Medio Rural destina máis de 2,2 M€ en axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeira
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución destas achegas, das que se beneficiarán 63 entidades, co obxectivo de apoiar o labor que realizan na posta en marcha de programas sanitarios e de planificación zoosanitaria
- As actuacións financiadas contribúen a mellorar as condicións hixiénicas das explotacións, favorecen o benestar animal, aumentan o nivel produtivo e sanitario e fortalecen a saúde da cabana gandeira galega
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fan públicas as axudas concedidas ás entidades recoñecidas como Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG), cunha dotación total de 2.280.00 euros. O obxectivo destes fondos é apoiar o labor que desenvolven estas entidades na implementación de programas sanitarios e de planificación zoosanitaria. En total, 63 ADSG serán beneficiarias destas axudas para o período 2025-2026.
As actuacións financiadas contribúen a mellorar as condicións hixiénicas das explotacións, favorecen o benestar animal, aumentan o nivel produtivo e sanitario e fortalecen a saúde da cabana gandeira galega.
O fin principal destas subvencións é avanzar na mellora do estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais. Por iso, no contexto do mercado actual, manter a salubridade animal resulta esencial para controlar determinadas doenzas, garantir a rendibilidade das explotacións e a comercialización dos animais e dos seus produtos.
Ademais, as ADSG xogan un papel clave no cumprimento da normativa vixente en materia de identificación, benestar e sanidade animal. Con estas achegas preténdese tamén fomentar a integración dos gandeiros nestas entidades, ofrecendo un apoio proporcional ao esforzo económico que realizan na posta en marcha e mantemento destes programas.
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250715/AnuncioG0426-040725-0004_gl.html.