Gómez Caamaño destaca o ambicioso plan da Xunta para mellorar a saúde da poboación a través de intervencións comunitarias que atendan o contexto social dos pacientes

Imagen del artículo Gómez Caamaño destaca o ambicioso plan da Xunta para mellorar a saúde da poboación a través de intervencións comunitarias que atendan o contexto social dos pacientes

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Sanidade apuntou que é preciso avanzar cara a un modelo sanitario que se centre máis nas persoas e no seu contexto social
  • Sinala que a Estratexia Galega de Saúde Comunitaria en Atención Primaria 2023-2027 ten como obxectivo influír positivamente nos estilos de vida e nos determinantes sociais da poboación para mellorar a súa saúde
  • Remarca que a saúde comunitaria é unha liña de traballo prioritaria para a Consellería e ten entre os seus obxectivos a implantación normalizada de accións comunitarias nos centros de saúde 

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou esta tarde no acto de inauguración da xornada "Afondando na Estratexia Galega de Saúde Comunitaria de Atención Primaria", no que destacou a importancia da Estratexia Galega de Saúde Comunitaria en Atención Primaria 2023-2027 para influír positivamente na súa saúde da nosa poboación.

Acompañado pola directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López, o titular de Sanidade apuntou que é preciso avanzar dun xeito progresivo cara a un modelo sanitario que se centre máis nas persoas e no seu contexto social, no lugar de centrase nas enfermidades, como acontece no modelo tradicional.

"Moitos dos problemas de saúde que enfrontamos teñen a súa orixe nos determinantes sociais" incidiu Caamaño, ao tempo que subliñou o alto impacto que xa demostraron ter as intervencións comunitarias, tanto no eido sanitario, como no social.

Por este motivo, abundou o conselleiro, "a saúde comunitaria é desde hai anos unha liña de traballo prioritaria para a Consellería de Sanidade", tendo como un dos seus obxectivos principais a implantación de accións comunitarias, de xeito normalizado, nos centros de saúde galegos.

Entre estas accións, destacou os Plans locais de saúde e os diferentes proxectos que se desenvolven nos centros de atención primaria de Galicia xunto con outros axentes sociais. Unhas iniciativas que se adaptan ás necesidades de cada territorio e coas que se melloran os coidados de diferentes patoloxías crónicas, coas que se promocionan os estilos de vida saudables, ou nas que se afonda no coidado da saúde mental.

A Estratexia Galega de Saúde Comunitaria en Atención Primaria 2023-2027 conta con 4 liñas de actuación, 13 obxectivos e 35 accións prioritarias, representando unha folla de ruta que procura a consolidar o enfoque comunitario como un dos eixos da atención sanitaria na nosa comunidade.

Presentación de actividades comunitarias

Durante a xornada de hoxe, o salón de actos da Consellería de Sanidade acolleu a presentación de diferentes accións comunitarias por parte de profesionais sanitarios de diversos centros de saúde galegos.

Así, e tras a presentación por parte da directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López, da Estratexia Galega de Saúde Comunitaria en Atención Primaria, a enfermeira do centro de saúde do Carballiño, Beatriz Blanco, detallou a iniciativa "Matilde no cole". A médica de familia da área de Lugo, Julia Aboal, presentou a actividade "Coidar a quen nos coidan" e, por último, Laura Viña e Lucía Bruquet, matrona e enfermeira familiar no centro de Saúde de Chandrexa de Queixa, presentaron a actividade "Coñece o teu centro de saúde, achegando a primaria aos nenos".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
262724 {"title":"Gómez Caamaño destaca o ambicioso plan da Xunta para mellorar a saúde da poboación a través de intervencións comunitarias que atendan o contexto social dos pacientes","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278522\/20240613+Conselleiro+Sanidade+saude+comunitaria+ap1.jpg","id":"262724"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/262724-gomez-caamano-destaca-ambicioso-plan-da-xunta-mellorar-saude-da-poboacion-traves-intervencions-comunitarias-atendan-contexto-social-dos-pacientes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.