María José Gómez define o sector do viño como un dos piares económicos do rural e "reflexo da Galicia Calidade"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira do Medio Rural participou en Ourense no peche da XIV gala dos premios da Denominación de Orixe Ribeiro
  • Salientou que este produto "conforma a identidade de Galicia" e acada un recoñecemento "dentro e fóra das nosas fronteiras"
  • Puxo en valor o "esforzo e bo facer" dos axentes deste eido produtivo, que "son quen de elaborar un produto que pon de relevo a máxima que defendemos na Xunta: a calidade agroalimentaria"
Imagen del artículo María José Gómez define o sector do viño como un dos piares económicos do rural e reflexo da Galicia Calidade
Ourense, 26 de xuño de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou hoxe que o sector do viño, cos seus 10.000 viticultores e 500 adegas, é un dos piares económicos do agro galego e constitúe un "perfecto reflexo desa Galicia Calidade pola que somos coñecidos no mundo enteiro". Valorou ademais que este produto "conforma a identidade de Galicia" e que acada un recoñecemento "dentro e fóra das nosas fronteiras".

Na súa intervención de peche na XIV edición da gala dos premios da Denominación de Orixe (DO) Ribeiro, a conselleira puxo en valor o "esforzo e bo facer" dos axentes deste eido produtivo, que -engadiu- "son quen de elaborar un produto que pon de relevo a máxima que defendemos no Goberno autonómico: a calidade agroalimentaria". Unha calidade que, reafirmou, "é sinónimo tamén de emprego" e lembrou, neste sentido, que o sector vitivinícola supón o 1,4% do PIB de Galicia e xera arredor de 16.000 empregos a tempo completo.

A conselleira, que estivo acompañada neste acto polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, subliñou a ampla tradición da DO Ribeiro, a máis antiga da nosa comunidade. Asemade, Gómez sinalou que Galicia pode presumir de ser un dos territorios de España con máis selos de calidade diferenciada, dos cales cinco son denominacións de orixe vitivinícolas, como é o caso do Ribeiro.

Compromiso da Xunta co sector

Para apoiar toda esta riqueza, a titular de Medio Rural incidiu no compromiso da Xunta con este sector. Así, lembrou que só neste ano o seu departamento destina máis de 10 millóns de euros en axudas á reestruturación e reconversión dos viñedos, a impulsar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e á promoción do viño galego en mercados internacionais. A maiores, Gómez puxo en valor a Estratexia sectorial, elaborada polo Goberno galego da man do propio sector, para impulsar o inmenso potencial económico, cultural e turístico deste produto, remarcou.

Neste contexto, a conselleira comprometeuse a seguir traballando nesta mesma liña, en colaboración coas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, na promoción, ampliación e diversificación de mercados, diante dun contexto internacional que -dixo- "invítanos, cada día máis, a afianzar esta vía".

A conselleira rematou a súa intervención trasladando os seus parabéns a todos os galardoados nesta gala e agradecendo a súa aposta "polo rural para vivir, por coidar o rural a través do voso traballo e por elixir o rural para establecer e impulsar o voso negocio". Valorou tamén a aportación do sector da hostalería á hora de ofrecer nos seus negocios produtos galegos e achegalos a toda a sociedade. Felicitou, así mesmo, ao Consello Regulador da DO Ribeiro por organizar unha gala "tan fermosa e necesaria coma esta, na que a calidade agroalimentaria é protagonista".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/06/2025
1073090 {"title":"María José Gómez define o sector do viño como un dos piares económicos do rural e \"reflexo da Galicia Calidade\"","published_date":"2025-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1073090"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-26/1073090-maria-jose-gomez-define-sector-do-vino-como-dos-piares-economicos-do-rural-e-reflexo-da-galicia-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.