Medio Rural destaca a calidade e excelencia dos viños de Valdeorras na XXVI Cata de Viños
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vilamartín de Valdeorras (Ourense), 27 de xuño de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á Gala de Entrega de Premios da XXVI Cata dos Viños de Valdeorras, un evento que recoñece a excelencia e calidade dos viños amparados por esta denominación de orixe ourensá, cuxos galardóns foron outorgados en función dunha cata oficial realizada previamente.
A Denominación de Orixe Valdeorras conta con 1.200 hectáreas inscritas, 978 viticultores e 41 adegas. En 2024 rexistrouse unha produción de máis de 8,2 millóns de quilos de uva e case 4,9 millóns de litros de viño cualificados, cun valor económico estimado de 41 millóns de euros. Entre os seus viños máis emblemáticos destacan os brancos de godello e os tintos de mencía, referentes da calidade vitivinícola galega.