 09.00 horas, do luns 24 de xuño.

A Coruña con 36 intoxicacións etílicas ou por drogas foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida da Pontevedra con 18, Lugo con cinco e Ourense con dúas persoas atendidas. 35 persoas foron atendidas no punto e non requiriron traslado e 26 foron trasladadas a centros sanitarios.

As queimaduras atendidas polo 061 na Noite de San Xoán foron cinco. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a catro persoas en Pontevedra e unha persoa na Coruña. Todos os pacientes necesitaron ser trasladados a un centro hospitalario.

No caso dos accidentes de tráfico foron asistidas sete persoas en sete accidentes de tráfico. Pontevedra rexistrou tres accidentes de tráfico; A Coruña e Lugo rexistraron dous accidentes de tráfico respectivamente. Do total de persoas atendidas, cinco foron trasladadas a centros sanitarios e dúas foron asistidas no punto sin necesitar traslado.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284852 {"title":"O 061 de Galicia atendeu 61 intoxicacións, sete accidentes de tráfico e cinco queimaduras na noite de San Xoán","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1038216\/IMG_2460.JPG","id":"284852"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284852-061-galicia-atendeu-61-intoxicacions-sete-accidentes-trafico-e-cinco-queimaduras-na-noite-san-xoan https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.