Todas las noticias de c. do medio rural; en Galicia en los últimos 30 días
153 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Miércoles 26 Junio 2024
Medio Rural favorece a adquisición de maquinaria en común con máis de 4 millóns de euros
- A titular da Consellería explicou que os principais obxectivos destas achegas son promover o uso da maquinaria en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego, así como mellorar en seguridade e aforro enerxético
- Puxo en valor a traxectoria de case 40 anos desta cooperativa e a súa decidida aposta pola xestión eficiente dos recursos e pola innovación
A Xunta valora o papel dos grupos de desenvolvemento rural e demostra o apoio a estas entidades cun incremento dos seus fondos en preto de 4 M€ este ano
- Así o reafirmou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, na presentación da ferramenta web aldeasvivas.gal, promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias e o GDR Montes e Vales Orientais
- Subliñou, neste sentido, que precisamente hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia a ampliación en case 4 millóns de euros do crédito destinado pola Consellería do Medio Rural a estas entidades para a anualidade 2024
A Xunta reforza na Coruña a coordinación policial para a vixilancia e control da actividade incendiaria na tempada de alto risco
- A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os incendios forestais
Martes 25 Junio 2024
A Xunta destina máis de 300.000 euros ás axudas para o control da calidade de produtos agroalimentarios
- A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución destas achegas, que benefician os consellos reguladores das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) e das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP), así como ao da produción ecolóxica de Galicia
- As axudas convocadas promoven programas e actuacións relacionados coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe da produción agroalimentaria galega
A Xunta, o Goberno central e a administración local reúnense para deseñar actuacións conxuntas en materia de prevención e loita contra os lumes forestais en 'Situación 2'
Ourense, 25 de xuño de 2024 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presidiu esta mañá a Reunión de Coordinación Provincial en Incendios Forestais de Ourense; reunión que se celebra todos os anos antes do comezo da campaña de alto risco, co obxectivo de deseñar actuacións conxuntas entre a Xunta, o Goberno central e a Administración local en materia de prevención e loita contra os lumes forestais en 'Situación 2 '. ...
Sábado 22 Junio 2024
Medio Rural enxalza a importancia da conservación e promoción da Rubia Galega na Poxa de gando vacún selecto do Corgo
- A conselleira María José Gómez asistiu á 101 edición deste certame, onde valorou o compromiso do seu departamento co futuro da gandaría galega, tanto de leite como de carne, fomentando especialmente as razas autóctonas da nosa comunidade
Viernes 21 Junio 2024
Manuel Pardo enxalza a excelencia dos nosos produtos alimentarios de proximidade e o bo facer dos produtores locais
- O delegado territorial referiuse á Lei da calidade alimentaria de Galicia que reafirma a aposta da Xunta pola sustentabilidade e a trazabilidade das producións primarias da nosa comunidade
- A xornada desenvolverase na casa da cultura de Xinzo de Limia o venres 28 de xuño ás 17,30 horas e o 29 de xuño ás 10,00 horas
- Organizada polo concello de Xinzo de Limia e a Asociación Ourensividad, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense
- Participarán relatores de talla internacional expertos en lonxevidade e hábitos saudables
Jueves 20 Junio 2024
Medio Rural aposta pola formación e a remuda xeracional no agro coa oferta de máis prazas e novos ciclos de FP dual nos seus centros específicos
- A Consellería seguirá promovendo axudas de incorporación ao campo e iniciativas novas como o Banco de Explotacións ou o Plan de formación, asesoramento e titorización recentemente anunciado
- Gómez salientou a importancia de orientar os coñecementos teóricos e prácticos en base ás necesidades reais do sector
O Comité de Seguimento do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia constata o seu alto grao de execución
Curtis (A Coruña), 20 de xuño de 2024 O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, presidiu hoxe o 39º Comité de Seguimento PDR 2014-2022, que se reuniu na localidade coruñesa de Curtis. Nesta xuntanza avaliouse a marcha do PDR galego, que acada xa unha execución financeira de máis do 83% do seu importe total. Isto significa que xa se executaron por parte da Xunta máis de 1.300 millóns de euros ao abeiro dest...
A Xunta destina máis de 400.000 euros ás axudas a investimentos en materia de bioseguridade para o transporte de gando vivo
- O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras destas achegas, que poderán beneficiar a titulares e propietarios de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada
- Tamén poderán solicitar estas subvencións aquelas persoas que se comprometan a construír un novo centro de limpeza e desinfección
- O seu obxectivo é modernizar estes centros e que haxa o número suficiente para evitar a transmisión de enfermidades polo uso de vehículos sen limpeza axeitada
- O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a partir de hoxe
Miércoles 19 Junio 2024
Medio Rural impulsará o Banco de Xermoplasma do centro de investigacións agrarias de Mabegondo para consolidar a súa posición de referencia
- Así o trasladou hoxe o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento
- O director adiantou que grazas a estas actuacións poderá mellorarse a posta a disposición "a servizo do sector, agricultores, gandeiros e sociedade dun patrimonio xenético autóctono de valor incalculable para Galicia"
- De cara ao futuro seguirase afondando na mellora integral deste centro, tal e como está establecido no contrato de xestión vixente, que contempla unha liña de investigación para Conservación e mellora de recursos Fitoxenéticos Agrarios
A Xunta destaca que o programa de desenvolvemento rural de Galicia acada xa unha execución financeira de máis do 83 % do seu importe total
- María José Gómez avanzou que precisamente mañá terá lugar en Curtis a reunión do comité de seguimento do PDR de Galicia, que -salientou- está supoñendo, en conxunto, a mobilización duns 1.600 millóns de euros de gasto público total na nosa comunidade
- Subliñou tamén que o grao de aplicación do PDR galego supera en seis puntos a media nacional, que se sitúa no 77,2 %
- Remarcou que o programa supón unha aposta por fomentar a competitividade da agricultura en Galicia, así como por conservar e revalorizar o seu patrimonio natural e por mellorar a calidade de vida da poboación rural
A Xunta informa da obriga de aplicar tratamentos insecticidas para a loita contra o vector da flavescencia dourada da vide nas comarcas de Celanova e O Ribeiro
- A Consellería do Medio Rural emitiu un aviso fitosanitario sobre a obriga de realizar tratamentos insecticidas e ofrece información na súa páxina web sobre a listaxe das materias activas e formulados autorizados
- Esta doenza transmítese polo insecto vector Scaphoideus titanus
Medio Rural destina máis de 4 M€ en axudas para a adquisición de maquinaria agrícola en común
- Con estas subvencións, cuxa convocatoria se publica hoxe en DOG, a Xunta de Galicia potencia o asociacionismo e a mellora da eficiencia tecnolóxica e económica das explotacións agrarias
- A Consellería do Medio Rural convocou estas axudas en oito ocasións no marco do PDR 2014-2020 cunha achega total de 28,22 M€
Martes 18 Junio 2024
A Consellería do Medio Rural promove o emprego das tic na gandaría ecolóxica a través da aplicación Tractus
- Balseiros mencionou a importancia da tecnoloxía para facilitar o traballo dos gandeiros e, ao mesmo tempo, mellorar a eficiencia das explotacións
- Esta iniciativa ten o obxectivo de facilitar o acceso, manexo, intercambio e procesamento de información das explotacións
- O proxecto está coordinado por Agronovo e conta coa cooperación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, o Craega e a Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia
O DOG publica a resolución das axudas, por un importe próximo aos 12 M€, a produtores da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega
- O número de animais subvencionados foi de 82.787 e o 62% deles corresponden a Ternera Gallega Suprema, con 200€ por cada un; o resto foi destinado a Ternera Gallega, cun importe unitario por exemplar de 36€
Lunes 17 Junio 2024
A Xunta porá en marcha unha planta piloto de xestión de xurros no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
- María José Gómez explicou que esta instalación estará orientada cara a investigación e tratará residuos tanto de vacún como de porcino
- Subliñou que esta planta terá como obxectivo final transferir os resultados da investigación aos produtores, co fin de axudar no tratamento sustentable deste recurso
A Xunta declara un novo foco de enfermidade hemorráxica epizoótica nunha explotación bovina da comarca veterinaria de Verín
- As principais medidas de prevención para esta enfermidade consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade
- Trátase dunha doenza vírica que afecta ao gando bovino, pero que non se transmite ás persoas, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal destes animais
- Cómpre sinalar que, polo de agora, non existe vacina nin tratamento curativo específico fronte ao virus da EHE, dúas cuestións solicitadas pola Xunta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Belén do Campo participa no reparto de froitas do Fondo Galego de Garantía Agraria no Banco de Alimentos Rías Altas para repartir entre entidades benéficas da Coruña e Santiago
- A delegada explicou que nesta quenda distribuiranse 12.000 quilos de paraguaia, platerina e melocotón procedentes da rexión de Murcia e 3.600 quilos de nectarina procedentes do Goberno de Navarra
Sábado 15 Junio 2024
Medio Rural enxalza a importancia do distintivo Artesanía Alimentaria, que xa aúna a 103 empresas e 116 produtores
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, fixo hoxe entrega da Carta Artesá á empresa Lenatt Food, que elabora cremas artesanais de froitos secos
- Gómez explicou que este recoñecemento protexe "a calidade alimentaria", coa que se procura promover e velar polas producións e elaboracións "que definen a nosa cultura agroalimentaria"
- Afirmou tamén que esta é unha das prioridades do Goberno autonómico de cara a esta nova lexislatura, cun apoio que se materializará coa creación do Consello Alimentario de Galicia e o Consello Galego da Artesanía Alimentaria ou coa posta en marcha dunha central de compras
Viernes 14 Junio 2024
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, recibe a medalla de mérito da Agafac no XII Foro Galis
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024 O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu esta mañá ao XII Foro Galis, onde recibiu a medalla de mérito da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac). Durante a súa intervención, agradeceu ter sido recoñecido con este galardón e afirmou que a Xunta de Galicia seguirá apostando polo sector primario galego, que consti...
A Xunta reafirma a súa aposta pola calidade, a innovación e a remuda xeracional no rural e pon como exemplo destes valores a granxa Campomayor
- María José Gómez puxo en valor que esta empresa é o principal produtor de ovos de galiña en gaiola de Galicia
- Subliñou ademais que lle dá valor engadido a un produto básico na alimentación e, polo tanto, "fai que Galicia medre e se consolide como unha potencia alimentaria innovadora, sen perder de vista a calidade dos nosos produtos"
María José Gómez destaca as olimpíadas rurais de Friol como elemento de dinamización social
- A conselleira do Medio Rural salientou a variedade de actividades e xogos tradicionais que se recuperan nas primeiras Olimpíadas Rurais de Galicia, así como a importancia destas para atraer poboación máis nova ou interesada na celebración á zona en época estival
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa
- Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 6 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales 5 foron de monte arborado e 1 de raso
Jueves 13 Junio 2024
Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa
- O lume iniciouse ás 17,43 horas e, segundo estimacións provisionais, afecta arredor de 1 hectárea dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa
- O lume iniciouse ás 17,43 horas e, segundo estimacións provisionais, afecta arredor de 5 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Miércoles 12 Junio 2024
A Xunta reúne por primeira vez a expertos internacionais nunhas xornadas sobre o control e diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR)
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, participaron na inauguración do evento
- Ao longo do día, diferentes expertos a nivel autonómico, nacional e europeo ofreceron información arredor das ferramentas regulamentarias e técnicas que se empregan para o seguimento e loita contra a enfermidade
- Mañá continuarán as xornadas e poñerán o foco no programa oficial de control de Bélxica e o uso das vacinas nos plans de erradicación da IBR
Martes 11 Junio 2024
A Xunta porá en marcha un novidoso Plan de Formación, asesoramento e titorización para o agro, co fin de afianzar o seu futuro e favorecer a remuda xeracional
- María José Gómez trasladou que esta iniciativa irá dirixida a varios colectivos: aos mozos que reciben axudas ou que se están formando para ampliar a súa conexión coa realidade laboral; ás persoas de nova incorporación e aos profesionais en activo
- Enmarcou este plan no eixo a prol dun rural con futuro, que constituirá un dos tres piares do seu traballo á fronte de Medio Rural, xunto co rural produtivo e coidado, por un lado, e o rural como sinónimo de calidade e de innovación, por outro
- Avanzou que o novo Mapa de Usos Agroforestais de Galicia aprobarase neste mesmo ano, no que tamén se activará o Banco de explotacións e se presentará o anteproxecto de Lei de montes veciñais en man común, entre outras actuacións
- Recordou a Lei de recuperación da terra agraria, o Banco de terras e as concentracións e reestruturacións parcelarias, e afirmou que coa suma de todos estes instrumentos estanse mobilizando máis de 100.000 hectáreas de terra
- Anunciou a celebración de sete grandes feiras de promoción dos produtos galegos de calidade diferenciada en cada unha das cidades galegas e a creación dunha central de compras para axudar aos produtores na comercialización
Lunes 10 Junio 2024
Rodeiro mellora os camiños de Vistuíde grazas aos 83.500 euros do Plan Marco da Xunta
- O Plan Marco da Consellería do Medio Rural deixou máis de 600.000 euros na comarca do Deza-Tabeirós
- O delegado territorial destacou a importancia de seguir apostando pola modernización e accesibilidade das zonas rurais
Domingo 9 Junio 2024
A Xunta organiza as xornadas sobre o control e diagnóstico da rinotraquitis infecciosa bovina por primeira vez con carácter internacional
- Terán lugar o mércores 12 e xoves 13 de xuño no Edificio Cinc da Cidade da Cultura
- O programa conta coa presenza de expertos a nivel autonómico, nacional e europeo
Sábado 8 Junio 2024
A conselleira do Medio Rural salienta o altísimo nivel da cabana gandeira galega no marco de Feiradeza
- María José Gómez puxo de relevo o "mimo e coidado" con que tratan os gandeiros galegos as súas reses, que os converte en referentes e exemplo en Europa no que atinxe ao benestar animal
- Valorou a consolidación de Feiradeza como certame de referencia e o programa de actos no que se combina o carácter profesional, con concursos e poxas, e a orientación lúdica, con actividades máis festivas e atractivas para o público en xeral
Medio Rural promove unha xornada de portas abertas no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
- Mostraranse as liñas principais de investigación do centro, así como directrices da Axencia Galega de Calidade Alimentaria no referente á I+D+i
Viernes 7 Junio 2024
A conselleira do Medio Rural ensalza o sector agrogandeiro galego na inauguración das Feiras de Primavera do páramo
- Gómez puxo de relevo o liderado de Galicia como produtora de leite a nivel nacional e europeo, o entorno rural e a gandaría bovina, destacando particularmente a vocación leiteira da comarca de Sarria e do concello de O Páramo
A Xunta destaca o carácter pioneiro dos equipos batracio de prevención de incendios, ideados e desenvolvidos polo persoal propio
- María José Gómez quixo poñer en valor o equipo humano que está detrás de cada unha destas unidades e recoñecer a condición do servizo galego de referente mesmo internacional
- Resaltou a gran utilidade destes 14 vehículos cos que conta o Goberno galego en tarefas preventivas, xa que garanten unha maior eficacia e versatilidade para moverse polo monte
- Puxo de relevo o programa de formación específica sobre o manexo destas unidades, no que participan uns 150 integrantes do servizo autonómico
- Lembrou novidades na actualización do Pladiga, como a incorporación de seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes, a creación de 44 novos puntos de auga ou a entrada en servizo da nova base de medios aéreos de Verín-Oímbra
Jueves 6 Junio 2024
O Centro Pedro Murias da Xunta en Ribadeo abre as súas portas para amosar os seus ciclos de FP dual de aproveitamento do medio natural e agroecoloxía
- A xornada para o público en xeral contou coa participación de Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, á que está adscrito este centro
- Tamén se organizaron unha serie de actividades teórico-prácticas para achegar os visitantes ao mundo forestal e agroecolóxico, así como unha degustación de produtos alimentarios galegos de calidade diferenciada
Miércoles 5 Junio 2024
A consellería do Medio rural destinou preto de 55 M€ desde 2016 para o fomento de 24.500 novas hectáreas de coníferas e frondosas
- Así o sinalou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, en resposta a unha pregunta na Comisión 7ª do Parlamento
- Destacou que as achegas para o fomento da plantación de castiñeiros para froito ou a mellora de soutos tradicionais, dotadas con máis de 1,3 millóns de euros, teñen o prazo de solicitude aberto na convocatoria deste 2024
A Xunta traballa para mellorar a atención sanitaria dos veciños de Folgoso do Courel
- O Courel está catalogado como zona especial de alta montaña, o que implica melloras na atención sanitaria para compensar as dificultades de desprazamento
- As ausencias puntuais do persoal médico de Folgoso do Courel están a ser cubertas co reparto da xornada ou substitucións doutros facultativos da área sanitaria lucense
- Ademais, un equipo de médico e enfermeira garante a atención ás urxencias polas tardes, as fins de semana e os festivos
- Ante calquera incidencia sobrevida, profesionais da central de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 prestarán a atención sanitaria requirida
Martes 4 Junio 2024
A consellería do Medio Rural afonda en vías de colaboración cos concellos de Crecente e Cerdedo-Cotobade
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e a directora de Seaga, Luisa Piñeiro, reuniuse hoxe co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, e co rexedor de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para afondar en vías de colaboración con estas localidades pontevedresas. Nas dúas xuntanza...
Lunes 3 Junio 2024
O Plan Marco da Xunta deixou preto de 260.000 euros nas zonas rurais do Baixo Miño
- O concello de Oia mellorou o camiño de Pedornes grazas a unha achega de máis de 52.000 euros do Plan Marco
- O delegado territorial destacou a importancia de manter unha colaboración estreita cos concellos para coñecer as necesidades reais dos galegos e galegas e poñerlles solución
Domingo 2 Junio 2024
A conselleira do Medio Rural e os criadores de rubia galega afondan na colaboración a prol desta raza
Lugo, 2 de xuño de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana en Lugo con responsables da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, encabezados polo seu presidente, César Dorado. Na xuntanza, na que participou ademais o delegado territorial da Xunta na provincia, Javier Arias, os representantes de Acruga presentaron a entidade á conselleira e avanzouse tamén nas diferentes liñas de colaboració...
Sábado 1 Junio 2024
Medio Rural aposta pola formación do persoal para fortalecer a capacidade do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais
- A Dirección Xeral de Defensa do Monte vén de rematar unha acción formativa dirixida a brigadas de bombeiros forestais centrada no manexo de lume técnico e especializada en lumes de vento
- A formación, que comezou no mes de abril e rematou na última semana de maio, dividiuse en xornadas online enfocadas no manexo do lume técnico en todas as súas variantes e en sesións teórico-prácticas
- Nas instalacións do Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén implementouse un banco de area de grandes dimensións que recrea unha estrutura xeográfica complexa, na que os xeradores de aire replican unha dinámica de vento moi variada a diferentes alturas
Viernes 31 Mayo 2024
Medio Rural reforza a súa colaboración coa Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta a prol do fomento desta especie autóctona
Lugo, 31 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co director técnico da Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), Iván Rodríguez, para ampliar e reforzar a colaboración en materia de fomento desta raza autóctona. A Consellería do Medio Rural, na liña de apoiar a estas entidades que traballan a prol das especies ...
A Xunta pon en valor a puxanza do sector lácteo galego na véspera do Día mundial do leite
- María José Gómez salientou o exemplo desta explotación á hora de apostar pola transformación e xerar valor engadido ao produto
- Subliñou a aposta desta empresa familiar pola remuda na explotación e remarcou que a Xunta fomenta esta renovación xeracional con axudas que permitiron que preto de 5.000 mozos se incorporaran á actividade gandeira, a maior parte deles no lácteo
- En relación coa conmemoración mañá do Día mundial do leite, puxo de relevo que este produto e os seus derivados constitúen un alimento "san, nutritivo e saboroso", en especial, remarcou, "se falamos de leite galego"
A Xunta convoca a XV Edición dos Premios ao desenvolvemento rural cunha dotación total de 80.000 euros para oito categorías
- Publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria e as bases destes galardóns, dirixidos aos proxectos que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada
- As persoas interesadas teñen un mes de prazo para presentar as súas candidaturas con iniciativas que deben estar concluídas con carácter previo a esta publicación no DOG
Jueves 30 Mayo 2024
Medio Rural destina 750.000 euros en axudas para o control do rendemento leiteiro
- As achegas da Consellería do Medio Rural benefician as tres entidades oficialmente recoñecidas pola comunidade autónoma galega para o control do rendemento leiteiro, en concreto as asociacións provinciais Africores da Coruña, Lugo e Pontevedra
- As actividades subvencionables serán as destinadas a comprobar sistematicamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras leiteiras, para a determinación do valor xenético e os méritos ou outras capacidades dos animais
Medio Rural investiu preto de 4 M€ no 2023 para financiar proxectos de innovación no agro galego
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria do pasado ano das axudas para a execución de iniciativas innovadoras dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) da Consellería do Medio Rural
- O obxectivo destas axudas é impulsar a creación e funcionamento destes grupos para contribuír á modernización da agricultura e das zonas rurais, fomentando e poñendo en común o coñecemento, a innovación e a dixitalización
Miércoles 29 Mayo 2024
A Xunta inviste máis de 140.000 euros en mellorar a conectividade do rural da Estrada co núcleo urbano
- Os 140.000 euros de investimento autonómico permitiron asfaltar unha estrada que pasa polos lugares de Sorribas, O Tallo, Vinseiro e Vis de Baixetes
- O Plan Marco 2023-2024 deixou na comarca do Deza-Tabeirós máis de 600.000 euros dos 3,2 millóns que foron investidos no total da provincia de Pontevedra
Martín Alemparte toma posesión como novo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural
- O acto celebrouse esta mañá no complexo administrativo de San Caetano e foi presidido pola conselleira María José Gómez
A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta identifica o presunto autor dun lume en Arteixo
- Tras un traballo de investigación dende que se produce o incendio o pasado 12 de maio, conseguiuse recadar nas primeiras dilixencias probas indiciarias suficientes para poñer ao presunto autor a disposición xudicial
Martes 28 Mayo 2024
A Xunta destaca o labor do dispositivo galego de loita contra os incendios forestais nun encontro transfronteirizo entre España e Portugal
Tui (Pontevedra), 28 de maio de 2024 O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participou hoxe na apertura da segunda xornada do 1º Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil, organizado pola Eurocidade Tui-Valença e o Sindicato Portugués de Axentes Forestais e de Protección Civil, no salón de actos da UNED en Tui. O director xeral resaltou o labor do dispositivo galego de loita contra os incendios forestai...
A Xunta prohibe dende este xoves as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso
- Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste xoves, 30 de maio
Medio Rural reforza a súa colaboración coa asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia a prol do fomento destas razas
- A conselleira do Medio Rural reuniuse con responsables deste colectivo
- Na xuntanza, na que tamén participou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, avaliouse ademais o servizo de matadoiro móbil, que foi precisamente solicitado por esta asociación, entre outros axentes do sector
A Xunta destaca o labor do dispositivo galego de loita contra os incendios forestais nun encontro transfronteirizo entre España e Portugal
Tui (Pontevedra), 28 de maio de 2024 O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participou hoxe na apertura da segunda xornada do 1º Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil, organizado pola Eurocidade Tui-Valença e o Sindicato Portugués de Axentes Forestais e de Protección Civil, no salón de actos da UNED en Tui. O director xeral resaltou o labor do dispositivo galego de loita contra os incendios forestai...
A Xunta prohibe dende este xoves as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso
- Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste xoves, 30 de maio
Medio Rural reforza a súa colaboración coa asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia a prol do fomento destas razas
- A conselleira do Medio Rural reuniuse con responsables deste colectivo
- Na xuntanza, na que tamén participou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, avaliouse ademais o servizo de matadoiro móbil, que foi precisamente solicitado por esta asociación, entre outros axentes do sector
Lunes 27 Mayo 2024
A Xunta demandará ao Ministerio de Facenda axilidade na devolución do IVE pendente a persoal gandeiro
- A conselleira do Medio Rural reuniuse estes días con representantes de Unións Agrarias e da Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), cos que tratou esta cuestión, así como outros temas de interese para o sector
- Estas reunións enmárcanse nos encontros con axentes do sector que está mantendo a titular da Consellería para reforzar as vías de colaboración
A Xunta demandará ao Ministerio de Facenda axilidade na devolución do IVE pendente a persoal gandeiro
- A conselleira do Medio Rural reuniuse estes días con representantes de Unións Agrarias e da Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), cos que tratou esta cuestión, así como outros temas de interese para o sector
- Estas reunións enmárcanse nos encontros con axentes do sector que está mantendo a titular da Consellería para reforzar as vías de colaboración
Domingo 26 Mayo 2024
Medio Rural afianza a súa aposta pola formación para persoal de incendios cun curso de seguridade para bombeiros forestais condutores de motobomba
- As xornadas están organizadas en catro edicións online e 21 sesións prácticas; cada unha delas ten unha duración de 20 horas en modalidade mixta, con 15 horas de teleformación e unha práctica presencial
- Os asistentes recibirán nocións sobre a aspiración e impulsión directa de bomba sen uso da cisterna, así como a aspiración e enchido de balsas
- Abordarán tamén o manexo do Winch, a ferramenta utilizada para manobras de rescate con poleas; a utilización do Dosifor, un retardante forestal; e o manexo do programa Xeocode para motobombas
Sábado 25 Mayo 2024
A Xunta organiza varias actividades dentro da cuarta edición de "Lucus in Vino Veritas"
- A Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural terá un espazo expositivo e promove dúas catas de viños, augardentes e licores premiados nas Catas de Galicia 2023
A conselleira do Medio Rural avanza o impulso ao banco de explotacións nunha reunión co Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana co presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez, e con membros da directiva desta entidade. Na xuntanza abordáronse os avances na iniciativa do banco de explotacións, recollida no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, e que busca favorecer a remuda xeracional no ca...
Viernes 24 Mayo 2024
María José Gómez destaca a calidade do sector agroalimentario galego e compromete o seu impulso dentro e fóra de Galicia
- Resaltou a importancia das empresas de distribución dentro da cadea de valor, ao igual que os produtores e a industria, para achegar aos consumidores os produtos alimentarios
- A maiores, puxo de relevo eidos de referencia en Galicia como son o lácteo, o cárnico e o vitivinícola, fundamentais para o crecemento económico sostible e sinónimo de aposta polo futuro do rural
- Nesta liña, sinalou como exemplo os distintivos Galega 100% ou leite de pastoreo para destacar o labor dos produtores lácteos; ou os 36 selos de calidade diferenciada coa que conta a nosa comunidade
Jueves 23 Mayo 2024
O matadoiro móbil da Consellería do Medio rural, pioneiro en España, mellora a rendibilidade das explotacións e o benestar animal
- Así o valorou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, en resposta a unha pregunta na Comisión 7ª do Parlamento
- Indicou que o matadoiro está sendo moi ben valorado polos usuarios, que destacan a enorme facilidade para solicitar e recibir a prestación e o gran aforro en custos de desprazamento, a mellora no benestar animal e a gran calidade das canais obtidas
A Xunta colabora na celebración do 50 aniversario da Sociedade de caza, pesca e conservación "Río Chamoso" de Castroverde
Lugo, 23 de maio de 2024 A Xunta de Galicia colabora coa Sociedade de caza, pesca e conservación "Río Chamoso", de Castroverde, nos actos de conmemoración do seu 50 aniversario, tal e como puxo hoxe de manifesto o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, nunha reunión con representantes da entidade. A celebración terá lugar o próximo 1 de xuño no Mercado Gandeiro de Castroverde e consistirá nunha comida de confraternidade, con sesió...
O Pladiga 2024 incorpora por primeira vez seis novos vehículos polivalentes, que poden realizar tanto labores preventivas como de extinción
- María José Gómez destacou tamén a creación de ata 44 novos puntos de auga para a recarga de medios de extinción e puxo en valor a entrada en servizo da nova base de medios aéreos transfronteiriza de Verín-Oímbra
- O dispositivo galego estará de novo integrado por máis de 7.000 persoas, contabilizando tanto os profesionais propios da Xunta como os adscritos a outras administracións, apoiados por unha trintena de medios aéreos e 380 motobombas
A Xunta participa nunha nova edición de "Lucus in Vino Veritas", que se celebra o sábado no atrio da Catedral
Lugo, 23 de maio de 2024 A Xunta participa nunha nova edición de Lucus in Vino Veritas, un evento do sector vitivinícola que reunirá 21 adegas este sábado 25 de maio no atrio da Catedral. Os viños da provincia de Lugo terán protagonismo nun espazo expositivo diferenciado para promocionar a súa riqueza e diversidade. O delegado territorial, Javier Arias, asistiu hoxe á presentación, onde destacou que a Axencia Galega da Calidade Alimenta...
Paz Rodríguez Rivera toma posesión como nova directora xeral de desenvolvemento rural e da Agader da consellería do Medio Rural
- O acto celebrouse esta mañá no complexo administrativo de San Caetano e foi presidido pola conselleira María José Gómez
Miércoles 22 Mayo 2024
María José Gómez destaca Xenética Fontao como entidade de referencia en toda España, única na produción de seme sexado bovino
- A conselleira do Medio Rural visitou hoxe a súa sede e puxo en valor o traballo realizado por esta empresa, que permitiu que a xenética galega puidera revalidar o liderado dos últimos anos a nivel nacional, producindo entre 40.000 e 50.000 doses anuais deste tipo de material e situando oito touros no TOP 10 nacional
- Afirmou tamén que na nosa comunidade "somos punteiros no sector lácteo, na xenómica e na xenética animal"
- Gómez coñeceu de preto os avances realizados en materia de investigación, que ao longo de 2024 converterana tamén na primeira e produtora en exclusiva de seme sexado de ovino e cabrún de todo o país
- Este tipo de material reprodutivo constitúese como un factor competitivo para o sector primario de Galicia, especialmente para as vacas frisonas, proporcionándolle autonomía e outorgándolle material xenético a un prezo razoable
Jueves 16 Mayo 2024
A Xunta aproba a modificación do prego de condicións da DO Ribeira Sacra solicitada polo seu Consello Regulador para mellorar este selo de calidade
- A modificación, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), afecta aos valores límite dalgúns parámetros analíticos de determinadas categorías de viños, en particular á acidez total mínima, á acidez volátil máxima e ao contido máximo de sulfuroso
- Estas modificacións procuran adaptar os parámetros analíticos dos viños á situación actual, xa que estes valores tiñan permanecido practicamente inalterados dende a creación desta denominación
Medio Rural pon en valor e reafirma o seu apoio aos certames de gando selecto na presentación de Feiradeza 2024 en Lalín
- O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, destacou neste acto a importancia de citas como esta de Lalín no fomento e promoción do gando bovino selecto na nosa comunidade
- Salientou ademais o seu papel de incentivo para a recría de animais selectos en Galicia e lembrou que a Xunta convoca anualmente axudas destinadas á realización destes certames gandeiros, que no 2023 estiveron dotadas con 200.000 euros
A Xunta reforza a súa colaboración cos representantes do sector forestal galego
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse hoxe con responsables da Federación empresarial de serradoiros e rematantes de madeiras de Galicia, Fearmaga, e da Organización galega de comunidades de montes veciñais en man común
Miércoles 15 Mayo 2024
A Xunta destaca as oportunidades que ofrece aos emprendedores rurais o sector da planta ornamental en Galicia
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou esta mañá na apertura do curso Iniciación ao emprendemento: Produción de plantas ornamentais, que se imparte no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias
- José Luis Cabarcos lembrou que a Xunta está a impulsar unha Estratexia específica para este eido produtivo da planta ornamental, co fin de fomentar a súa expansión e crecemento en Galicia
Martes 14 Mayo 2024
A Xunta aposta pola recuperación das variedades autóctonas de trigo para fomentar a produción de pan galego con selo de calidade
- O director da Axencia Galega da Calidade, José Luis Cabarcos, participou esta mañá nunha mesa redonda enmarcada no programa de actividades con motivo do Día do Pan, organizadas pola Asociación Provincial de Industrias de Panadería e Pastelería de Pontevedra na localidade de Lalín
- Na súa intervención resaltou o traballo que se está a facer desde o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo pola recuperación das variedades de trigo autóctono, das que se está a aumentar a produción e rendemento
- Este tipo de accións benefician ao sector agrario galego, xa que se está incrementando a superficie produtiva e o número de produtores ligado ao trigo
- O director tamén destacou a campaña de promoción que se vai levar a cabo no sector da restauración para dar a coñecer este indicativo entre os consumidores
A conselleira do Medio Rural pon en valor as axudas para o fomento do castiñeiro, con 1,3 M€ para 2023 e 2024, nunha plantación na Pobra do Brollón
- A titular de Medio Rural salientou que o orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación da anterior convocatoria, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
- Sinalou que con esta iniciativa dáse continuidade ao labor desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e máis concretamente á convocatoria de 2023, aprobada por preto de un millón de euros e que permitirá plantar case 20.800 castiñeiros para froito
- Subliñou que Galicia é a principal comunidade autónoma en produción e exportación de castañas de España, absorbendo máis da metade do total nacional
- A actuación na Pobra do Brollón abrangue 7,58 hectáreas e permitiu plantar un total de 758 exemplares de castiñeiro enxertado coa variedade De Parede, cos seus respectivos protectores de planta e a achega de recursos hídricos, por importe de 30.000 euros
Lunes 13 Mayo 2024
O delegado territorial en Pontevedra e Jorge Cubela reúnense para potenciar as vías de colaboración contra os incendios de cara ao verán
- Reguera lembrou a importancia de traballar de forma coordinada na prevención e na extinción dos incendios
- O alcalde de Cerdedo-Cotobade destacou a necesidade de minimizar os riscos
Medio Rural pon en valor a artesanía alimentaria coa celebración dunha xornada formativa para dar a coñecer este selo
- O director da Axencia Galega da Calidade, José Luis Cabarcos, participou esta mañá no peche deste evento, celebrado no Pazo de Quián, no concello coruñés de Boqueixón
- O Goberno autonómico está a desenvolver diferentes accións divulgativas para poñer en valor este distintivo, organizadas co fin de dar a coñecer a importancia do produto artesán como alimento de calidade
- A acción de hoxe celebrouse en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, e estivo especialmente dirixida a aqueles produtores identificados como operadores potenciais
A Xunta concede 220.000 euros a dez asociacións de criadores para o fomento das razas autóctonas galegas
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas axudas, que esgotaron a totalidade do seu crédito
- A finalidade destas achegas é apoiar a creación ou mantemento dos libros xenealóxicos e as actuacións que se deriven do desenvolvemento do programa de cría oficialmente aprobado para a raza
- As subvencións non só teñen beneficios para a biodiversidade, senón que contribúen á preservación do patrimonio cultural de Galicia e ao desenvolvemento económico da comunidade rural galega
A Xunta avanza nos trámites para a posta en marcha da concentración parcelaria de Triabá, no concello lucense de Castro de Rei
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse o venres pasado co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado Teijeiro, para abordar diversos asuntos de interese para este concello lucense, entre eles as concentracións parcelarias. Neste encontro trataron os trámites necesarios para seguir avanzando no proxecto da concentración parcelaria de Triabá, situada na parroquia homónima, as...
Manuel Pardo pon en valor a tradición vitivinícola do Ribeiro
- O delegado territorial salientou que "O Ribeiro posúe uns pilares moi sólidos na súa tradición de elaboración de viños que constitúe, xunto á riqueza natural e histórico - patrimonial, unha das comarcas máis singulares de Galicia"
- Resaltou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas impulsada pola Xunta, "co fin de motivar o consumo dos produtos galegos, e de protección, para poder garantir a digna subsistencia dos sectores primario e vitivinícola"
- Manuel Pardo recalcou "o enoturismo como un turismo dun alto valor engadido e unha potente ferramenta para o desenvolvemento dun tecido socioeconómico moderno, sustentable e con futuro, nunha contorna como é o Ribeiro"
- As xornadas de portas abertas contará cun 'Bus do viño' que sairá desde as principais cidades de Galicia (A Coruña, Santiago, Ourense, Vigo e Pontevedra), o sábado e o domingo, con destino a diferentes puntos do patrimonio histórico e as adegas do Ribeiro, onde se desenvolverán actividades de enoturismo especialmente deseñadas para esta iniciativa
- Están programadas outras actividades como as catas comentadas, visitas a museos, roteiros monumentais, paseos en EcoBarco, e descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño. Destaca o 'Sábado de tapeo', o sábado 18 na Igrexa da Madalena de Ribadavia; o roteiro 'Ribeiro, entre viño e igrexas' o domingo 19 partindo e chegando de Ribadavia ou o Pic-nic entre viñedos, no Pazo de Toubes, o domingo 19
A Xunta declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal da Madanela, no concello ourensán de Monterrei, para mobilizar máis terra agraria
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto desta declaración, que implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para os efectos da aplicación da tramitación de urxencia do procedemento
- No referido á orientación produtiva deste novo polígono, entre as actividades previstas está a gandaría en extensivo, enmarcándose na aposta da Xunta por prever os incendios forestais a través da xestión do territorio
- Dentro da aposta por impulsar estas figuras incluídas na Lei de recuperación da terra agraria, nos últimos catro meses foron declarados un total de oito, ascendendo xa a 34 os polígonos aprobados en Galicia para mobilizar en total máis de 9.500 hectáreas
Domingo 12 Mayo 2024
A Xunta e o concello da Laracha analizan posibles vías de colaboración para a promoción de produtos agroalimentarios
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana co alcalde da Laracha, José Manuel López, e a concelleira de Promoción Económica desta localidade coruñesa, Rocío López, para tratar asuntos de interese para o concello. Esta xuntanza serviu para avaliar posibles vías de colaboración entre ambas institucións no eido da promoción de produtos agroalimentarios, un importante...
A Xunta colabora coa 2ª Feira Agroalimentaria e 34ª Feira do Mel no Ortegal nas que se poñen en valor estes produtos locais
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse esta semana co alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, para analizar vías de colaboración entre ambas institucións. Na xuntanza, abordouse o apoio do Goberno autonómico á celebración da 2ª Feira Agroalimentaria e 34ª Feira do Mel no Ortegal para poñer en valor ...
Sábado 11 Mayo 2024
A Xunta e a Asociación Aspnais de Lugo abordan posibles vías de colaboración para a promoción dos produtos de proximidade do agro galego
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta semana na cidade das murallas as instalacións desta entidade social dedicada á favorecer a integración de persoas con discapacidade intelectual
María José Gómez pon en valor a calidade das producións alimentarias galegas na XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón
Pantón (Lugo), 11 maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Agricultura, Gandaría e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, asistiu este mediodía á XXIX Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebra ao longo desta fin de semana na localidade lucense. Nesta visita, a conselleira puxo en valor este tipo de mostras como ...
Viernes 10 Mayo 2024
A Xunta reforza a súa colaboración co colectivo veterinario a prol do rural galego nunha reunión co Colexio Oficial de profesionais da provincia de Lugo
Lugo, 10 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo este mediodía un encontro co presidente e membros da directiva do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo. A reunión serviu como primeira toma de contacto entre os responsables de Medio Rural e este colectivo...
A Xunta salienta a súa aposta pola recuperación do territorio para dinamizar o rural no encontro de Sober
- A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou esta mañá neste evento, un foro económico centrado no rural galego que comezou onte e que rematará hoxe nesta localidade lucense
- Santé, que participou na mesa redonda sobre Recuperación, desenvolvemento e emprendemento no ámbito rural, salientou algunha das iniciativas que está a levar a cabo a Consellería do Medio Rural neste eido
- Así, destacou os resultados acadados a través do programa Leader executado en colaboración cos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) que están espallados por toda a comunidade autónoma
Jueves 9 Mayo 2024
A Xunta apoia a cuarta edición do Festival Espírito Ribeiro como escaparate de promoción do viño e outros produtos locais
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos. Entre os diversos temas de interese para ambas administracións que abordaron no transcurso do encontro, a titular do Medio Rural avanzou que o Goberno galego colaborará de novo co Festival Espírito Ribeiro, configurado como un escaparate idóneo para a promoción do viño galego e ou...
A Xunta pon en valor no Encontro Económico de Sober o pulo do rural galego como eido clave na creación de riqueza e emprego dentro da nosa comunidade
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou a remuda xeracional, o apoio á industria agroalimentaria e a mobilización de terras como retos de futuro para o agro en xeral e para o sector leiteiro en particular
- O titular de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo de relevo a estratexia do seu departamento para consolidar negocios e emprego de calidade no rural, contribuíndo -ao tempo- a fixar poboación
A Xunta colaborará na organización das Xornadas Micolóxicas e Forestais do concello de Mos
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha reunión coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para afondar nas vías de colaboración con esta localidade pontevedresa. Nesta xuntanza, na que tamén se abordaron outros temas de interese para ambas entidades, María José Gómez adiantou que a Consellería do Medio Rural colaborará co Concello na organización das Xornadas ...
Miércoles 8 Mayo 2024
A Xunta avanza nos trámites para poder construír unha base de unidade operativa de incendios en Lobios
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha reunión coa alcaldesa do concello ourensán de Lobios, María del Carmen Yáñez, para afondar na colaboración con este municipio en materia de prevención de incendios forestais. Nesta xuntanza, a titular do Medio Rural e a alcaldesa abordaron algunhas cuestións relacionadas coa negociación da cesión de espazos e terreos...
Martes 7 Mayo 2024
A Consellería do Medio Rural pedirá ao Ministerio de Agricultura a autorización da destilación de crise para regularizar os excedentes de viño
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, trasladou que a Xunta valora a posibilidade de mellorar as medidas de apoio ao sector existentes e mesmo analizar a viabilidade de novas, en relación coa DO Ribeira Sacra
- Pola súa banda, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, sinalou que a aprobación do Pladiga se fará con total normalidade, dentro dos prazos habituais e sempre antes do inicio da época de alto risco, que coincide co verán
A Xunta aproba a modificación do prego de condicións da IXP Ternera Gallega solicitada polo seu consello regulador para mellorar este selo de calidade
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria pola que se aproba e se dá publicidade a este cambio
- Introdúcense algunhas especificacións en relación coa alimentación e o manexo dos tenreiros nas explotacións que optan por modelos produtivos en extensividade ou semi-intensividade
- Tamén se implementan modificacións relativas a prácticas que favorecen o benestar animal e introdúcese a posibilidade de conxelar a carne sen perder a certificación, no caso de que se destine á exportación fóra da UE, entre outros cambios
A Xunta recoñece o futuro Centro de Día de Cedeira como unha panca de acción para dinamizar a contorna e mellorar a calidade de vida da veciñanza
- A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, realizou unha visita ás obras do centro, un dos 318 proxectos beneficiados pola medida Leader
- Santé e Aneiros puxeron en valor esta iniciativa, que conta cunha axuda de 135.000 €, e que ten como obxectivo favorecer as adecuadas condicións de vida das persoas maiores e os seus familiares
A Xunta aboará nos próximos días o 90% dos ecorréximes da PAC a uns 16.000 beneficiarios galegos
- Malia que aínda non están publicados os importes unitarios das axudas directas por parte do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), o que condiciona a posibilidade de pagar a totalidade destas achegas
- O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) está a tramitar tamén o pago das axudas agroambientais, unha vez que por parte do Fega se habilitou a aplicación informática de xestión para a avaliación dos controis de campo
A Xunta inviste preto de 5 M€ na adquisición de 18 novas motobombas para o persoal de loita contra os incendios forestais
- María José Gómez destacou o compromiso por seguir mellorando e ampliando a dotación de medios do persoal da Consellería co fin último de potenciar o servizo que se lle brinda a todos os galegos e galegas
- Estes novos vehículos distribuiranse entre 15 distritos forestais das catro provincias e ademais realizaranse 36 cursos teórico-prácticos destinados aos bombeiros forestais condutores que manexarán estas motobombas
- Ademais, a conselleira puxo en valor o Plan de prevención de incendios forestais deste ano co que se prevé actuar en máis de 60.000 hectáreas e para o que se destinan 41,1 M€
A Xunta impulsa en Taboada a segunda edición de 'Raizames', un encontro cultural arredor do viño da Ribeira Sacra
- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento
Lunes 6 Mayo 2024
A Xunta destina 3,5 M€ a 190 beneficiarios para previr os danos por incendios ou desastres naturais en montes veciñais e sociedades de fomento forestal
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria destas achegas da Consellería do Medio Rural
- Estas axudas contan con dúas liñas de actuación, unha para o control selectivo do combustible e outra para a construción de puntos de auga
A Xunta apoia a 29ª Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebra esta fin de semana con 10 adegas participantes
- A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación dunha nova edición desta Festa de Interese Turístico de Galicia que enxalza a viticultura da zona
Domingo 5 Mayo 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no acto de entrega de premios da 61ª Feira do Viño do Ribeiro
Ourense, 5 de maio de 2024 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá, na Alameda de Ribadavia, no acto de Entrega de Premios da 61ª Feira do Viño do Ribeiro. ...
A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras de Galicia
- Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras, poderán acceder aos dereitos da axuda básica á renda da reserva nacional
- Esta medida poderá beneficiar aos arrendatarios das 2.469 hectáreas arrendadas ou que se atopan en proceso de concretalo, aos que se suman outras 1.255 que están dispoñibles para aproveitamentos agrícolas ou pecuarios
- O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co dobre obxectivo de evitar o abandono da terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten
Sábado 4 Mayo 2024
A Xunta e o Concello de Ribadeo afondan en vías de colaboración en materia de dinamización do rural e loita contra os incendios forestais
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, mantivo esta semana unha xuntanza co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, para afondar en materia de colaboración entre ambas institucións. Na xuntanza avaliáronse diferentes asuntos de interese para esta localidade lucense. Neste encontro, a conselleira do Medio Rural e o alcalde de ...
Viernes 3 Mayo 2024
A Xunta salienta a súa aposta pola promoción e a recuperación do territorio para poñer en valor o sector vitivinícola galego
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e polo alcalde de Ribadavia, César Fernández, participou na inauguración da 61º edición da Feira do Viño do Ribeiro
- Gómez salientou a importancia de producir viños de "excelente calidade" que poñen en valor as variedades autóctonas que tanto caracterizan á nosa comunidade
- Neste sentido, resaltou o compromiso do Goberno autonómico por "motivar o despegue das comarcas vitivinícolas" cunha "clara aposta que empeza pola recuperación de zonas históricas de viñedo"
Jueves 2 Mayo 2024
A Xunta apoia a IV feira en defensa do gandeiro da montaña, que se celebra o 11 de maio en San Román de Cervantes
- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación das actividades xunto con representantes da asociación organizadora, 'Territorio Verde'
A Xunta reabre dende hoxe as comunicacións para as queimas agrícolas e as solicitudes de autorización para as de restos forestais amoreados
- As persoas interesadas deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras; e no caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono
- Desde hoxe tamén se retoman as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados que, neste caso e como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación
A Xunta promocionará os produtos galegos de calidade na nova edición da Feira anual da Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana coa directiva da Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo (Adislugo), organizadora do evento
- O obxectivo desta cooperación é converter o certame nun referente do noroeste español no ámbito da distribución alimentaria, especialmente na rama da hostalería
Martes 30 Abril 2024
Juan José Cerviño Varela toma posesión como novo director xeral da PAC e do control da cadea alimentaria
- O acto celebrouse esta mañá no complexo administrativo de San Caetano e foi presidido pola conselleira María José Gómez
O Plan Marco 2023-2024 deixou máis de 530.000 € na comarca do Salnés e Ullán
- O delegado territorial visitou os traballos realizados en varios camiños de Meis con cargo ao Plan do ano pasado e anunciou a achega de 58.000 € que permitirá mellorar o acceso ás parcelas agrícolas das parroquias de Armenteira e Meis
- A Xunta investiu máis de 3.277.278,86 M€ nas actuacións do Plan Marco na provincia de Pontevedra
- Reguera lembrou a importancia da colaboración entre institucións
Lunes 29 Abril 2024
Manuel Pardo salienta a personalidade dos viños do Ribeiro
- Na Feira participarán un total de 36 adegas e colleiteiros que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes que se acheguen ata Ribadavia durante os días do evento
- A principal novidade desta edición reside na zona gastronómica, que contará con dous ambientes diferenciados. Por un lado, un restaurante con capacidade para 150 persoas e por outra parte, tamén haberá un espazo denominado 'Zona de Tapeo', que contará cunha pulpeira, cun posto de queixos e cun posto de Coren
- O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Celso Rodríguez Padrón, será o pregoeiro
- O delegado territorial destacou que o viño do Ribeiro posúe unha serie de combinacións de aromas afroitados e florais, dado a emprego na súa elaboración de variedades autóctonas tradicionais como a treixadura, o torrontés, a loureira, o caíño, o brancellao ou o sousón, que lle outorgan unha gran personalidade
- Manuel Pardo subliñou o traballo que ven desenvolvendo a Xunta no eido vitivinícola da comarca, extensivo a todo o sector vitivinícola galego, encamiñado á obtención da máxima calidade
A delegada territorial en Ferrol avalía co xerente do GDR Seitura 22 o estado de execución dos proxectos financiados coas axudas de desenvolvemento rural
Ferrol, 29 de abril de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Seitura 22, Miguel Teixido, co que avaliou o estado de execución dos proxectos financiados cos fondos da medida Leader, cofinanciada pola Unión Europea, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e correspondentes á anualidade 2023-2024. O GR...
A Xunta e a Unidade Militar de Emerxencias reforzan a súa colaboración e coordinación na loita contra os incendios forestais
- Un pelotón de intervención da UME procedente de León estivo nos últimos días en Galicia para intercambiar coñecementos e experiencias con persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Goberno galego
- Os membros das Forzas Armadas participaron en diferentes prácticas e exercicios conxuntos, entre eles na realización de "lume técnico" para unha queima prescrita
Domingo 28 Abril 2024
A Xunta pon en valor a comercialización dos produtos agroalimentarios galegos a través de feiras de proximidade como a de San Xorxe na Estrada
A Estrada (Pontevedra), 28 de abril de 2024 O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado polo alcalde estradense, Gonzalo Louzao, asistiu este mediodía á II Feira multisectorial de produtos agroalimentarios da Estrada, que se celebra no marco da Romaría de San Xorxe de Cereixo. Neste acto, o director xeral salientou a importancia deste tipo de certames como elementos de dinamización d...
A Xunta recoñece como agrupacións forestais de xestión conxunta ás asociacións que xestionan os soutos de Parada de Sil e de Tuxe e Cambela, no Bolo
- Inscribiranse no rexistro de agrupacións forestais de xestión conxunta un total de 194,24 hectáreas de soutos, cun total de 157 persoas socias e 1.097 parcelas catastrais
- Os soutos forman parte do Plan Piloto de Fomento da Xestión Conxunta dos Soutos que ten como obxectivo a recuperación do potencial forestal galego
Sábado 27 Abril 2024
A Xunta pon en valor a promoción da riqueza alimentaria galega na XVII Festa do Cordeiro de Larouco
Larouco (Ourense), 27 de abril de 2024 A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu este mediodía á XVII Festa do Cordeiro, que se celebra na localidade ourensá de Larouco. Neste evento, no que tamén estivo acompañada polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, pola alcaldesa, ...
A Xunta avanza no desenvolvemento de solucións innovadoras para a xestión das comunidades enerxéticas nas aldeas de Galicia
- A licitación foi promovida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a principios de 2024, despois dun proceso de Consulta Pública ao Mercado iniciado en 2021, e forma parte da estratexia de Aldeas Intelixentes financiada polo Goberno autonómico
- O importe licitado é de algo máis de 1 millóns de euros e conta cun un prazo de execución de 18 meses
- As aldeas modelo serán os lugares de experimentación destas propostas, orientadas a mellorar a calidade de vida dos núcleos rurais, axudando a frear o despoboamento, a dinamizar a súa economía e loitar fronte ao cambio climático e os incendios
Viernes 26 Abril 2024
A Xunta colabora nun proxecto de innovación para o fomento das variedades de oliveiras autóctonas galegas
Pontevedra, 26 de abril de 2024 A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, participa nun proxecto de investigación a cargo do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia para o fomento das variedades de oliveiras autóctonas galegas. Hoxe presentouse este proxecto de I+D+i na sede da Misión Biolóxica de Galicia de Pontevedra, coa presenza de representantes da Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño...
Jorge Atán toma posesión como novo secretario xeral técnico de Medio Rural e José Balseiros repite como director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
- O acto celebrouse esta mañá no complexo administrativo de San Caetano e foi presidido pola conselleira María José Gómez
A Xunta completa traballos preventivos nuns 50 quilómetros de pistas e nunhas 10 hectáreas de cortalumes do distrito forestal VIII Terra de Lemos
- Os traballos leváronse a cabo en parroquias dos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón e Sober para seguir mellorando as infraestruturas de prevención fronte o lume
- Ao longo deste ano continuaranse realizando este tipo de tarefas en distintas parroquias dos concellos que forman parte deste distrito, favorecendo así a anticipación aos incendios forestais e facilitar o traballo do servizo
Jueves 25 Abril 2024
A Xunta destaca as ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria como factores clave para a dinamización do rural galego mediante a innovación
- A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou este mediodía en San Xoán de Río na clausura da xornada "Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?", organizada por "Ourense Rural é vida"
- Na súa intervención, fixo especial fincapé nas aldeas modelo e nos seus plans de dinamización como exemplo para impulsar un deseño xeral de rexeneración dos núcleos rurais
- Subliñou que a Xunta impulsa "Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles" como proxecto de compra pública de innovación na procura de solucións tecnolóxicas para mellorar os recursos agrarios e a xeración de actividade económica
A Xunta define o salón Gourmets como "un gran escaparate para demostrar o ben que sabe Galicia"
- María José Gómez indicou que fomentar a participación dos produtores galegos neste tipo de espazos facilita darlle máis visibilidade aos produtos locais, propiciar o seu acceso aos mercados e crear sinerxías entre produtores, cociñeiros e consumidores
- Puxo en valor o apoio do Goberno autonómico a este eido, con iniciativas como a Lei da calidade alimentaria ou un Plan de promoción dotado este ano con 9,5 millóns de euros de investimento
- Así mesmo, referiuse ás campañas de promoción de produtos galegos con selo de calidade diferenciada en medios de comunicación e ás liñas de axudas convocadas dentro dese compromiso da Xunta coa potenciación destas producións
Miércoles 24 Abril 2024
Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas
- O lume afectou unha superficie de 30,59 hectáreas, das cales 29,09 corresponden a monte arborado e as 1,5 restantes a raso
Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño
- O lume afectou unha superficie de 130 hectáreas, das cales 124 corresponden a monte arborado e as 6 restantes a raso
Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas
- Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de 32 hectáreas
A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Guilfrei, en Becerreá, que reordenará 441 hectáreas cun orzamento de 1,3 M€
- Hoxe visitaron a zona representantes da Consellería do Medio Rural e da empresa contratada para elaborar as bases e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria
Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza, parroquia de Parada das Achas
- Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
A Xunta presenta catro traballos de investigación nun encontro nacional sobre viticultura e enoloxía
- A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, participa na 36ª edición Grupo de Traballo de Experimentación en Viticultura e Enoloxía que se celebra en Logroño
- Un total de 50 investigadores de 13 centros de toda España participan nesta xuntanza para abordar diferentes traballos relacionados co sector vitivinícola co obxectivo de potenciar a calidade dos viños nacionais
A Xunta destina 600.000 € para que as organizacións profesionais e asociacións agrarias poidan desenvolver as súas actividades
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
A Xunta amosa a representantes de Portugal os instrumentos de recuperación de terras do concello de Riós, no marco do proxecto europeo "Paisactivo"
- A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe nunha xornada para dar a coñecer a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as ferramentas recollidas nela
- Os participantes, entre os que había representantes de entidades galegas e portuguesas que forman parte do proxecto, visitaron a aldea modelo de Pedrosa e o polígono agroforestal de Pousada, ambos os dous no concello ourensán de Riós
- "Paisactivo" busca aumentar a resiliencia do territorio fronte ao risco de incendios, a través de valorizar e mellorar a xestión sustentable das terras agroforestais á vez que se protexen e dinamizan os asentamentos rurais
A Xunta avanza que os pagos polos ecorréximes da PAC cubrirán en Galicia preto de 23.000 solicitudes cun importe de 15 M€ que se aboará no prazo establecido
- A conselleira do Medio Rural explicou que pediron estas achegas case o 67 % dos solicitantes galegos da PAC e que os pagamentos supoñen arredor do 7 % dos importes totais da Política Agraria Común na nosa comunidade
- Puxo en valor tamén que Galicia xa efectuou o pago do 90 % dos importes en todas as demais liñas de axudas da PAC, así como o 100 % nas dúas medidas de zonas con limitacións naturais, o que supón máis de 146 millóns de euros
- Insistiu en censurar o enfoque dado polo Goberno central a esta cuestión, cunha "ollada posta no sur de España" e sen mirar cara Galicia
Extinguido o incendio forestal do concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi
- O lume iniciouse ás 1,06 horas da madrugada do martes e afectou unha superficie de 32,1 hectáreas, das cales 12 se corresponden a monte arborado e 20,1 a raso
Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño
- Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de 130 hectáreas
Martes 23 Abril 2024
Controlado o incendio forestal do concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi
- O lume iniciouse ás 1,06 horas desta madrugada e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas
Estabilizado o incendio forestal do concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi
- O lume iniciouse ás 1,06 horas desta madrugada e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas
A Xunta salienta a calidade dos produtos galegos no Salón Gourmets de Madrid
Madrid, 24 de abril de 2024 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu esta mañá á 37 edición de Salón Gourmets, que se está a celebrar en Madrid ata este xoves 25 de abril. A Axencia participa neste evento, un dos máis recoñecidos a nivel nacional e internacional no eido gastronómico, cun posto de 490 metros cadrados da man de 36 empresas, acollidas na súa meirande parte por un distintivo de cal...
A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta identifica a presunta autora de varios lumes no concello coruñés de Coristanco
- Tras un traballo de investigación dende que se produciu o primeiro dos incendios o 24 de marzo, conseguiuse recadar nas primeiras dilixencias probas indiciarias suficientes para poñer a suposta persoa autora a disposición xudicial
Activo un incendio forestal no concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi
- O lume iniciouse ás 1,06 horas desta madrugada e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas
Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño
- Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas
Lunes 22 Abril 2024
Activo un incendio forestal no concello coruñés de Rois, parroquia de Herbogo
- Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas
Domingo 21 Abril 2024
Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Cabanas, parroquia de Soaserra
- O lume iniciouse ás 13,03 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións afecta 2,4 hectáreas de superficie dentro do Parque Natural Fragas do Eume
A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta identifica ao presunto autor de varios lumes no concello ourensán de Calvos de Randín
- Tras un traballo de investigación dende que se produce o primeiro dos incendios o 14 de abril, conseguiuse recadar nas primeiras dilixencias probas indiciarias suficientes para poñer ao presunto autor a disposición xudicial
Viernes 19 Abril 2024
A Xunta avalía coa asociación sectorial da Coruña a situación do mercado da madeira na nosa comunidade
Vedra (A Coruña), 19 de abril de 2024 O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, asistiu este mediodía á clausura da asemblea xeral ordinaria da Asociación Provincial de Industrias da 1ª Transformación da Madeira da Coruña (Apralco). Neste acto, o director xeral fixo un repaso á situación xeral do sector forestal dentro e fóra de Galicia e, de maneira particular, á do mercado da madeira na nosa comun...
A Xunta reivindica o valor da orixe dos produtos alimentarios galegos no marco do Galicia Market Place
Vigo, 19 de abril de 2024 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou este mediodía no acto de inauguración do Galicia Market Place, un evento centrado na análise do futuro do campo na nosa comunidade, que organiza o Círculo de Empresarios de Galicia. Na súa intervención, reivindicou a orixe dos produtos alimentarios como un dos seus principais valores engadidos e, nesta liña, puxo de relevo a L...
O DOG publica hoxe a declaración de utilidade pública e interese social de tres novos polígonos agroforestais
- Destes novos polígonos, dous están situados nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e Os Blancos, e o terceiro conta con terreos na Peroxa e tamén no municipio lugués de Carballedo
- O Goberno autonómico mobiliza preto de 9.500 hectáreas a través dos 33 polígonos agroforestais activados en Galicia, dos que 7 foron aprobados nos últimos 4 meses
- A actividade principal de cada un deles será a gandaría en extensivo, dentro da aposta da Xunta por prever incendios forestais a través da xestión e a dinamización socioeconómica do territorio
A Xunta reitera ao Goberno as necesidades do sector agrogandeiro galego nun primeiro encontro bilateral da conselleira do Medio Rural co ministro
- A conselleira trasladou as principais preocupacións dos agricultores e gandeiros galegos sobre asuntos como a necesidade de reducir a burocracia, adaptar a PAC á realidade da nosa comunidade e afondar na sanidade animal
- Lembrou que Galicia é un referente polo magnífico status sanitario da súa cabana gandeira, que cómpre seguir reforzando en especial para loitar contra doenzas como a tuberculose, a lingua azul ou a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE)
- Insistiu, na liña do sinalado polos seus colegas doutras comunidades, en demandar ao ministro Planas que escoite e teña en conta as autonomías nos seus plans para o campo español
- Na Conferencia Sectorial abordouse a necesidade de que o Ministerio concrete canto antes o seu compromiso en materia de sanidade animal, con máis detalle na toma de decisións e máis fondos para as ccaa destinados a previr as enfermidades do gando
Jueves 18 Abril 2024
A Xunta e a Fegamp apostan por seguir avanzando na colaboración institucional para reforzar a loita "planificada e conxunta" fronte á velutina
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, afirmou que a loita contra esta especie "é cousa de todos" e avogou por "seguir potenciando a coordinación entre todos os sectores implicados"
- Durante a xuntanza cun nutrido grupo de rexedores galegos, Gómez agradeceu o labor que veñen desenvolvendo os municipios neste eido e engadiu que facelo de xeito "planificado e metódico entre todos" contribuirá a "gañar eficacia"
- Explicou que se está a levar a cabo un trampeo selectivo, planificado e coordinado a través dun dispositivo no que xa está participando persoal do Seaga, traballadores do Servizo de Prevención e defensa contra os Incendios Forestais ou Protección Civil
- Como mostra da importancia desta cooperación, Gómez lembrou o convenio entre o Goberno autonómico e a Fegamp para a execución do programa galego de vixilancia e control fronte a avespa velutina, coa que se encomenda a Seaga a retirada de niños
- Nesa liña, o vicepresidente primeiro da Fegamp coincidiu no plantexamento de reforzar a coordinación dos esforzos que se están a desenvolver tamén na prevención
- Ante a expansión deste insecto detectada o ano pasado, a Xunta apostou neste 2024 por executar unha nova batería de medidas para combater esta especie
Extinguido o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Pacios
- O lume afectou unha superficie de 65 hectáreas, das cales 50 corresponden a monte raso e as 15 restantes a arborado
A Xunta e produtores traballan na optimización do cultivo da pataca de calidade, con formacións en Coristanco e Xinzo
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá na apertura desta xornada no concello coruñés, enmarcada nas accións formativas organizadas pola Consellería do Medio Rural
- O primeiro destes módulos tivo lugar onte no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia, mentres que o segundo está a celebrarse ao longo do día de hoxe no edificio multiusos da localidade coruñesa de Coristanco
- Ambas as dúas charlas reuniron a máis de 80 produtores, a maioría inscritos na IXP Pataca de Galicia, para formarse na produción deste tubérculo e sobre o regulamento técnico de certificación da pataca de semente
Controlado o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Pacios
- Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas
Miércoles 17 Abril 2024
Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira
- O lume iniciouse ás 18,30 horas de hoxe e afecta unha superficie de 2,5 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Angudes
- O lume afectou unha superficie de 170 hectáreas, das cales 160 corresponden a monte arborado e as 10 restantes a raso
A Xunta aposta pola innovación como panca de mobilización do rural galego
- María José Gómez salientou que o concepto de territorio rural intelixente implica unha aposta polo progreso e por un futuro sustentable, que é o que -sinalou- "estamos empeñados en fomentar dende a Xunta de Galicia"
- Puxo en valor as solucións innovadoras que se están aplicando nas aldeas modelo -especialmente en Ourense-, ao abeiro da Lei de recuperación da terra, para potenciar a xestión da actividade agrogandeira ou implementar un sistema enerxético integral
- Destacou os esforzos do Goberno galego para afrontar o reto demográfico, loitar contra o abandono, propiciar a remuda xeracional nas explotacións, reforzar a prevención e defensa fronte os incendios e fomentar a calidade alimentaria
- Definiu o Centro de Loita Integral contra o Lume de Toén, que acolleu este foro, como un complexo emblemático e "referente" tanto en materia de innovación como de formación fronte o lume
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa
- O lume, que afectou a zona transfronteiriza con Portugal, abrangueu finalmente unha superficie de 23,45 hectáreas de monte raso en territorio español
Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa
- Segundo as últimas estimacións, o lume, que afecta a zona transfronteiriza con Portugal, abrangue unha superficie de arredor de 20 hectáreas en territorio español
Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa
- Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
Martes 16 Abril 2024
Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Angudes
- Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 170 ha
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.