A Xunta informatizará as unidades de críticos de todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde para incorporar intelixencia artificial e un sistema de alertas como apoio ás decisións sanitarias

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Contratarase este ano un software de sistema de información integral para a actividade de UCI e unidades de reanimación
  • A posta en marcha en cinco áreas sanitarias por un valor estimado de 2,4 M€ completarase entre 2025 e 2026
  • Rexistrarase a información da medicación dos pacientes ou a monitorización hemodinámica, respiratoria, neurolóxica, neuromuscular e de temperatura

A Xunta contratará este ano o sistema que permitirá informatizar todas as unidades de críticos dos hospitais do Servizo Galego de Saúde por un valor estimado de 2,4 millóns de euros.

O Consello da Xunta abordou na súa reunión de hoxe un informe sobre a tramitación do acordo marco por dous anos para a adquisición deste sistema, un proxecto cofinanciado pola Unión Europea, a través do Programa FEDER de Galicia 2021-2027.

Coa dixitalización dos datos dos pacientes en estado grave ou moi grave será posible incorporar modelos de intelixencia artificial cos que aplicar algoritmos preditivos, incorporar un sistema de xestión de alertas e eventos que permita coñecer ao instante o estado do paciente. Isto axudará á toma de decisións do persoal sanitario e a dotar as unidades da capacidade para realizar análise de datos para a elaboración de estudos e investigacións ou para o desenvolvemento de protocolos de atención.

Actualmente, os hospitais públicos das áreas sanitarias de Vigo e da Coruña e Cee contan con sistemas de informatización nas unidades de críticos e as cinco áreas restantes dispoñen de dispositivos e equipamentos de distintos fabricantes e con diferentes capacidades de envío automático de datos. Polo tanto, o proxecto do Servizo Galego de Saúde inclúe a integración destes equipamentos para a incorporación automatizada dos datos xerados.

As unidades de críticos (UCI de adultos polivalente, UCI coronaria, UCI pediátrica, UCI neonatal, unidades de anestesia e reanimación poscirúrxica ou unidades de críticos nos servizos de urxencias) requiren do rexistro e almacenamento da información volátil procedente de sistemas de monitorización e dispositivos electromédicos. En concreto, a monitorización hemodinámica (por exemplo, tensión arterial), respiratoria (aire expirado ou sistemas de ventilación mecánica), neurolóxica (datos de electroencefalograma), neuromuscular (pérdida transitoria de consciencia), de temperatura ou medicacións (recollida de datos procedentes de bombas de infusión intelixentes).

O sistema realizará unha recollida e tratamento de toda a información relativa á situación do paciente, en tempo real e de forma automatizada. Desta forma, será posible incluír estes datos na historia clínica electrónica do paciente, compartir a información con profesionais do Servizo Galego de Saúde máis aló das unidades de críticos, facilitará a organización da rotación do persoal das unidades e permitirá empregar sistemas de axuda á toma de decisións.

Unha vez se formalice o contrato este ano, o sistema de información instalarase en todos os hospitais das áreas sanitarias de Ferrol; Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; Pontevedra e O Salnés; e Santiago de Compostela e Barbanza ao longo dos anos 2025 e 2026.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/06/2024
254969 {"title":"A Xunta informatizará as unidades de críticos de todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde para incorporar intelixencia artificial e un sistema de alertas como apoio ás decisións sanitarias","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"254969"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254969-xunta-informatizara-as-unidades-criticos-os-hospitais-do-servizo-galego-saude-incorporar-intelixencia-artificial-e-sistema-alertas-como-apoio-as-decisions-sanitarias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.