Medio Rural destina máis de 18 M€ de fondos propios para a execución de 626 actuacións en 513 km de camiños municipais entre 2025 e 2026
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do programa que beneficiará 299 concellos para a mellora de camiños que dean acceso a dúas ou máis parcelas agrícolas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución que permitirá executar, durante os anos 2025 e 2026, un total de 626 actuacións en preto de 513 quilómetros de vías municipais, no marco do Plan Camiña Rural. O obxectivo é financiar obras de mellora ou mantemento en camiños municipais que, ao longo do seu trazado, dean acceso a cando menos dúas parcelas agrícolas.
A dotación orzamentaria inicial deste programa superaba os 19 millóns de euros, pero finalmente, tras a instrución do procedemento, o orzamento mobilizado será de máis de 18 millóns de euros de fondos propios. As achegas beneficiarán 299 concellos, todos os que presentaron solicitude e cumpriron os requisitos establecidos. Entre as actuacións subvencionables inclúense a ampliación de camiños para mellorar a seguridade viaria, o reforzo do firme existente, a adecuación de pasos fluviais e o mantemento das marxes. Estas melloras resultan fundamentais para facilitar a accesibilidade no medio rural, vertebrar o territorio e contribuír á fixación de poboación, reforzando así as condicións de vida e traballo nestas zonas.
A distribución territorial das actuacións será a seguinte: 189 na provincia da Coruña; 174 en Lugo; 167 en Ourense e 96 en Pontevedra. En canto á lonxitude das vías a mellorar, Lugo ocupa a primeira posición a nivel provincial, coa intervención en 184,54 quilómetros, seguida da Coruña (141,65 km), Ourense (135,23 km) e Pontevedra (56,36 km).
Desde o ano 2016, a Xunta de Galicia leva investidos máis de 167 millóns de euros neste tipo de actuacións, o que permitiu actuar en 6.042 camiños municipais, cunha lonxitude total de 4.744 quilómetros mellorados. O Plan Camiña Rural, anteriormente coñecido como Plan Marco, convócase de forma ininterrompida desde 2013 e consolidouse como unha ferramenta esencial para o desenvolvemento sostible do rural galego.
Cómpre destacar que, respecto á convocatoria anterior, este novo plan supón un incremento tanto no número de intervencións como na lonxitude de vías melloradas, pasando de 583 a 626 actuacións, e de 460 a preto de 513 quilómetros.
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250702/AnuncioO90-240625-0001_gl.html