Medio Rural reforza o seu compromiso na promoción e difusión de produtos ecolóxicos amparados polo Craega
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe ao pleno do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia celebrado en Vilanova de Arousa
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 27 de xuño de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe o pleno do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), reforzando así o compromiso do Goberno galego coa promoción e difusión do consumo de produtos ecolóxicos.
No ano 2024, o Craega certificou 45.459 hectáreas de produción ecolóxica, con 1.016 produtores e 265 operadores, alcanzando un valor estimado de 111,3 millóns de euros. O ámbito de actuación deste distintivo de calidade abrangue toda Galicia, garantindo o control e a trazabilidade dun modelo produtivo sustentable e respectuoso co medio ambiente e co benestar animal.
Ademais, ao remate do pleno, Alemparte participou nunha degustación de produtos ecolóxicos organizada polo Obradoiro de Hostalaría de Vilanova de Arousa.