Medio Rural aproba os cambios que permiten mellorar a calidade dos viños e ampliar o territorio da denominación de orixe Monterrei
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que oficializa a modificación do prego de condicións desta denominación de orixe
- A inclusión dos viños rosados, o axuste nos rendementos ou a ampliación do territorio teñen como obxectivo preservar o patrimonio e elevar o nivel vitivinícola desta zona
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria pola que se aproba unha modificación do prego de condicións da Denominación de Orixe (DO) Monterrei, coa que se busca mellorar a calidade dos viños e incorporar novas variedades principais na DO.
A principal novidade é que as adegas da desta denominación poderán elaborar viños rosados, que se sumarán aos brancos e tintos xa recoñecidos. Esta modificación responde ao crecente interese por este tipo de viños e á experiencia previa de elaboracións fóra da denominación, permitindo así unha maior adaptación ao mercado.
Tamén se introducen cambios nalgúns parámetros analíticos. Nos viños tintos redúcese a acidez total mínima, mentres que nos brancos increméntase o límite máximo de contido en sulfuroso. Estas variacións están ligadas ao impacto do cambio climático, que está a provocar viños con maior graduación alcohólica e cambios na súa composición, así como a novas prácticas de elaboración máis prolongadas no tempo.
No ámbito das prácticas enolóxicas, establécense condicións específicas para os novos viños rosados —que deberán elaborarse cun mínimo do 85 % de uvas tintas— e elimínanse tres restricións: a prohibición do uso de anacos de madeira, a limitación na mestura dos viños do ano con ata o 15 % colleitas anteriores ás dúas precedentes e a obrigatoriedade de empregar unha porcentaxe mínima de determinadas variedades. Isto permitirá maior flexibilidade na elaboración e facilitará a produción de viños monovarietais.
Outro dos cambios relevantes é a ampliación do territorio amparado pola denominación. Inclúense novas parroquias dos concellos de Monterrei, Cualedro e Laza, e intégranse por completo algunhas do concello de Riós que ata agora só estaban parcialmente incluídas. Esta ampliación responde a unha antiga demanda dos viticultores locais e abrangue zonas cunhas características similares ás do territorio actual.
Aumento nos rendementos máximos
Por último, modifícanse os rendementos máximos de produción. Para as variedades brancas increméntanse ata os 13.200 kg por hectárea e para as tintas establécense en 10.000 kg. En consecuencia, elimínase a posibilidade de aplicar aumentos puntuais de rendemento en campañas concretas, como se facía ata agora. Esta revisión busca axustarse á realidade produtiva da comarca sen comprometer a calidade dos viños elaborados.
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250722/AnuncioG0528-110725-0001_gl.html