A Xunta avanza nos trámites para a remodelación dos Cantóns por parte do Concello da Coruña

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • Remarca que a dimensión deste proxecto que impulsa a Administración local fai posible tramitar con celeridade os informes patrimoniais necesarios para iniciar a actuación
  • Fai fincapé na colaboración entre administracións, salientando o recente acordo político entre a Xunta e o Concello da Coruña para definir desde o consenso o futuro da fachada marítima
  • Detalla que a Xunta ten en marcha unha primeira actuación, consistente na execución da estrutura flotante do Parrote, cun investimento de case 3M€ e cuxo remate se prevé no 2025
  • Pon en valor a aposta da Xunta pola Coruña, con proxectos estratéxicos como o Novo CHUAC, que suporá un orzamento global de máis de 450M€; ou a construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, cun investimento de máis de 11M€

A Coruña, 11 de xuño de 2024

A Xunta avanza nos trámites para a remodelación dos Cantóns, entre a rúa Juana de Vega e  A Marina, por parte do Concello da Coruña.

Así o subliñou hoxe a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que participou na presentación deste proxecto nun acto no Concello presidido pola alcaldesa Inés Rey. Nesta rolda de prensa tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

Remarcou que a dimensión deste proxecto que impulsa a Administración local fai posible tramitar con celeridade os informes patrimoniais necesarios para iniciar a actuación nunha zona estratéxica da cidade, ao concentrar gran parte da oferta hostaleira, comercial e de servizos.

Neste sentido, fixo fincapé na relevancia da colaboración entre administracións, particularmente entre as entidades locais e a Xunta. Como exemplo, resaltou o recente acordo político entre o Goberno galego e o Concello da Coruña para definir desde o consenso o futuro da fachada marítima da cidade.

Do marco de consenso entre administracións -Xunta, Concello, Goberno, Adif, Portos do Estado e Autoridade Portuaria- naceu o protocolo 'Coruña Marítima' referendado o 22 de maio para avanzar nos usos portuarios e urbanos, abrir o porto á cidade e garantir a sustentabilidade financeira da Autoridade Portuaria da Coruña.

A conselleira detallou que a Xunta xa ten en marcha unha primeira actuación, consistente na execución da estrutura flotante do Parrote, que supón un investimento de case 3M€. Así, o proxecto foi adxudicado a mediados de xaneiro de 2024 e estará rematado no 2025.

Aposta pola Coruña

Martínez Allegue salientou a aposta pola Coruña que a Xunta está a materializar, con actuacións como o Novo CHUAC. Recordou que se están a desenvolver as obras da 1ª fase, cun investimento de máis de 35M€ e coa previsión de rematalas en 2026. De xeito conxunto, as restantes fases de execución e a mellora dos accesos, mobilizarán un orzamento de máis de 450M€ neste proxecto que reforzará o servizo de sanidade pública na área.

Tamén subliñou a construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, cun investimento de máis de 11M€. A Consellería de Vivenda vén de licitar estas obras co obxectivo de telas rematadas no ano 2026.

Trátase do terceiro grupo de vivendas de promoción pública cuxa construción se licita en Xuxán, onde a Xunta xa entregou aos adxudicatarios 40 vivendas. Ademais, están adxudicadas as obras para executar outras 40 neste barrio, que se iniciarán en canto se dispoña da licenza municipal.

Agradeceu ao Concello que vaia levar proximamente este trámite a comisión de goberno para dispoñer axiña desa licenza municipal.

Concluíu que o barrio de Xuxán está sendo urbanizado co financiamento da metade dos custes por parte da Xunta, que é propietaria do 50 % cento do solo, que se destina á construción de 1.100 vivendas protexidas.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
11/06/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
256394 {"title":"A Xunta avanza nos trámites para a remodelación dos Cantóns por parte do Concello da Coruña","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278516\/20240611_allegue_concello_009.jpg","id":"256394"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/256394-xunta-avanza-nos-tramites-remodelacion-dos-cantons-parte-do-concello-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.