Controlado o incendio do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O lume iniciouse ás 19.46 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 30 hectáreas

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso, quedou controlado ás 17.13 horas de hoxe, mércores.
O lume iniciouse ás 19.46 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 8 axentes, 15 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.