O Servizo Galego de Saúde publica a convocatoria do concurso de traslados para os profesionais médicos de atención primaria

  • Os interesados poderán presentar a solicitude de participación desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia 

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a convocatoria do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario da categoría de facultativo especialista de atención primaria, na que poderán participar os profesionais que se incorporaron a esta categoría no primeiro proceso convocado no ano 2022.

A categoría estatutaria de facultativo especialista de atención primaria do Servizo Galego de Saúde foi creada pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

Así, e unha vez transcorrido o período dun ano desde a primeira toma de posesión dos facultativos/as especialistas en atención primaria, convócase o concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas desta categoría, para facer efectivo o dereito á mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo, favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, e ademais acadar un mellor desenvolvemento profesional. 

Esta convocatoria manterá a súa vixencia no tempo, cunha oferta de prazas e adxudicación de destinos que terán unha periodicidade mínima anual. 

A solicitude de participación no concurso deberá efectuarse a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos), dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e deberá presentarse por rexistro electrónico.

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de participación en calquera momento, sen suxeición a prazo, desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 

En cada ciclo anual de adxudicación, incluiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 15 de xaneiro do respectivo ano. Con carácter excepcional, e exclusivamente para o primeiro ciclo de adxudicación, admitiranse as solicitudes de participación que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 1 de xullo de 2024. 

Os méritos que se valorarán neste primeiro ciclo anual, serán os causados até o 15 de decembro do ano anterior, inclusive, que consten debidamente rexistrados en Fides/expediente-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada ata o último día do prazo de presentación de solicitudes de participación. 

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que poidan xurdir neste procedemento, habilitouse o enderezo de correo electrónico concurso.traslados@sergas.es.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276708 {"title":"O Servizo Galego de Saúde publica a convocatoria do concurso de traslados para os profesionais médicos de atención primaria","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"276708"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276708-servizo-galego-saude-publica-convocatoria-do-concurso-traslados-os-profesionais-medicos-atencion-primaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.