A Xunta aposta pola formación da rama agraria cun 11 % máis de prazas para o curso 2025/26 nos centros de formación dependentes de Medio Rural

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria compareceu a petición propia para dar conta da oferta formativa impulsada pola Consellería
  • Martín Alemparte afirmou que os Centros de Formación e Experimentación Agraria contribúen de maneira decisiva ao desenvolvemento sostible do rural galego
  • Alemparte respondeu tamén unha pregunta sobre a actividade do CFEA de Becerreá, na que avanzou que o centro formará parte da Rede de espazos de especialización e innovación agraria, anunciada pola conselleira
Imagen del artículo A Xunta aposta pola formación da rama agraria cun 11 % máis de prazas para o curso 2025/26 nos centros de formación dependentes de Medio Rural
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, compareceu esta mañá á petición propia na Comisión 7ª do Parlamento para dar conta da oferta formativa da rama agraria impulsada pola Consellería do Medio Rural. Alemparte expuxo que a Consellería xestiona seis Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) espallados polo territorio galego, que ofertan un total de 406 prazas de novo ingreso para o curso 2025/26, un 11% máis que no período anterior, co obxectivo de dar resposta ao aumento de demanda formativa que se estivo a rexistrar nos últimos anos.

Alemparte afirmou que estes CFEA contribúen de maneira decisiva ao desenvolvemento sostible do rural galego, á mellora da calidade dos produtos agroalimentarios e á consolidación dun sector primario competitivo, innovador e comprometido co territorio. De seguido, o director enumerou as potencialidades que presentan cada un destes centros, que aproveitan ao máximo as oportunidades que lles brindan as localizacións nas que se atopan, o que lles permite especializar a formación.

Detallou a oferta formativa do CFEA de Guísamo, no concello coruñés de Bergondo, que ofrece o ciclo de Grao Superior en Paisaxismo e Medio Rural e o ciclo de Grao Medio en Xardinaría e Floraría, nunha contorna marcada pola influencia da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Resaltou, ademais, que o centro de Guísamo contará no vindeiro ciclo educativo dun novo curso de Especialización en Floraría e Arte Floral, pensada para os estudantes que completaron o ciclo de Xardinería e Floraría co fin de aumentar o seu grao de especialización.

Por outra banda, o CFEA Pedro Murias, na localidade lucense de Ribadeo, oferta os ciclos de Grao Medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e o de Produción Agroecolóxica, aproveitando o gran potencial que presenta a localización das súas instalacións. Cabe lembrar que no curso 2025/26 o centro estreará unha nova residencia con 21 prazas para favorecer a conciliación dos estudantes.

Especialización en gandaría, aproveitamento forestal e xestión da natureza

O centro que recolle a oferta formativa vencellada co sector gandeiro é o CFEA de Sergude, no municipio coruñés de Boqueixón, no que se poden cursar os ciclos de Grao Superior en Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal e os ciclos de Grao Medio en Produción Agropecuaria e Conservación do Medio Natural. Nos últimos anos estes ciclos tiveron unha moi alta demanda, polo que para este curso 2025/26 optouse por incrementar dita oferta, elevando o número de prazas do ciclo superior ata as 66, co obxectivo de responder á demanda formativa.

No eido forestal o centro de referencia é o de Lourizán, situado entre Pontevedra e Marín, que oferta o ciclo de Grao Medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e o ciclo de Grao Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural, aproveitando o enclave histórico e paisaxístico no que se localiza, que conta cunha ampla extensión de terreos destinada á realización de prácticas.

Asemade, Martín Alemparte mencionou os distintos programas formativos levados a cabo no CFEA de Monforte de Lemos. Puxo en valor o Curso de Aptitude Empresarial Agraria que, asegurou, permite a incorporación de traballadores ao mundo agrario, dándolles as ferramentas necesarias para xestionar con éxito explotacións agrarias; ademais de facilitarlles o acceso a axudas específicas e subvencións.

O director lembrou que en todos estes centros levan a cabo accións formativas enmarcadas no Plan de formación para o agro galego, a través do cal se oferta formación continua habilitante e certificados de capacitación esixidos pola normativa para o exercicio da profesión no sector agrario. Así mesmo salientou que os CFEA ofrecen servizos complementarios de residencia e comedor, cun total de 85 prazas de pensión completa e 156 de comedor, para aqueles estudantes que teñan que desprazarse para cursar estes ciclos.

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá "Alta Montaña"

En resposta a unha pregunta sobre a formación impartida no CFEA de Becerreá "Alta Montaña", Alemparte sinalou que a localización deste centro, na comarca dos Ancares, permite aos estudantes experimentar en primeira persoa as condicións de traballo en zonas de montaña. Por este motivo, o CFEA ofrece o ciclo de Grao Superior en Técnico en Xestión Forestal e do Medio Natural e o ciclo de Grao Medio de Técnico en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.

O director avanzou que o CFEA de Becerreá formará parte da Rede de espazos de especialización e innovación agraria, que propiciará a creación dunha oferta de formación non regrada, especializada e flexible adaptada ás necesidades do sector primario galego. No caso de Becerreá esta formación especializada centrarase no eido da apicultura, debido á importancia deste sector na provincia de Lugo.

Ademais, sinalou que se está a ultimar a implantación dos Certificados de Profesionalidade. Alemparte incidiu en que a posta en marcha de estratexias de cualificación profesional centradas na rama agraria pode contribuír na mellora da oferta formativa destes centros, ao ampliar o tipo de destinatarios das accións.

Saúde das masas forestais galegas

Por outra banda, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, respondeu unha pregunta en relación coa saúde das masas forestais galegas, na que fixo referencia ao traballo levado a cabo polo seu departamento para frear a expansión do chancro do castiñeiro. Así, asegurou que dende o Goberno autonómico se vén traballando activamente para poñer en valor esta especie, fomentando o seu cultivo e mantendo e recuperando os soutos tradicionais, co fin de garantir a súa sustentabilidade e maximizar o seu aproveitamento.

O director xeral destacou que a Consellería do Medio Rural está a desenvolver na actualidade un programa de tratamento experimental contra o chancro baseado na inoculación de cepas hipovirulentas para controlar a propagación desta enfermidade. No marco desta iniciativa lévanse realizado 167.432 inoculacións, cun investimento de preto de 4,3 millóns de euros.

Puxo de relevo o Programa Estratéxico do Castiñeiro e da Produción de Castaña, que nun dos seus eixes recolle medidas de control fitosanitario e loita biolóxica como actuacións prioritarias. Entre estas accións, destaca o fomento da utilización de ferramentas como a Rede de Avisos de Sanidade Forestal, que ten como obxectivo avaliar a sanidade das masas forestais de Galicia, diagnosticar as patoloxías atopadas e avisar aos axentes interesados da aparición de patoloxías. A rede está composta por 160 parcelas que cobren todas as especies forestais de Galicia que se avalían en diferentes épocas do ano co fin de facer un seguimento preciso.

Seguindo esta liña, e como novidade neste 2025, José Luis Chan destacou a posta en marcha do formulario web SAVFOR-Saúde Forestal para reportar incidencias relacionadas co chancro do castiñeiro, facilitando a localización das áreas de soutos afectados. A través deste formulario tamén poderán solicitar a adhesión ao programa experimental de tratamentos.

Ligado ao Programa Estratéxico do Castiñeiro, formulouse o Plan piloto de fomento da xestión conxunta dos soutos en diversas localizacións estratéxicas nas provincias de Lugo e Ourense, nunha superficie de máis de 300 hectáreas. O plan implica a recuperación de soutos abandonados e a posta en marcha de modelos de xestión que poidan servir de exemplo para outras áreas, como pode ser o fomento das agrupacións forestais de xestión conxunta.

Avespiña do castiñeiro

En relación a unha pregunta sobre a loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), José Luis Chan sinalou que a Consellería iniciou as soltas do parasitoide Torymus sinesis no ano 2015. Estas soltas foron incrementando progresivamente o número de insectos liberados segundo avanzaba a afectación da avespiña, dende os 1.500 individuous en 2015 ata os 1,6 millóns que se soltaron nos anos 2019, 2020 e 2021.

Tendo en conta a afectación do Dryocosmus kuriphilus, no ano 2021 púxose en marcha un Plan de control específico, que divide o territorio galego en cuadrículas de 16*16 km co fin de sistematizar a información e planificar as actuacións. Deste xeito, fixouse un número de individuos concretos de Torymus sinesis a liberar en cada unha das 141 cuadrículas nas que se dividiu Galicia; co obxectivo de acadar un 5% de parasitación das bugallas infectadas analizadas en cada unha das cuadrículas, para poder asegurar a dispersión do parasitoide por todo o territorio.

Así, nos inventarios de bugallas do ano 2024 constatouse dita porcentaxe de parasitación en todas as cuadrículas con rebrotes, o que permite asegurar que as poboacións de Torymus sinesis están a controlar a avespiña. Aínda así, neste 2025 liberáronse uns 35.000 individuos nos puntos con máis incidencia para reforzar a dispersión natural do parasitoide. O esforzo económico, contabilizando planificación e intendencia, foi de 10 millóns de euros dende o inicio dos traballos.

Actualmente, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal segue a traballar nestas cuadrículas para asegurar o control da avespiña do castiñeiro. Ao mesmo tempo continua cos inventarios de parasitación en toda Galicia para coñecer a súa evolución e actuar con celeridade. Ademais, están a levarse a cabo accións divulgativas para asegurar o coñecemento desta praga a todos os produtores e ao público xeral.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/07/2025
1090670 {"title":"A Xunta aposta pola formación da rama agraria cun 11 % máis de prazas para o curso 2025\/26 nos centros de formación dependentes de Medio Rural","published_date":"2025-07-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1090670"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-11/1090670-xunta-aposta-pola-formacion-da-rama-agraria-cun-11-mais-prazas-curso-2025-26-nos-centros-formacion-dependentes-medio-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.