O Servizo Galego de Saúde publica a relación de admitidos no proceso selectivo de estabilización para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

  • Resultaron admitidos 1.616 aspirantes para 266 prazas
  • Publícanse tamén as puntuacións provisionais do concurso de méritos
  • Ademais, o Servizo Galego de Saúde publica na súa web os destinos definitivos das categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

No día de hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se declaran con carácter definitivo as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario. Ademais, publícanse as puntuacións provisionais destes procesos selectivos convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022.

Ofértanse neste proceso selectivo de estabilización un total de 266 prazas. En concreto, 14 prazas para diversas categorías de persoal licenciado sanitario (8 de médico coordinador do 061, 1 médico de admisión e documentación clínica, 1 técnico de saúde de atención primaria, 4 farmacéutico de atención primaria), 108 para diversas categorías de persoal sanitario non facultativo (1 enfermeiro especialista en enfermería do traballo, 1 logopeda, 10 técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, 5  técnico superior en dietética, 37 técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, 3 técnico superior en radioterapia e 51 técnico en farmacia) e 144 para diversas categorías de persoal de xestión e servizos (albanel, calefactor, carpinteiro, cociñeiro, condutor, electricista, fontaneiro, lavandeiro, limpador, mecánico, pasador de ferro, peón, peiteador, pinche e pintor). 

Neste proceso de concurso de méritos resultaron admitidas, con carácter definitivo, un total de 1.616 aspirantes, dos cales 135 se corresponden a diversas categorías de persoal sanitario licenciado, 666 a diversas categorías de persoal sanitario non facultativo e 815 a persoal de xestión e servizos.

A categoría cun maior número de aspirantes admitidos é a categoría de pinche con 414 aspirantes, seguida da categoría de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico (325) e técnico superior en farmacia (185).

As listas coa relación definitiva de admitidos e excluídos e a baremación provisional coa información que permitirá verificar a correcta aplicación do criterio de desempate establecido nas bases da convocatoria dos procesos selectivos, coa finalidade de dotar de transparencia o proceso, atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde. Así mesmo, cada aspirante poderá consultar o estado da solicitude, ademais da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos/concurso de méritos.

Contra os resultados da baremación provisional, os aspirantes admitidos disporán dun prazo de reclamacións de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, é dicir, do 21 de xuño ao 4 de xullo, ambos incluídos.

As persoas aspirantes seleccionadas poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas con estes dous procesos selectivos ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación nin recurso.           

Adxudicación de destinos                                                                            

No día de hoxe tamén foi publicado na páxina web do Servizo Galego de Saúde o listado informativo da adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería, convocados polas resolucións do 26 e 28 de decembro de 2022.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278674 {"title":"O Servizo Galego de Saúde publica a relación de admitidos no proceso selectivo de estabilización para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"278674"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278674-servizo-galego-saude-publica-relacion-admitidos-proceso-selectivo-estabilizacion-ingreso-diversas-categorias-persoal-estatutario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.