O conselleiro de Sanidade avanza que o 80% dos médicos residentes de 4º curso manifestan a súa disposición de colaborar na atención sanitaria neste verán

  • Remarca que o Executivo galego vén de aprobar o plan para a cobertura de persoal médico no verán para, deste xeito, garantir unha asistencia sanitaria de calidade
  • Galicia ten un sistema sanitario sólido, con máis orzamento e con máis persoal contratado que nunca, e conta con ferramentas para activar os reforzos necesarios na época estival alí onde sexan precisos
  • Reitera a necesidade de que o Ministerio de Sanidade cumpra os seus deberes, facilitando o marco xurídico para que haxa máis médicos que as comunidades autónomas poidan contratar

Noia (A Coruña), 18 de xuño de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe, no transcurso da súa visita ao centro de saúde de Noia, que o 80% dos médicos residentes de 4º curso, arredor de 100, manifestaron a súa disposición a aceptar a encomenda de funcións para que, de xeito voluntario, incentivado e baixo supervisión, poidan colaborar na atención sanitaria neste verán. 

Como consecuencia desta iniciativa da Xunta, os residentes de cuarto ano poderán cubrir unha ou varias das seguintes funcións: atención de consulta ordinaria; prolongacións de xornada para a cobertura de ausencias por riba do seu horario ordinario; realización de gardas nos PAC ou urxencias hospitalarias.

O conselleiro de Sanidade subliñou que esta medida encaixa plenamente no propio plan de formación dos médicos residentes e, ademais, está avalada polo Ministerio de Sanidade.

Gómez Caamaño remarcou que o Executivo galego aprobou onte o seu plan para a cobertura de persoal médico no verán para, deste xeito, garantir unha asistencia sanitaria de calidade á cidadanía galega no período estival.

Ante a inacción do Goberno central por arranxar o problema de falta de médicos de familia que afecta a toda España, o conselleiro detallou que a Xunta elaborou unha planificación concreta con medidas ordinarias e extraordinarias, ás que vai destinar máis 12,5 millóns de euros e que van permitir actuar de xeito áxil e flexible en función das necesidades.

Entre esas medidas extraordinarias está a encomenda de funcións ao persoal residente en formación, da que o 80 % amósase receptivo a colaborar, á que hai que engadir a bolsa de voluntarios para reforzar os PAC; o programa especial de apoio do persoal do 061; e, ademais, a oferta de mobilidade temporal e voluntaria a centros que precisen reforzos.

Sistema sanitario sólido

Galicia ten un sistema sanitario sólido, con máis orzamento e con máis persoal contratado ca nunca, e conta con ferramentas para activar os reforzos necesarios nas épocas que se precisen, como é a estival.

Na súa intervención, o conselleiro tamén puxo en valor que a comunidade galega vén de presentar a súa  oferta de formación sanitaria especializada, cun total de 657 prazas, o que supón o maior número da historia de Galicia.

Xunto ao anterior, o conselleiro volveu reiterar ao Ministerio que cumpra cos seus deberes e que facilite o marco xurídico para que haxa máis médicos que as comunidades autónomas poidan contratar, posto que esa é a súa responsabilidade. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274484 {"title":"O conselleiro de Sanidade avanza que o 80% dos médicos residentes de 4º curso manifestan a súa disposición de colaborar na atención sanitaria neste verán","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"274484"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274484-conselleiro-sanidade-avanza-80-dos-medicos-residentes-4-curso-manifestan-sua-disposicion-colaborar-na-atencion-sanitaria-neste-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.