A Xunta reafirma o seu apoio ao desenvolvemento rural a través dos fondos Leader na súa visita a Carballo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe o proxecto da empresa química Savelo, beneficiaria destas achegas
  • A iniciativa da entidade permitiu crear emprego, modernizar as súas instalacións e avanzar cara un modelo máis sostible e dixitalizado
  • A intervención Leader conta cun orzamento de 56,9 millóns de euros ata o ano 2027, dos cales 39,6 millóns son para financiar as operacións a terceiros e ata o momento recibíronse 600 solicitudes para desenvolver proxectos deste tipo

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Carballo (A Coruña), 4 de xullo de 2025

A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe as instalacións da empresa de produtos químicos Savelo, situada no concello de Carballo, para coñecer o proxecto de modernización que a compañía desenvolveu grazas á axuda do Leader. Durante a visita puxéronse en valor os avances deste proxecto, que supón un investimento total de máis de 553.000 euros, dos cales 125.000 proceden de fondos Leader. Esta actuación permitiu a creación dun novo posto de traballo e a consolidación de máis de oito unidades de traballo anual.

A intervención contempla a construción dunha nave industrial no polígono de Bértoa, destinada ao almacenamento e fabricación de produtos de limpeza, perfumería e droguería. Así, búscase modernizar a empresa e incrementar a capacidade produtiva da planta que Savelo xa posúe en Coristanco.

Entre os principais obxectivos do proxecto destacan a creación e consolidación de emprego na zona, a ampliación e modernización da empresa, a utilización de enerxías renovables —cun sistema de caldeira de pellets para climatización— e a adopción dun manual de boas prácticas ambientais. Ademais, a empresa aposta por reducir o consumo eléctrico coa instalación de iluminación LED e mellorar a súa presenza dixital mediante o uso das TIC.

As axudas Leader, xestionadas polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), están dirixidas a apoiar tanto proxectos produtivos que xeren emprego como iniciativas non produtivas que repercutan positivamente na calidade de vida da poboación en xeral.

Case 57 millóns de euros ata 2027

Neste novo período do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac), a intervención Leader está dotada con 56,9 millóns de euros ata o ano 2027. Deste orzamento case 40 millóns de euros están destinados a financiar axudas para a execución de operación en apoio de terceiras persoas.

Na convocatoria de 2025 recibíronse preto de 600 solicitudes para a posta en marcha de diferentes proxectos de desenvolvemento rural, cun orzamento de 12,6 millóns de euros e dentro do Plan Estratéxico da PAC (Pepac).

Durante o período anterior, mentres o Leader estivo incluído na medida 19 do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, esta medida permitiu aprobar máis de 1.500 proxectos, consolidar máis de 4.000 empregos e crear uns 1.100 novos. Así, mobilizáronse máis de 169 millóns de euros, cunha axuda pública de 77,5 millóns de euros para operacións a terceiros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/07/2025
1084088 {"title":"A Xunta reafirma o seu apoio ao desenvolvemento rural a través dos fondos Leader na súa visita a Carballo","published_date":"2025-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/193453-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1084088"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-04/1084088-xunta-reafirma-seu-apoio-ao-desenvolvemento-rural-traves-dos-fondos-leader-na-sua-visita-carballo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.