A ambulancia medicalizada do 061 con base en Sanxenxo prestará asistencia sanitaria desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto

Imagen del artículo A ambulancia medicalizada do 061 con base en Sanxenxo prestará asistencia sanitaria desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Durante o período estival, a poboación dos concellos da zona aumenta debido ao turismo e provoca grandes fluxos de circulación polas estradas que incrementan a sinistralidade viaria
  • A cobertura sanitaria na comarca do Salnés, reforzarase, tamén, cunha ambulancia asistencial de soporte vital básico con base no concello de Vilagarcía de Arousa

 A Estrada (Pontevedra), 28 de xuño de 2024

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como vén sendo habitual, incorpora desde o luns, 1 de xullo, e ata o 31 de agosto unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado con base no concello de Sanxenxo debido ao aumento da poboación flotante na zona durante o verán. 

Durante o período estival, a poboación destes concellos aumenta debido ao turismo e provoca a existencia de grandes fluxos de circulación polas estradas que incrementan a sinistralidade por accidentes de tráfico. Ao tempo, o aumento poboacional na zona supón un incremento da atención ás urxencias e ás emerxencias sanitarias extrahospitalarias por causas como alteracións da consciencia, convulsións e problemas respiratorios, entre outros.

Así, o 061 de Galicia contará durante as 24 horas, nos meses de verán, cunha  ambulancia asistencial de soporte vital avanzado no centro de saúde de Baltar, situado entre as localidades de Sanxenxo e Portonovo, que dará cobertura sanitaria aos concellos de Sanxenxo, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Ribadumia. O equipamento deste recurso permite prestar asistencia médica in situ a pacientes de extrema gravidade e asistilos durante o traslado ao centro hospitalario. 

Ambulancia de SVB en Vilagarcía

Ademais, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforzarase, tamén, a cobertura sanitaria na comarca do Salnés cunha ambulancia asistencial de soporte vital básico con base no concello de Vilagarcía de Arousa. Este recurso sanitario, para a atención ás urxencias e ás emerxencias fóra do ámbito hospitalario, prestará asistencia sanitaria desde o día 1 de xullo e ata o 31 de agosto.

A ambulancia asistencial de soporte vital básico con en Vilagarcía de Arousa, conta cunha dotación de dous técnicos en emerxencias sanitarias,  e, como o resto de unidades asistenciais da Rede de transporte sanitario urxente do 061, está dotada cun desfibrilador externo semiautomático (DESA).

Cómpre lembrar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o servizo de referencia para a  atención ás urxencias e ás emerxencias fóra do ámbito hospitalario, que garante a resposta precisa ás necesidades de consulta e á asistencia sanitaria urxente en calquera punto de Galicia ás 24 horas os 365 días do ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
293101 {"title":"A ambulancia medicalizada do 061 con base en Sanxenxo prestará asistencia sanitaria desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto","published_date":"2024-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"293101"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-28/293101-ambulancia-medicalizada-do-061-base-sanxenxo-prestara-asistencia-sanitaria-1-xullo-ata-31-agosto https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.