Medio Rural pon en valor o selo de Artesanía Alimentaria como exemplo de calidade e coidado na elaboración do produto

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A titular deste departamento realizou unha visita á xeadería Xearte Brigitte, en Santiago de Compostela, unha das tres empresas galegas que elaboran xeados amparados baixo este distintivo, que xa reúne a 113 operadores
  • María José Gómez explicou que este selo certifica a elaboración, manipulación e transformación dos produtos alimentarios de xeito respectuoso co medio ambiente e controlado en todos os procesos pola persoa artesá
  • Con esta certificación protéxese a calidade alimentaria, coa que se procura promover e protexer as producións e elaboracións que "conforman e definen a nosa identidade"
  • Actualmente están vixentes 26 normas técnicas que inclúen derivados lácteos como o iogur, queixo, requeixo, xeados e derivados cárnicos, sidra ou cervexa, entre outros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, realizou hoxe unha visita á xeadería Xearte Brigitte, que xunto a Flor de Leite S.L e Seixas Indulac S.L son as únicas xeaderías recoñecidas actualmente co selo de Artesanía Alimentaria, selo que na actualidade ten 113 operadores inscritos e outros 16 en tramitación. Durante a visita puxo en valor este distintivo como exemplo da calidade e do coidado das persoas artesáns á hora de elaborar o produto.

Gómez recoñeceu o labor de Brígida Hermida, a mestra xeadeira de Xearte Brigitte, unha enxeñeira agrónoma con experiencia laboral no sector lácteo que decidiu emprender neste eido. Así, puxo de relevo a aposta desta empresa pola calidade, ao empregar materia prima natural de proximidade, e ao elaborar os seus produtos baixo o selo Artesanía Alimentaria.

Este selo, impulsado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, certifica a elaboración, manipulación e transformación dos produtos alimentarios de xeito respectuoso co medio ambiente e controlado en todos os procesos pola persoa artesá. Deste xeito, garante un produto final individualizado, seguro dende o punto de vista hixiénico-sanitario e de calidade, con características diferenciais, obtido en pequenas producións controladas, explicou a conselleira.

Con esta certificación -dixo- protéxese a calidade alimentaria coa que se procura promover e protexer as producións e elaboracións que "conforman e definen a nosa identidade". Gómez lembrou que Galicia foi unha comunidade autónoma pioneira na regulación dunha marca destas características, así como na creación de diversas normas técnicas e dos distintivos identificadores.

O selo Artesanía Alimentaria púxose en marcha no ano 2020 baixo un triplo obxectivo, co fin de crear un sector estruturado, que responda ás regras establecidas pola Unión Europea, e para protexer aos artesáns alimentarios ante etiquetaxes fraudulentas, poñendo en valor o seu bo facer. Ademais, favorece a creación de valor engadido económico e social, ao transformar a materia prima e conservar as elaboracións alimentarias tradicionais da cultura galega.

26 normas técnicas

Actualmente están vixentes 26 normas técnicas -12 delas aprobadas en abril deste mesmo ano, co obxectivo de reformar este selo e defender a produción de calidade-; que inclúen derivados lácteos como o iogur, queixo, requeixo e xeados, produtos cárnicos, sidra ou cervexa, entre outros.

Poden contar co selo de Artesanía Alimentaria produtos de orixe vexetal ou bebidas como o vermú, licores, augardentes; así como os zumes ou o hidromel. María José Gómez destacou que estes produtos "dan proba" da diversidade do agro galego e dos produtores, que traballan sempre baixo os máis altos estándares de calidade, salientou.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/07/2025
1085902 {"title":"Medio Rural pon en valor o selo de Artesanía Alimentaria como exemplo de calidade e coidado na elaboración do produto","published_date":"2025-07-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/194290-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1085902"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-07/1085902-medio-rural-pon-valor-selo-artesania-alimentaria-como-exemplo-calidade-e-coidado-na-elaboracion-do-produto https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.