O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

  • Rexistrouse un total de 2.517 inscricións
  • Resultaron admitidas 2.359 persoas
  • Correspóndense ás categorías ou especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio
  • Entran en vigor a efectos de chamamentos mañá día 19 de xuño
  • O 9,69 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías ou especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio.

O total de aspirantes admitidos foi de 2.359. Por categorías, foron 2.191 en facultativos especialistas de área, 62 en médico de admisión e documentación clínica e 106 en médico de hospitalización a domicilio.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 205 en facultativos especialistas de área, 18 en médico de admisión e documentación clínica e 21 en médico de hospitalización a domicilio.

As listas atópanse publicadas, á disposición dos interesados, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

De modo excepcional para estas categorías e especialidades, dada á proximidade da data de publicación destas listas coa data final de dispoñibilidade da inscrición editable no programa FIDES/expedient-e (30 de xuño), os aspirantes que desexen facer algunha modificación na súa inscrición de cara ao próximo proceso de actualización de listas, que terá lugar no ano 2025, poderán realizala ata o 31 de xullo de 2024

Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 19 de xuño de 2024.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas definitivas das seguintes categorías: enfermeiro especialista en enfermería de saúde mental, enfermeiro especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrona), enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, médico coordinador do 061, médico asistencial do 061, pediatra de atención primaria e técnico de saúde de atención primaria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274482 {"title":"O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"274482"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274482-servizo-galego-saude-publica-relacion-definitiva-das-listas-seleccion-temporal-diversas-categorias-persoal-estatutario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.