Medio Rural salienta a importancia da produción e da industria láctea no sector primario galego

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias asistiu hoxe á xornada O papel do Queixo galego, onde participou nunha mesa redonda sobre o desenvolvemento rural e os beneficios para o sector
  • José Balseiros sinalou que Galicia produce o 42 % do leite de España e que no ano 2024 a comunidade chegou a producir máis de 3,07 millóns de toneladas de leite
  • Explicou que Galicia conta con catro denominacións de orixe protexida de queixos, as DOP Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro, que contribúen a transformar o leite galego dentro da comunidade e a xerar valor engadido
Imagen del artículo Medio Rural salienta a importancia da produción e da industria láctea no sector primario galego
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu hoxe á xornada O papel do Queixo galego, organizada por QdeQuesos e patrocinada pola Organización Interprofesional Láctea (Inlac). Alí, participou nunha mesa redonda sobre desenvolvemento rural e os beneficios para o sector, na que puxo en valor a importancia da produción e da industria láctea no sector primario galego.

José Balseiros sinalou que Galicia produce o 42 % do leite de España e que no ano 2024 a comunidade chegou a producir máis de 3,07 millóns de toneladas de leite. Salientou tamén que Galicia acumula o 56 % das explotacións lácteas de todo o país, uns datos que "avalan" o liderado da nosa comunidade autónoma neste eido.

Dentro da aposta do Goberno autonómico por impulsar a industria láctea galega, o director xeral lembrou que a Consellería do Medio Rural desenvolveu unha planificación específica, a Estratexia de dinamización do sector lácteo 2020-2025. A través desta estratexia leváronse a cabo medidas concretas como a posta en marcha da ferramenta Contaláctea, para facilitar o cálculo dos custes de produción das explotacións, ou o fomento da transformación do leite en Galicia para crear valor engadido.

Valor engadido

Balseiros resaltou que a nosa comunidade transforma xa máis do 70 % do leite que se produce, moi preto de acadar a meta do 75 % marcada na estratexia. Así, destacou a importancia da elaboración de produtos como o queixo para crear produtos de alto valor engadido.

Seguindo esta liña, explicou que Galicia conta con catro denominacións de orixe protexida de queixos, as DOP Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro, que forman parte dos 36 selos de calidade diferenciada cos que conta a nosa comunidade, e que contribúen a xerar valor engadido das materias primas producidas.

Apoio do Goberno autonómico ao sector primario

José Balseiros afirmou que o sector primario é unha prioridade para o Goberno autonómico e, por iso, só a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, convocáronse no ano 2024 preto dunha trintena de liñas de achegas cun investimento de 128 millóns de euros aprobados. Destacan as axudas para favorecer a incorporación de mozos ao agro e os plans de mellora. Desde o ano 2009 lévanse incorporado arredor de 5.000 mozos e mozas a través desta liña.

Así mesmo, o director xeral incidiu en que o medio rural galego é amplo e diverso. Así, ademais de liderar a produción de leite, destaca na produción de madeira, castaña ou kiwi. Galicia atópase ademais entre as tres primeiras comunidades produtoras de mazás, patacas, flores e carne, tanto de vacún como de ave.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 17/07/2025
1097168 {"title":"Medio Rural salienta a importancia da produción e da industria láctea no sector primario galego","published_date":"2025-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1097168"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-17/1097168-medio-rural-salienta-importancia-da-producion-e-da-industria-lactea-sector-primario-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.