Sanidade salienta a calidade dos servizos de transporte sanitario aéreo urxente que funcionan todos os días do ano

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Central da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061 realiza unha supervisión continúa das necesidades sanitarias que require cada emerxencia
  • A Xunta reforzou no último concurso os recursos humanos e materiais do transporte sanitario urxente terrestre con seis novas unidades de soporte vital avanzado e unha de soporte vital básico

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

A secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, salientou esta mañá no Parlamento de Galicia a calidade do servizo de transporte sanitario aéreo urxente co que conta o sistema sanitario público galego.

Durante a súa intervención na Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego, Lobato destacou o importante labor que desempeñan os dous helicópteros cos que conta a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061, para aquelas intervencións que requiren dunha actuación rápida e inmediata.

Así, explicou que o contrato asinado pola Fundación 061 o pasado 18 de marzo, seguirá a garantir a prestación dun servizo público considerado esencial e que, durante o vindeiros 3 anos, as bases de Santiago de Compostela e Barbadás (Ourense), contarán cos recursos materiais e humanos para dar unha axeitada cobertura ás necesidades sanitarias que se presenten.

"O período do servizo será todos os días do ano entre o orto e o solpor" sinalou Lobato, ao tempo que precisou que ambas aeronaves poderán prestar os seus servizos e ser requiridas no conxunto do territorio galego.

Nesta liña, a secretaría xeral da Consellería de Sanidade apuntou que a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061 realiza un exhaustivo seguimento á correcta execución do contrato, avaliando dun xeito continuo que a empresa adxudicataria cumpra todas e cada unha das súas condicións, e iniciando o correspondente procedemento en caso de detectar algunha incidencia.

Reforzo do transporte sanitario urxente terrestre

A responsable da Consellería de Sanidade tamén puxo en valor as importantes melloras que rexistrou o servizo sanitario urxente terrestre nos últimos anos. Así, lembrou que o último concurso supuxo o incremento de: 4 unidades de soporte vital avanzado de enfermería con base na Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo; 2 unidades de soporte vital avanzado medicalizadas (operativas 24 horas) con base na comarca do Salnés e en Monforte de Lemos; ou a unidade de soporte vital básico con base en Carballiño.

Ademais, remarcou a ampliación de 8 a 24 horas do servizo das dúas ambulancias convencionais con base en Pedrafita e no Courel; e tamén do incremento da operatividade das unidades con base en Marín, Ponteareas e Baiona; operativas actualmente as 24 horas.

Así, pechou a súa intervención destacando que Galicia, a diferencia da maioría de Comunidades Autónomas, conta con persoal sanitario especializado para facer un seguimento continuo de cada caso desde a Central de Coordinación. Por este motivo, todas as intervención teñen garantida a atención sanitaria coa máis absoluta inmediatez.

"A Atención Sanitaria Urxente non só consiste en canto á rapidez coa que pode chegar un servizo, senón que consiste en dar un tratamento axeitado á urxencia, e iso conséguese cunha supervisión continua, tal e como como fan os nosos sanitarios en cada urxencia" concluíu.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291186 {"title":"Sanidade salienta a calidade dos servizos de transporte sanitario aéreo urxente que funcionan todos os días do ano","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150831\/20240627_Xerente+Servizo+Galego+de+Saude.jpg","id":"291186"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291186-sanidade-salienta-calidade-dos-servizos-transporte-sanitario-aereo-urxente-funcionan-os-dias-do-ano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.