Bombeiros forestais estonios e dos Países Baixos formaranse en Galicia na prevención e extinción de incendios

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Consellería do Medio Rural acollerá durante os meses de xullo e agosto a tres grupos de bombeiros forestais do norte de Europa dentro do Mecanismo Europeo de Protección Civil
  • As instalacións do Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL) de Toén serán o centro neurálxico das actividades formativas, que combinarán preparación teórica, física e práctica, así como a participación directa en incendios, chegado o caso
Imagen del artículo Bombeiros forestais estonios e dos Países Baixos formaranse en Galicia na prevención e extinción de incendios
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2025

A Consellería do Medio Rural segue apostando pola cooperación internacional na loita contra os incendios forestais e, por segundo ano consecutivo, Galicia acollerá un programa de preposicionamento de bombeiros financiado polo Mecanismo Europeo de Protección Civil no que participarán profesionais de Estonia e dos Países Baixos.

Durante a súa estancia, os bombeiros participantes terán a oportunidade de coñecer os métodos, procedementos e ferramentas empregadas polo Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) da Xunta, coa finalidade de fomentar a aprendizaxe mutua e o intercambio de coñecementos, tanto a nivel técnico como operativo.

Esta iniciativa permite que profesionais do norte de Europa coñezan de primeira man a realidade e as estratexias de extinción dos países do sur, especialmente afectados por incendios forestais durante o verán. Así, nesta edición participarán tres grupos de bombeiros: un de Estonia, que se suma ao que xa estivo o ano pasado, e dous dos Países Baixos. As delegacións desenvolverán un conxunto de actividades deseñadas pola Consellería do Medio Rural.

Como novidade destacada, é a primeira vez que bombeiros dos Países Baixos participan neste programa en Galicia, o que supón un avance na internacionalización da cooperación nesta área. Así, na segunda quincena de xullo chegarán á nosa comunidade 20 bombeiros neerlandeses, e durante a primeira quincena de agosto, outro grupo de 20 profesionais deste país tamén estarán en Galicia. A parte final do programa, como en 2024, contará coa visita de 20 bombeiros estonios na segunda quincena de agosto.

Todos eles desenvolverán a súa actividade no Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL) de Toén (Ourense), onde cada mañá realizarán formación teórica e práctica, condución de vehículos 4x4 e preparación física. Polas tardes visitarán outras instalacións de prevención e extinción e estarán dispoñibles para acudir a incendios reais no territorio galego.

Durante o pasado mes de xuño varios coordinadores dos equipos estonios e neerlandeses visitaron Galicia para preparar a estancia, coñecer as instalacións e organizar as actividades formativas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/06/2025
1075681 {"title":"Bombeiros forestais estonios e dos Países Baixos formaranse en Galicia na prevención e extinción de incendios","published_date":"2025-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1075681"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-28/1075681-bombeiros-forestais-estonios-e-dos-paises-baixos-formaranse-galicia-na-prevencion-e-extincion-incendios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.