Medio Rural destina 72.000 euros aos produtores de Faba de Lourenzá para que poidan facer fronte aos sobrecustos derivados das últimas colleitas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O obxectivo é que os produtores poidan cubrir os sobrecustos de produción derivados das condicións meteorolóxicas adversas que afectaron ás colleitas dos últimos anos, especialmente tras as choivas da primavera de 2024
  • A contía das axudas ascendes aos 2.000 euros por hectárea sementada e poderán solicitalas os titulares de explotacións que teñan declarada a sementeira correspondente ao ano 2024
Imagen del artículo Medio Rural destina 72.000 euros aos produtores de Faba de Lourenzá para que poidan facer fronte aos sobrecustos derivados das últimas colleitas
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os produtores da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá. Estas achegas teñen un orzamento de 72.000 euros e teñen como obxectivo cubrir os sobrecustos de produción derivados das condicións meteorolóxicas adversas que afectaron ás colleitas dos últimos anos, especialmente tras as choivas da primavera 2024 que fixeron aparecer ataques fúnxicos.

Poden beneficiarse destas achegas as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións agrarias situadas na área xeográfica delimitada para esta IXP. A explotación beneficiaria deberá estar inscrita no rexistro de plantacións da indicación e terá que ter feita a declaración de sementeira correspondente ao ano 2024.

O prazo para solicitar as achegas será dun mes a partir de mañá, día seguinte á publicación desta resolución no DOG. A contía das axudas ascende aos 2.000 euros por hectárea sementada.

Medidas complementarias

A liña de achegas súmase a outras accións levadas a cabo polo Goberno autonómico co obxectivo de apoiar á IXP Faba de Lourenzá, como o impulso da formación a través de xornadas no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo ou as liñas de traballo de investigación a través do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) para analizar a eficacia dos actuais tratamentos fitosanitarios, a procura de novos tratamentos para abordar a incidencia dos fungos ante o cambio climático.

O obxectivo destas accións é promover a incorporación de prácticas agronómicas na produción da faba: rotación de cultivos, marcos de plantación, eliminación da viriosis na semente, fomentar a transformación e comercialización da faba de Lourenzá así como impulsar a incorporación de produtores a IXP Faba de Lourenzá.

Asemade, crearase unha rede de espazos de especialización e innovación agraria nos diferentes centros de formación dependentes da Consellería. O primeiro que se porá en marcha será no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo o vindeiro mes de setembro, cun curso específico sobre a elaboración de hummus con Faba de Lourenzá. Estes espazos terán como finalidade acompañar e formar os profesionais do agro nos procesos de elaboración, transformación, innovación e comercialización das súas producións.

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250627/AnuncioG0528-170625-0001_gl.html

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/06/2025
1073085 {"title":"Medio Rural destina 72.000 euros aos produtores de Faba de Lourenzá para que poidan facer fronte aos sobrecustos derivados das últimas colleitas","published_date":"2025-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1073085"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-27/1073085-medio-rural-destina-72-000-euros-aos-produtores-faba-lourenza-poidan-facer-fronte-aos-sobrecustos-derivados-das-ultimas-colleitas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.