Medio Rural salienta a importancia das agrupacións forestais de xestión conxunta para o monte galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participou esta mañá na apertura do I Simposio Ibérico de Silvicultura, no que expuxo as vantaxes deste tipo de asociacións
- José Luis Chan explicou que estas asociacións permiten mellorar a eficiencia económica, aumentar o acceso de recursos e subvencións e promover prácticas forestais máis sostibles e responsables
- A súa finalidade é promover a rendibilidade silvícola e a promoción da xestión forestal sostible dende un punto de vista económico, ambiental e social
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Boqueixón (A Coruña), 26 de xuño de 2025
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou esta mañá na apertura do I Simposio Ibérico de Silvicultura que se está a desenvolver hoxe no Pazo de Quián, no concello coruñés de Boqueixón.
Durante a súa intervención neste congreso, organizado por Galiforest Abanca, José Luis Chan expuxo as vantaxes das agrupacións forestais de xestión conxunta para o monte galego. Estas asociacións permiten mellorar a eficiencia económica, aumentar o acceso de recursos e subvencións e promover prácticas forestais máis sostibles e responsables.
Segundo destacou o director xeral, a súa finalidade é promover a rendibilidade silvícola e a promoción da xestión forestal sostible dende un punto de vista económico, ambiental e social. Chan incidiu en que, ao formar parte dunha agrupación forestal de xestión conxunta, os propietarios poden contar con asesoramento técnico especializado que mellora as prácticas de xestión e aproveitamento forestal, favorecendo unha mellor planificación a longo prazo.
Seguindo esta liña, o director xeral explicou que estas asociacións ofrecen importantes vantaxes na comercialización conxunta de madeira ao permitir obter mellores prezos e oportunidades de comercialización que a que obterían na comercialización individual. Asemade, facilitan a implementación de plans preventivos como a limpeza de biomasa forestal ou a creación de cortalumes, contribuíndo de xeito directo á prevención dos lumes forestais.
Achegas específicas
Jose Luis Chan lembrou que a Xunta de Galicia convocou neste 2025 unha convocatoria de achegas específica para fomentar a creación e apoio das Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta cun orzamento bianualizado de 1,4 millóns de euros. Por outra banda, a anterior convocatoria destas axudas permitiu duplicar o número de asociacións rexistrados, permitindo a creación de 20 novas entidades deste tipo, ata chegar ás 44 agrupacións en trámite.