Medio Rural apoia as agrupacións de defensa sanitaria gandeira con máis de 2 millóns de euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a relación de beneficiarios que contarán cunha subvención destinada a financiar e levar a cabo os seus programas de planificación zoosanitaria
- Estas entidades desenvolven plans de prevención e control de enfermidades animais, que melloran as condicións hixiénicas e de benestar animal das explotacións e contribúen a manter o bo estado sanitario da cabana galega

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024
A Consellería do Medio Rural apoia as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) con 2,28 millóns de euros. Estes fondos servirán para financiar o traballo que realizan as diferentes entidades co obxectivo de desenvolver os programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais, ademais de participar na rede galega de epidemiovixilancia deste tipo de doenzas. Estas axudas, publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), benefician a 63 ADSG para o período 2024-2025.
Os programas de planificación zoosanitaria subvencionados con esta orde levaranse a cabo entre o 1 de marzo de 2024 e o 28 de febreiro de 2025. Estes proxectos reforzan as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o seu nivel produtivo e sanitario e incrementan a posibilidade de acadar unha mellora da saúde animal da cabana gandeira galega.
O obxectivo principal destas axudas é seguir mellorando o estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais. Ademais, no contexto do mercado actual, resulta fundamental manter a salubridade animal mediante iniciativas destinadas ao control de determinadas doenzas, coa intención de manter a rendibilidade e asegurar a comercialización de animais e dos produtos de orixe animal.
As ADSG tamén facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal. A través destas achegas, preténdese avanzar na integración de gandeiros nestas entidades, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan as agrupacións nos devanditos programas.
Ligazón á orde no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240627/AnuncioG0426-190624-0007_es.html