Medio Rural impulsará novas estratexias para fomentar o consumo dos produtos agroalimentarios de proximidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira reuniuse co presidente da Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural e presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para abordar un novo proxecto de carácter autonómico
- María José Gómez incidiu en que o consumo destas elaboracións contribúen de xeito positivo ao desenvolvemento do medio rural galego, ao favorecer a creación de emprego e a fixación de poboación nestas contornas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural e presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, José Antonio Santiso, para abordar unha iniciativa, de carácter autonómico, para aproveitar as potencialidades do agro galego e favorecer un maior consumo entre a poboación dos produtos agroalimentarios de proximidade.
María José Gómez avanzou que se impulsarán novas estratexias neste sentido e incidiu en que o consumo destas elaboracións contribúen de xeito positivo ao desenvolvemento do medio rural galego, ao favorecer a creación de emprego e a fixación de poboación en contornas destas características.
A conselleira destacou a aposta do Goberno autonómica neste eido, facendo referencia ás diferentes campañas publicitarias impulsadas polo Goberno autonómico nos últimos anos para impulsar o consumo das producións agroalimentarias con indicativo de calidade, sendo as das IXP Pataca de Galicia e a IXP Mel de Galicia as máis recentes.
Lembrou tamén a campaña Come Local, impulsada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da cal se promoven os produtos galegos de proximidade, ecolóxicos e con indicativo de calidade nos menús dos comedores escolares de toda Galicia. Seguindo esta liña, mencionou os diferentes mercados de produtos certificados organizados pola Axencia, que favorecen os produtos de km0, impulsan as canles curtas de comercialización e o contacto directo entre produtores e consumidores.