A Xunta informa sobre o calendario de tratamentos e os produtos fitosanitarios autorizados para a loita contra a flavescencia dourada da vide en Ourense
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Ourense, 25 de xuño de 2025
A dirección territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural informa de que a partir da próxima semana prevese que o insecto vector que transmite a enfermidade Flavescencia dourada da vide alcance a fase biolóxica na que é infectivo para os viñedos. Esta enfermidade é mortal para as cepas infectadas.
Ata a data, na provincia de Ourense constatouse a súa presenza en distintas zonas dos concellos da Arnoia, Cortegada, Gomesende, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado e Ribadavia. Esas deteccións provocaron que a Consellería do Medio Rural establecese zonas tampón nas cales hai que extremar a vixilancia, impoñendo a realización de tratamentos fitosanitarios co obxectivo de impedir o avance da enfermidade. Esas zonas tampón comprenden xa a maior parte dos viñedos da DO Ribeiro.
Ademais, como queira que Portugal confirmou a presenza da enfermidade na zona fronteiriza con Monterrei, as áreas de produción desa comarca pasan a considerarse zona tampón, polo que nelas establécense as mesmas obrigas relativas á aplicación de tratamentos insecticidas.
A Consellería do Medio Rural, en colaboración cos concellos con parroquias afectadas, planificou unha serie de charlas informativas dirixidas aos viticultores. Nestas charlas informarase sobre o calendario de tratamentos e os produtos fitosanitarios autorizados para erradicar o vector Scaphoideus titanus, transmisor da Flavescencia. A partir de hoxe, día 25 de xuño, realizaranse as seguintes actividades informativas:
DATA | DIA SEMANA | HORA | CONCELLO | LUGAR |
25.06 | MÉRCOLES | 16:30 | Verín | Casa da Cultura |
18:00 | Verín | Casa da Cultura | ||
|
|
|
|
|
27.06 | VENRES | 17:30 | Cenlle | Aula CEMIT |
18:30 | Beade | Antigas Escolas | ||
20:00 | Leiro | Centro Cívico | ||
|
|
|
|
|
30.06 | LUNS | 18:00 | Cortegada | Casa do Concello |
19:30 | A Arnoia | Salón de Actos da Antiga Cooperativa | ||
|
|
|
|
|
01.07 | MARTES | 17:30 | Carballeda | Casa do Concello |
18:30 | Ribadavia | Casa da Cultura | ||
20:00 | Castrelo de Miño | Casa do Concello |