O Servizo Galego de Saúde publica as puntuacións provisionais do concurso de méritos para o acceso á categoría de enfermaría especialista en saúde mental

  • Foron admitidas 138 persoas no proceso selectivo, o 92 % mulleres
  • Ofértase un total de 94 prazas
  • Este proceso convocouse en aplicación da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución pola que se publican as puntuacións provisionais do proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeira ou enfermeiro especialista en saúde mental.

Ofértanse un total de 94 prazas mediante o sistema de concurso. Delas 65 correspóndense á quenda de acceso libre, 24 a promoción interna e 5 a discapacidade xeral.

Estas 94 prazas engádense ás 31 prazas ofertadas no proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición (con exame realizado o pasado mes de febreiro) e ás 2 prazas ofertadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos.

Neste proceso selectivo, resultaron admitidos 138 aspirantes, dos cales 131 accederon pola quenda de acceso libre, 3 pola de discapacidade xeral e 4 pola quenda de promoción interna.

Este proceso selectivo convocouse en aplicación da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde que establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega.

As puntuacións provisionais obtidas polos aspirantes presentados ao proceso selectivo están publicadas na web do Servizo Galego de Saúde. Ademais, cada aspirante poderá consultar o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en FIDES/expedient-e/sección de procesos.

Contra os resultados da baremación provisional, os aspirantes admitidos disporán dun prazo de reclamacións de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (é dicir, do 19 ao 25 de xuño, ambos incluídos).

A media de idade das persoas admitidas neste proceso selectivo é de 37 anos e o 92 %  son mulleres.

Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposiciones@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274491 {"title":"O Servizo Galego de Saúde publica as puntuacións provisionais do concurso de méritos para o acceso á categoría de enfermaría especialista en saúde mental","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"274491"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274491-servizo-galego-saude-publica-as-puntuacions-provisionais-do-concurso-meritos-acceso-categoria-enfermaria-especialista-saude-mental https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.