Gómez Caamaño destaca o papel do Consello de Bioética no equilibrio entre o desenvolvemento científico e tecnolóxico e a humanización da atención sanitaria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Incide en que o Consello terá unha función relevante de cara á incorporación proveitosa e racional de todo o novo que vén, especialmente a intelixencia artificial

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou hoxe o papel do Consello de Bioética de Galicia e a súa importancia á hora de procurar o equilibrio entre o desenvolvemento científico e tecnolóxico e a humanización da atención sanitaria.

Así o subliñou ante os novos membros deste Consello, que hoxe celebraron unha xuntanza no edificio administrativo de San Lázaro, logo da renovación da composición do organismo. Á xuntanza tamén asistiu a secretaria xeral técnica da Consellería, Natalia Lobato.

Gómez Caamaño remarcou a vontade de colaboración e o traballo que está a realizar o Consello en relación a aspectos éticos da nova historia clínica electrónica (IANUS 5), tendo en conta as reflexións dos propios usuarios.

Tamén incidiu en que o Consello de Bioética de Galicia será cada vez máis relevante de cara á incorporación proveitosa e racional de todo o novo que vén ao sistema sanitario, especialmente no tocante ao emprego da intelixencia artificial.

Os novos membros do Consello son José Luis Tasset Carmona, catedrático da Universidade da Coruña da área de Filosofía Moral; Miguel Ángel Martínez Quintanar, licenciado en Filosofía e profesor na ensinanza secundaria; Consuelo Benito Torres, licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en xeriatría e experta en bioética sanitaria pola Universidade Complutense; Luisa Fernanda Peleteiro Pensado, licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en psiquiatría e en bioética aplicada no ámbito clínico; e Sergio Domingo Baamonde Boquete, licenciado en dereito, que exercerá, ademais, as funcións da secretaría.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276707 {"title":"Gómez Caamaño destaca o papel do Consello de Bioética no equilibrio entre o desenvolvemento científico e tecnolóxico e a humanización da atención sanitaria","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/20240619+Consello+Galego+de+Bio%C3%A9tica1.jpg","id":"276707"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276707-gomez-caamano-destaca-papel-do-consello-bioetica-equilibrio-desenvolvemento-cientifico-e-tecnoloxico-e-humanizacion-da-atencion-sanitaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.