A consellería do Medio Rural realizará os exames dos cursos de fitosanitarios polo territorio para facilitar o seu acceso
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- María José Gómez sinalou no Parlamento que, naquelas zonas onde exista maior demanda, favorecerase que os interesados completen a formación nesta materia sen necesidade de saír da súa contorna
- Trasladou que nos últimos dez anos a Xunta puxo a dispor dos interesados un total de 30.840 prazas, a través da oferta de máis de mil cursos, que posibilitaron a capacitación de máis de 14.000 persoas, quedando prazas sen cubrir
- Sobre a fraude dos cursos levados a cabo en Castela e León, indicou que a Xunta actuou "coa máxima dilixencia" para executar a sentenza unha vez lle foi comunicada

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025
A Consellería do Medio Rural realizará os exames dos cursos de manipulador de fitosanitarios polo territorio, naquelas zonas onde exista maior demanda, co fin de facilitar o acceso aos mesmos e que os interesados poidan completar así a súa formación coa maior axilidade posible. Así o avanzou este mediodía a conselleira María José Gómez no Parlamento, en resposta a unha pregunta sobre esta cuestión. Sinalou que con todas estas medidas, que teñen carácter excepcional e van encamiñadas a axudar aos posibles afectados pola fraude dos cursos en Castela e León, procúrase favorecer que as persoas interesadas poidan realizar este proceso sen necesidade de saír da súa contorna.
Cómpre lembrar que, de xeito habitual, os exames concéntranse todos nos centros de formación e experimentación agroforestal (CFEA), con independencia de seren cursos impartidos pola Consellería ou polas entidades autorizadas. Por iso, e para facilitar dun xeito rápido que as persoas poidan completar toda a formación, Medio Rural favorecerá a realización das probas polo territorio, a maiores dos centros.
Neste sentido, a conselleira lembrou que a día de hoxe está a disposición de calquera usuario interesado un amplo abano de cursos impartidos pola Xunta ou polas entidades colaboradoras autorizadas. De feito, actualmente está aberta a matrícula de 25 cursos que se realizan nos centros de formación e experimentación agroforestal.
Na súa resposta, Gómez trasladou ademais que nos últimos dez anos a Xunta puxo a dispor dos interesados un total de 30.840 prazas, a través da oferta de máis de mil cursos, que posibilitaron a capacitación de máis de 14.000 persoas. Puntualizou que houbo que anular máis de 300 cursos por falta de demanda, o que supuxo que apenas se cubriu o 47 % das prazas. Por iso, concluíu que a oferta é "máis que suficiente".
Por último, sobre a fraude dos cursos en Castela e León, indicou que a Xunta actuou "coa máxima dilixencia" para executar a sentenza unha vez lle foi comunicada.