A consellería de Sanidade e a USC presentan a Cátedra que estudará o impacto dos factores ambientais na saúde da cidadanía galega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Sanidade subliña que a creación desta Cátedra se aliña totalmente cos obxectivos do seu departamento, que pasan pola prevención, a promoción e a protección colectiva da saúde de todos os galegos
  • Remarca que esta iniciativa reforza a colaboración entre a administración sanitaria e a universidade

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor a creación da Cátedra de Saúde Ambiental, da que destacou que "contribuirá a medir con precisión o impacto crecente dos factores ambientais na saúde pública".

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego interveu no acto de presentación institucional desta Cátedra no Colexio Fonseca, acompañado polo reitor da USC, Antonio López; polo director da Cátedra, Alberto Ruano; e pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

Gómez Caamaño subliñou que a creación desta Cátedra se aliña totalmente cos obxectivos da propia Consellería de Sanidade, "que pasan pola prevención, a promoción e a protección colectiva da saúde da cidadanía galega" e o desenvolvemento de programas nesta materia.

O conselleiro destacou que esta iniciativa reforza a colaboración entre a administración sanitaria e a universidade, "unha viga mestra do edificio da nosa sanidade pública".

Incidiu en que "só desde o coñecemento podemos mellorar o coidado da saúde da cidadanía e iso require fomentar a docencia, a investigación e a difusión dos coñecementos".

O proxecto contribuirá, ademais, a diminuír a carga de enfermidades e identificar novas ameazas que logo se incorporarán aos sistemas de vixilancia de saúde pública.

Actividades da Cátedra

Na súa intervención o conselleiro tamén se referiu ao programa de actividades da Cátedra, que se centrará en buscar activamente novos riscos, factores emerxentes ou contaminantes ambientais que poidan implicar un risco para a saúde, así como a realización de cursos e seminarios que axuden a difundir o coñecemento e a práctica da saúde ambiental.

"Facer todo o posible para que a poboación non enferme é o mellor xeito de manter unha sociedade sa, un campo no que Galicia avanza de xeito decidido, mellorando e ampliando as políticas de saúde pública na nosa comunidade", concluíu.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265108 {"title":"A consellería de Sanidade e a USC presentan a Cátedra que estudará o impacto dos factores ambientais na saúde da cidadanía galega","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/20240614+Conselleiro+Sanidade+C%C3%A1tedra+sa%C3%BAde+ambiental1.jpg","id":"265108"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265108-conselleria-sanidade-e-usc-presentan-catedra-estudara-impacto-dos-factores-ambientais-na-saude-da-cidadania-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.