Medio Rural lembra que segue aberto ata o 14 de xullo o prazo para solicitar as achegas de recría de razas autóctonas ameazadas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • María José Gómez explicou que o obxectivo destas achegas é apostar pola preservación do patrimonio xenético e produtivo, así como pola sustentabilidade no medio rural
  • A conselleira visitou as actuacións que se están a levar a cabo no pasteiro de Rosedo, que abrangue unha superficie de 6,4 hectáreas e no que se investiron uns 59.500 euros
  • Destacou os importantes beneficios dos pasteiros, que contribúen a favorecer a biodiversidade nos ecosistemas agroforestais, melloran a actividade socioeconómica e diminúen os efectos dos incendios forestais
Imagen del artículo Medio Rural lembra que segue aberto ata o 14 de xullo o prazo para solicitar as achegas de recría de razas autóctonas ameazadas
Xunqueira de Espadanedo (Ourense), 9 de xullo de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, lembrou hoxe que o prazo para solicitar as achegas para a recría de razas autóctonas de gando bovino e ovino-cabrún ameazadas segue aberto ata o vindeiro luns 14 de xullo. Así o destacou hoxe a titular deste departamento nunha visita á Gandaría A Graña, unha explotación de vacún de carne en ecolóxico da raza autóctona Frieiresa situada no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo.

Durante o seu percorrido polas instalacións, a conselleira estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo e polo propietario da explotación; Alberto Cortés. Alí, María José Gómez explicou que o obxectivo destas achegas é apostar pola preservación do patrimonio xenético e produtivo, así como pola sustentabilidade no medio rural, reflectido no labor de gandarías como A Graña.

Estas axudas contan cun orzamento total de 390.000 euros, distribuídos en 350.000 euros para titulares de explotacións de gando bovino e 40.000 euros para ovino e cabrún. O importe máximo por explotación será de 15.000 euros, e por animal poderá acadar como máximo 350 euros no caso do bovino e 60 euros no caso do ovino e cabrún.

A conselleira incidiu en que a través destas axudas procúrase fomentar a recría para que os titulares poidan substituír os seus animais por exemplares criados na propia explotación desde o desleite. Trátase da primeira vez que se convocan estas achegas, que se complementan a outras accións impulsadas pola Consellería do Medio Rural, como os convenios coas asociacións de criadores ou co Centro de Recursos Zooxenéticos de Fontefiz, que xogan un papel "clave" na conservación e na investigación destas razas, sinalou Gómez.

Pasteiro de Rosedo

A conselleira coñeceu tamén as actuacións que se están a levar a cabo no pasteiro de Rosedo ao abeiro do Plan de Pastos de Galicia, que abrangue unha superficie de 6,4 hectáreas e no que se investiron uns 59.500 euros. O pasteiro conta cun peche perimetral de 1.060 metros con postes de madeira, portas metálicas e un bebedoiro.

María José Gómez lembrou que dende o ano 2020 a Consellería mobilizou máis de 1.930 hectáreas e 80 pasteiros, cun investimento que rolda os 10,5 millóns de euros; nunha aposta que continuará neste 2025 con 26 novos pasteiros que abranguen unha superficie de 519 hectáreas cun orzamento de case 4 millóns de euros.

Así, destacou os importantes beneficios dos pasteiros, que contribúen a favorecer a biodiversidade nos ecosistemas agroforestais, melloran a actividade socioeconómica e diminúen os efectos dos incendios forestais ao rachar coa continuidade dos combustibles, actuando como cortalumes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/07/2025
1088817 {"title":"Medio Rural lembra que segue aberto ata o 14 de xullo o prazo para solicitar as achegas de recría de razas autóctonas ameazadas","published_date":"2025-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/194711-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1088817"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-09/1088817-medio-rural-lembra-segue-aberto-ata-14-xullo-prazo-solicitar-as-achegas-recria-razas-autoctonas-ameazadas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.