A Xunta organiza as xornadas sobre o control e diagnóstico da rinotraquitis infecciosa bovina por primeira vez con carácter internacional

  • Terán lugar o mércores 12 e xoves 13 de xuño no Edificio Cinc da Cidade da Cultura
  • O programa conta coa presenza de expertos a nivel autonómico, nacional e europeo

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia organiza por primeira vez unhas xornadas internacionais sobre a rinotraquitis infecciosa bovina (IBR). Terán lugar o 12 e 13 de xuño no Edificio Cinc da Cidade da Cultura e nelas analizaranse os programas de control da enfermidade no territorio europeo, o diagnóstico laboratorial da mesma e o uso das vacinas nos plans de erradicación.

 

Nas xornadas participarán  diferentes expertos da Consellería do Medio Rural, do Laboratorio de Sanidade Animal de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. A nivel nacional tamén se contará coa representación da Consejería de Desarrollo Rural, Ganadería, Pesca, Alimentación y Medio Ambiente de Cantabria e do Departament d'Acció Climática, Alimentació i Agenda Rural de Cataluña.

 

A perspectiva internacional achegarana profesionais do eido de Alemaña (Thüringer Tierseuchenkasse), Irlanda (Animal Health Ireland), Francia (Fédération Nationale des Groupements de Defense Sanitaire) e Bélxica (Université de Liège). Para finalizar o evento celebrarase unha mesa redonda na que se tratará o uso das vacinas de IBR nos plans de erradicación e na que participarán representantes de diferentes empresas farmacéuticas.

 

O programa continúa a liña da xornada técnica sobre o programa nacional de prevención, control e erradicación da IBR que se levou a cabo o pasado ano no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), adscrito á Consellería do Medio Rural. Porén, nesta ocasión, amplíase o enfoque ao panorama europeo, dotando de maior profundidade informativa o carácter das xornadas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
251503 {"title":"A Xunta organiza as xornadas sobre o control e diagnóstico da rinotraquitis infecciosa bovina por primeira vez con carácter internacional","published_date":"2024-06-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"251503"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-09/251503-xunta-organiza-as-xornadas-control-e-diagnostico-da-rinotraquitis-infecciosa-bovina-primeira-vez-caracter-internacional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.